• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Rosalía faise co duelo galego ante o Maristas

As compostelás seguen medrando na LF2 mentres as coruñesas entran nunha espiral de derrotas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/12/2020
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Rosalía - Maristas / ULLA OIL ROSALÍA

Rosalía - Maristas / ULLA OIL ROSALÍA

92
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A recuperación da primeira xornada da Liga Feminina 2 chegaba cun duelo galego entre o Ulla Oil Rosalía e o Maristas Coruña, nun partido vital para a loita pola permanencia de ambos equipos. As compostelás xogaron en casa e gañaron por primeira vez ante a súa afección, mentres o Maristas  continúa nunha espiral de derrotas que as leva á parte baixa da táboa.

Ambos conxuntos deron mostra dun partido moi competido e igualado e seguiron coas sensacións obtidas dos encontros previos. O Rosalía está a asentarse na categoría da que é novato e comeza a afianzarse nos partidos e a plantar cara, mentres que as coruñesas non levantan cabeza e acumulan unha racha de cinco derrotas consecutivas.

O adestrador do equipo local, Chiqui Barros, comentaba no post partido como “xogamos un moi bo partido, contra un rival ao que respetamos moito e que nos custa polo seu tipo de xogo e físico. Mérito enorme do equipo”.

Pola súa banda, Blanca Manivesa, do Rosalía declaraba que “sabíamos que ía ser un partido importante, contra un equipo que ía estar aí aí con nós e empezamos moi ben. No terceiro cuarto se intentaron meter e aguantamos moi ben ata o final”.

Terceira vitoria vital para o Rosalía

O marcador amosaba nos primeiros minutos do partido a igualdade sobre a pista entre ambos conxuntos galegos. O comezo do encontro non tivo líder claro, e os dous equipos tiveron acertos en defensa e en ataque, terminando os primeiros dez minutos cun 19-19 no electrónico.

Para o segundo tempo, o Rosalía decidiu tomar as riendas do partido e crecerse xogando en casa, e deu un golpe de autoridade para facerse co ritmo do duelo. Con moito acerto fronte á canastra, a puntuación das locais non deixaba de crecer e o Maristas non era quen de parala. Para o tempo de descanso, as de Barros xa se ían de 14 no marcador.

Á volta de vestiarios, o equipo dirixido por Jorge Carreira reaccionou e subiu o nivel dos seus ataques, con bos tiros desde o campo e desde a liña de tres, reducindo a distancia no electrónico.

Chiqui Barros adestrador do Rosalía: “Soubemos saír da súa presión no momento no que elas podían estar preto polo seu traballo”

Malia levarse o terceiro cuarto, non foi suficiente para poñerse por diante, e as coruñesas aínda perdían de nove a falta de dez minutos. “Soubemos saír da súa presión no momento no que elas podían estar preto polo seu traballo”, indicou o adestrador branco.

No último parcial, as xogadoras compostelás volveron a facerse co partido, aguantando o resultado e incluso asinando máis tantos que o rival. “Un par de triples e un par de 1 contra 1 nos deron a tranquilidade de estar por diante”, explicaría despois Chiqui Barros.

Chiqui Barros: “O meu agradecemento e felicitación ás xogadoras porque creo que fixeron un partido soberbio”

O resultado final, 88-72, o Rosalía segue medrando na categoría cunha terceira vitoria que “afianza ao conxunto como un equipo competitivo desta Liga”, en palabras do técnico. “O meu agradecemento e felicitación ás xogadoras porque creo que fixeron un partido soberbio”, engadiría despois.

Pola contra, o Maristas o ten cada vez máis difícil para dar coa fórmula da vitoria e pouco a pouco estáncase na parte baixa da clasificación, onde acumula nove derrotas, cinco delas seguidas.

Duelos galegos coas grandes da Liga para rematar o 2020

Estes equipos galegos aínda teñen un reto moi grande por diante antes de que remate o 2020. Será ante dous dos mellores equipos da categoría, o BAXI Ferrol para as de Santiago e o Celta Zorka Recalvi para as da Coruña.

Ambos encontros celebraranse o sábado, 19 de decembro, o primeiro deles ás 17:00 horas e o segundo ás 20:30 horas.

FICHA TÉCNICA

88) ULLA OIL ROSALÍA: Ana de Matías (-), Carla García (20), Rivas (2), Corredoira (16) e Carro (-) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Chorén (17), Maniviesa (11), Ángela González (-), Clara Riera (5), Nerea Liste (17), Alba Rama (-) e López (-).

72) MARISTAS CORUÑA: Martínez (7), Casal (8), Cortés (6), Filgueira (8) e Cervelo (10) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Joana Pereira (10), Feijoo (9), Galán (2), Ruiz (0-) e Andrea Pérez (12).

PARCIAIS:  19-19, 27-13, 15-20 e 27-20.

ÁRBITROS: Roi Rilo e Iris Feijóo. Eliminaron a Laura Martínez e a Cervelo, do Maristas Coruña.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada (adiada) da Liga Feminina 2 disputado no Instituto Rosalía (Santiago de Compostela).

Etiquetas baloncestobasketChiqui Barrosduelo galegoLF2liga feminina 2Maristas CoruñaSantiago de CompostelaUlla Oil Rosalía
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Durán Maquinaria Ensino durante o partido co Perfumerías Avenida no Trofeo Illa Pancha / ENSINO LUGO

O Perfumerías Avenida leva o Trofeo Triangular Illa Pancha de Ribadeo ao vencer na final ao Ensino Lugo (51-73)

por Redacción As Nosas
04/09/2023
0

  O Trofeo Illa Pancha de Ribadeo era o debut en pretempada do Perfumerías Avenida e as charras iniciaron con...

O Celta Zorka Recalvi ascende á LF Endesa / FEB

Primeiro amigable para o Celta Baloncesto nunha tempada que Cristina Cantero agarda “ilusionante”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  A localidade portuguesa de Aveiro como escenario, e o Esgueira Basket como rival, agardan ao Celta Zorka Recalvi no...

Maite Méndez lidera o corpo técnico do CB Arxil / CB ARXIL

Maite Méndez, 24 tempadas co CB Arxil na LF2: “Queremos seguir dándolle estabilidade ao club”

por Redacción As Nosas
31/08/2023
0

  Maite Méndez Fernández, adestradora do CB Arxil, cumpre a súa tempada 24 de xeito consecutivo na LF2, segundo destacan...

Nerea Liste / CB ARXIL

Nerea Liste mantense no CB Arxil no curso 2023-24

por Redacción As Nosas
17/08/2023
0

  Nerea Liste é unha xogadora con experiencia que chegou ao CB Arxil procedente do Rosalía de Santiago na tempada...

Andrea Glomazic / CB ARXIL

Andrea Glomazic seguirá de verde defendendo as cores do CB Arxil

por Redacción As Nosas
15/08/2023
0

  O Club Baloncesto Arxil anunciou a renovación da escolta montenegrina Andrea Glomazic, na que será a súa segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

09/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.