• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Rosalía atopa a vitoria a costa da AD Cortegada (67-63)

Este duelo entre dous galegos que se xogan a permanencia estivo igualado ata o final, caendo finalmente do lado local

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/02/2021
en Liga Feminina 2 Basket
Ulla Oil Rosalía / ROSALÍA FEDESA

Ulla Oil Rosalía / ROSALÍA FEDESA

150
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A tempada na Liga Feminina 2 avanza e a loita pola permanencia na parte inferior da táboa está moi competida. Oito puntos separan a colista e sétimo clasificado, e dentro desa franxa están dous equipos galegos que xogaron entre si a pasada fin de semana: o Ulla Oil Rosalía e a AD Cortegada. Un duelo galego que rematou en vitoria local, tivo que ser afianzado nos segundos finais (67-63).

Un partido que deu mostra do igualado da competición e no que os corenta minutos non bastaron para decidir a un gañador. Finalmente, os dous puntos do trunfo quedaron en Santiago de Compostela, sacando brevemente ao Rosalía do pozo, onde o Cortegada ocupa a penúltima posición.

Na previa, o adestrador local Chiqui Barros sinalaba que, de gañar, o seu equipo daría un paso importantísimo cara o obxectivo e suporía “case” a salvación da categoría. Non se equivocaba. Tras vecer a un rival directo como é o Cortegada, as brancas ocupan a décima posición, empatadas a puntos coa ADBA e o Maristas Coruña e a catro do oitavo, o Vega Lagunera Adareva Tenerife.

Pola contra, as de Vilagarcía quedan enterradas sendo segundas pola cola, a un punto do colista, e coa peor racha de derrotas consecutivas na LF2. Ademais, as pupilas de Nogueira son o segundo equipo con máis puntos en contra, só por detrás do Maristas.

O cambio de pista non afectou ao Rosalía

O duelo celebrouse en terras compostelás, pero non na habitual pista do Instituto Rosalía. O feudo das brancas ten o parqué en mal estado, obrigando ás xogadoras a disputar o partido no Municipal de Fontiñas, sen que isto afectase ao seu xogo.

As de Chiqui Barros deron mostra da súa calidade, que compensa con creces a súa inexperiencia na categoría de prata. As baloncestistas estiveron pelexando duramente o partido ante un Cortegada que creaba oportunidades constantes.

O talento individual das visitantes, materializado en baloncestistas como Patricia Vicente (MVP do partido con 16 puntos valorativos), viuse compensado no bando rival por unha forte defensa.

As brancas saíron confiadas ao terreo de xogo, controlando ás contrincantes e o tempo do partido, con efectividade tamén no ataque. A vantaxe de sete puntos lograda ao término do primeiro cuarto remataría por ser vital para o desenlace do encontro.

No segundo cuarto, as visitantes deixaron claro que non morirían sen pelexar, e as tornas cambiaron, coas de Vilagarcía controlando desta vez o ritmo do xogo.

O Cortegada non perdoaba desde o tiro libre, e recortaba distancias coas locais. Así chegou o descanso, no que o Rosalía mantiña a superioridade, pero agora xa pola mínima (35-33).

O partido estivo igualado ata os instantes finais

Tras o paso por vestiarios, ambos equipos saíron descansados e refrescados á pista, dispostos a manter o pulso. As de Vilagarcía seguían apretando, pero o maior acerto desde a liña de tres facía que as compostelás aumetasen lixeiramente a distancia no electrónico.

Só quedaban dez minutos para o final, cando as de Nogueira apretaron o acelerador e convertíronse nunha muralla en defensa, deixando o resultado aínda aberto. As canastras entraban por igual aos dous lados da pista e o partido tivo que decidirse nos segundos finais.

Nos últimos 40 segundos dous tiros libres de Sara Corredoira, unha canastra de Riera e o acerto desde a liña de tiro libre de Blanca Manivesa sentenciaron o encontro. O Cortegada a tivo ata o final, pero a efectividade das brancas foi superior, deixando os dous puntos en casa.

Así o Rosalía asinou a súa quinta vitoria ante o equipo que lle deu a primeira no partido de ida, e suma dous puntos importantísimos. Para a próxima fin de semana, as compostelás visitarán ao Miralvalle.

Pola súa parte, o Cortegada non pode dar por perdida a tempada. Este sábado teñen unha nova oportunidade de puntuar ante un rival directo, recibindo en casa ao CB Arxil.

Enhorabuena chicas!!!#LlegóLaQuinta pic.twitter.com/KFgLjVLvjO

— Rosalia FEDESA (@RosaliaFEDESA) January 30, 2021

FICHA TÉCNICA

67) ULLA OIL ROSALÍA: García (10), Chorén (5), Corredoira (10), González (13) e Soares (18) -quinteto inicial-. Tamén xogaron: De Matías (-), Carro (-), Riera (4), Liste (2) e Manivesa (5).

63) AD CORTEGADA: Vicente (19), Sara Gómez (18), Lorena, Loureiro (9) e Sedlakova (9) -quinteto inicial-. Tamén xogaron: Presas (-), Miriam (2) e Wanyama (6).

PARCIAIS:  22-15, 13-18, 17-15 e 15-15.

ÁRBITROS: Peleteiro e Martínez. Sinalaron 22 faltas ao Rosalía e 15 ao Cortegada. Tamén recibiron técnicas Javier Nogueira e Sara Gómez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 18ª xornada da Liga Feminina 2 disputado no Municipal de Fontiñas de Santiago de Compostela.

Etiquetas ad cortegadabaloncestobasketChiqui BarroscortegadaJavier NogueiraLF2liga femenina 2liga feminina 2RosalíaSantiago de CompostelaUlla Oil Rosalía
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.