• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Rosalía cae nos minutos finais ante o Adareva (59-62)

Chiqui Barros: "Adareva é xusto vencedor" | As galegas mantiveron o pulso ás canarias, pero os erros foron moito castigo para o equipo local

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/02/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Rosalía - Adareva / ROSALÍA FEDESA

Rosalía - Adareva / ROSALÍA FEDESA

94
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Coa Liga Feminina 2 xa na súa fase final, ao Ulla Oil Rosalía acábaselle o tempo para afianzar a permanencia. O equipo que adestra Chiqui Barros sabe que cunha vitoria moito do camiño xa estaría percorrido, pero este trunfo aínd está por chegar. O partido do sábado contra o Vega Lagunera Adareva Tenerife terminou en derrota por un un tanteo final de 59-62.

O novato equipo compostelán viuse con opcións de gañar, pero os erros debidos á súa falta de experiencia fixeron do Vega Lagunera Adareva Tenerife un “xusto vencedor”, en palabras do propio adestrador das de Santiago, Chiqui Barros.

Para un partido “igualado, pero sempre controlado por Vega Lagunera Adareva Tenerife“, en contra de todo pronóstico, Barros puido contar con Leticia Soares, que foi dúbida ata o último minuto.

O Ulla Oil Rosalía tivo na man a vitoria

Malia as evidentes diferenzas físicas entre canarias e galegas, as segundas poden presumir de ter mantido o pulso ao actual sétimo clasificado da Liga Feminina 2.

Nos primeiros compases do partido a batuta cambiaba de bando, marcando un ritmo moi igualado entre locais e visitantes. A igualdade reinaba no marcador e na pista, deixando o empate á fin do primeiro cuarto (19-19).

Para o segundo parcial, a temida Dembele fixo gala do seu talento na pista do Rosalía e poñía por diante ao seu equipo. Os puntos das canarias, sumados dun en un desde a liña do tiro libre na súa maioría, tiñan contestación nos triples de Carla García e Nuria Chorén, o que mantiña a igualdade no luminoso, pero con lixeira vantaxe para as visitantes (31-37).

No terceiro tempo, o Vega Lagunera Adareva Tenerife seguía ampliando a súa renda a costa do Rosalía, aproveitando os erros propios da súa falta de experiencia.

Xa o advertía Chiqui Barros na previa: o rebote sería un factor importante neste partido. E así foi. As visitantes controlaban os rebotes sen problemas, o que lles permitía sumar puntos con máis facilidade. Desta forma remataba o teceiro cuarto, coas canarias gañando por unha vantaxe de nove puntos sobre as galegas.

Pero o Ulla Oil Rosalía non ía renderse tan facilmente. Un triple de Chorén ao inicio do último cuarto deixaba claras as intencións de remontada por parte das compostelás.

Porén, o progreso galego viuse freado por Dembelé, que mantiña ao Vega Lagunera Adareva Tenerife por diante liderando o xogo ofensivo canario e bloqueando ás brancas. Catro minutos sen anotar por parte do equipo local permitiulle ás canarias ampliar a súa vantaxe, situando o electrónico nun 48-60 a falta de seis minutos.

O Ulla Oil Rosalía aínda tiña moito que dicir, e guiadas por Blanca Manivesa as galegas asinaron un contundente parcial 11-0 que poñía contra as cordas ás rivais. Xogando sen pívots, o conxunto adestrado por Barros case foi capaz de darlle a volta ao marcador.

Con todo, as galegas tiveron que contentarse con rozar a vitoria e ser protagonistas dun gran partido, no que os dous puntos da vitoria viaxaron a Canarias da man do Adareva.

As claves da derrota segundo Barros

Os cinco puntos que separan a Ulla Oil Rosalía e Adareva na clasificación da LF2 non son mostra do que se viu sobre a pista. Ambos equipos ofreceron un duelo igualado, no que as canarias demostraron o seu maior coñecemento da categoría, o que lles serviu para facerse co trunfo.

Chiqui Barros: “Hai rebotes que nos gañan por físico pero outros que nos gañan por falta de concentración”

Unha das explicacións que se esconden tras esta derrota para as brancas está no “dominio do rebote do rival, cousa que sabiamos e que é imperdoable pola nosa parte. Hai rebotes que nos gañan por físico pero outros que nos gañan por falta de concentración e non pechar facendo o que temos que facer”, analiza Chiqui Barros.

O ritmo de xogo “estático e parado” desfavoreceu ás galegas, que non foron capaces de facer circular o balón de maneira fluída e non soubo “ocupar ben os espazos”, nin xogar ben “sen balón”.

A xogadora Clara Riera coincide co análise do seu adestrador, apuntando que as contrincantes “castigaron os nosos erros defensivos”.

Aspecto a mellorar: evitar os tiros ao poste

Un dos principais fallos que se puido ver no conxunto galego foron os tiros ao poste. “Xa tiramos ao poste en Pontevedra contra o Arxil, en Avilés contra ADBA e temos que ser máis duras nestas situacións para ser capaces de gañar máis do que perdemos. Pero é a peaxe que hai que pagar cun equipo xove e inexperto como o noso”, sinala Barros.

Chiqui Barros: “Temos que ser máis duras nestas situacións para ser capaces de gañar máis do que perdemos”

Para correxir este erros recurrente, o Ulla Oil Rosalía ten que seguir adestrando ben para mostrar sobre a pista o seu nivel. “Non queda outra que felicitar ao Adareva porque gañou con xustiza”, concluía o adestrador. Porén, tamén quixo matizar que “o resltado di que tivemos opcións, o que tamén é certo, pero o Adareva foi o equipo que máis méritos fixo para levarse o partido”.

Coa vista posta nos seguintes retos

Malia ter xogado contra as canarias un partido importante para salvar a categoría, as brancas teñen xa a vista posta no seguinte encontro. “Era un partido moi importante pero a Liga segue e quedan moitos máis. Isto segue formando parte do proceso de aprendizaxe”, apunta Chiqui Barros.

O seguinte duelo será contra o 21 de febreiro, ás 11:00 horas, contra o Azkoitia Azpeitia.

FICHA TÉCNICA

59) ULLA OIL ROSALÍA: Sara Corredoira (12), Sarai Carro (6), Nuria Chorén (9), Carla García (7) e Leticia Soares (8) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Ana de Matías (0), Paula Rivas (0), Ángela González (0), María López (0), Clara Riera (2), Nerea Liste (4) e Blanca Manivesa (11).

62) VEGA LAGUNERA ADAREVA TENERIFE: Dembele (26), Basaez (7), Ibañez (6), Luque (8) e Negrín (10) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Villa (0), Luque (0), Reynes (0), Exposito (0) e Ilunga (5).

PARCIAIS: 19-19, 12-18, 12-15 e 16-10.

ÁRBITROS: Iván Escariz e Omar González. Eliminadas no Ulla Oil Sara Corredoira e Blanca Manivesa.

INCIDENCIAS: Partido da 20ª xornada da Liga Feminina 2 disputado no pavillón do IES Rosalía de Castro a porta pechada por mor das restricións vixentes dictaminadas pola Xunta de Galicia para evitar a transmisión da COVID-19 na comunidade.

Etiquetas baloncestobasketChiqui BarrosClara RieraLF2liga femenina 2liga feminina 2RosalíaSantiago de CompostelaUlla Oil RosalíaVega Lagunera Adareva Tenerife
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.