• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Rosalía baixa á posición de colista tras a quinta derrota consecutiva (70-61)

As compostelás non puideron co Magec Tías, un rival directo que remontou o partido e pon ás galegas en posto de descenso

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/03/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Magec Tías vs Rosalía / CD MAGEC TÍAS FB

Magec Tías vs Rosalía / CD MAGEC TÍAS FB

89
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

En Santiago ven perigar a permanencia. O Ulla Oil Rosalía cámbialle o posto de colsita ao Magec Tías tras perder na súa visita ás canarias (70-61) no que é a súa quinta derrota consecutiva. As compostelás son o novo farolillo vermello da Liga Feminina 2.

Este era un duelo directo que pode definir o futuro dos equipos da zona baixa da clasificación. Ata esta xornada, o Magec Tías era o favorito a descender, nun pozo na LF2 foi rifado. Nas últimas xornadas as canarias comezaron a rexurdir á vez que as novatas da categoría, o Rosalía, estancábase nun mal momento deportivo que as castiga ocupando agora a última posición.

O Rosalía comezou sendo superior

Na primeira metade todo parecía indicar que as compostelás serían as vencedoras dos dous puntos da vitoria.

O equipo de Chiqui Barros comezou cun parcial 0-5 que foi unha declaración de intencións. O Rosalía viaxara ata as Canarias para gañar e non ía renderse facilmente. Nuria Chorén, cun tiro de dous, e Sara Corredoira, cun triplo, abrían a lata para as visitantes.

Pero o Magec tamén tiña ganas de pelexar, e respondeu fortemente desde o rebote ofensivo. Porén, o seu escaso acerto baixo canastra permitiu que as galegas aumentaran a súa renda no marcador, situándose por diante cun colchón de varios puntos. O primeiro tempo rematou cun triplo de Ángela González sobre a bocina, poñendo o 9-17.

O segundo cuarto serviu para aumentar esa distancia, cun gran control do rebote na canastra do Rosalía e aproveitando cada ocasión. Así a diferenza crecía ata os 21 puntos de distancia, cando faltaban seis minutos para o descanso.

De novo, Corredoira, Chorén e González mantiveron por todo o alto ás brancas, que vían a vitoria máis preto, malia un parcial 6-0 que achegaba ás canarias (31-45).

O Magec remontou un partido importantísimo na segunda metade

Co comezo da segunda metade o partido deu un xiro de guion. O Magec saiu reforzado de vestiarios e achegábase perigosamente, xogando contra un Rosalía que se acomodaba na súa vantaxe. Cun parcial 8-0 as locais vislumbraban a remontada.

Cun triplo da man de Sara Duarte, as locais víronse arriba e presionaban ás brancas poñéndoas contra as cordas. Ante este panorama, Chiqui Barros solicitaba parar o cronómetro para facer reaccionar ás súas. Unha canastra de Leticia Soares no minuto 28 foi o último tanto das compostelás neste tempo, mentres que as rivais asinaban un parcial 13-0 que as deixaba a un triplo de distancia.

O último cuarto comezaba co resultado completamente aberto para a vitoria de calquera dos dous equipos. No local, a galega Regina Gómez tomaba a iniciativa, mentres que o seu equipo defendía con intensidade. A tensión que se vivía na pista de Tías facía que o técnico visitante fora amonestado por protestar os contactos.

As canarias ían xa por diante, pero calquera esperanza do trunfo branco desapareceu cun parcial demoledor. O Magec asinaba un 23-0, atascando por completo a un Rosalía que se quedaba sen resposta.

A primeira canastra das visitantes neste cuarto tan relevante chegaba a dous minutos do final, cando o luminoso informaba do 64-57. O conxunto de Barros seguiu loitando sen acerto, deixando finalmente cun 70-61 os dous puntos en Lanzarote e volvendo a Galicia como colistas.

O futuro pinta complicado para as galegas, que nas próximas xornadas xogan contra a ADBA, empatadas a puntos, Ardoi, segundo clasificado, e BAXI Ferrol, o líder indiscutible.

FICHA TÉCNICA

70) MAGEC TÍAS CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO: Regina Gómez (18), Giardina (16), Mateo (10), Haidara (10) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Duarte (3), Drake (-), García (-) e Milandu (-).

61) ULLA OIL ROSALÍA: Corredoira (20), Chorén (10), Ángela González (11), Carla García (2), Leticia (10) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: De Matías (-), Riera (-), Liste (-) e Manivesa (8).

PARCIAIS: 9-17, 22-28, 21-12 e 18-4.

ÁRBITROS: Marcos Silva e Javier Beneitez. Eliminadas, con cinco faltas personais, a local Carolina Mateo e a visitante Nuria Chorén.

INCIDENCIAS: Partido da 23ª xornada da Liga Feminina 2 disputado na pista de Tías. Sen público.

Etiquetas baloncestobasketChiqui BarrosLF2liga femenina 2liga feminina 2Magec TíasRosalíaRosalía FedesaUlla Oil Rosalía
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

canasta baloncesto

A FEGABA reactiva “Se protestas, non encestas”

por Redacción As Nosas
16/01/2026
0

"Se protestas, non encestas" é un proxecto pioneiro, que avaliou máis de 5.000 partidos na súa primeira edición, arrincará esta...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.