- Xa está aquí o 2 de outubro e con esa data volve á cidade herculina a Maratón Atlántica Coruña42. A carreira alcanza a súa novena edición, conta cun circuíto novo e un atractivo final na Praza de María Pita. Para as corredoras que non se atrevan aínda cos 42.195 metros da maratón, hai unha 10k e para os máis cativos, e hoxe sábado celebrouse a Mini42.
- Sumémoslle a todo iso actividades paralelas á carreira como Exporunning ou a animación musical coa que vai contar a cita de 2022. Non olvidemos que, para poder levar a cabo esta proba, hai afectación no tráfico da Coruña. Informámoste dos cortes.
A Maratón Atlántica Coruña42 conta cun recorrido de 42.195 metros que percorren as rúas herculinas, onde, ademais, celebrarase, en paralelo, unha 10K e unha Mini42 para a cativada.
Hoxe sábado xa houbo un par de petisco deportivos coa celebración do Breakfast Run solidario no Parrote e a Mini42. A carreira solidaria, a favor de @Adaceco, artellouse con tres ritmos. Un trote lixeiro que tiña á atleta galega Julia Vaquero como guía. Outro máis suave que lideraba o atleta olímpico coruñés Andrés Díaz e un terceiro que foi en modo andaina.
🙌 Comeza o Breakfast Run Solidario no Parrote!
🏃♂️ As persoas participantes percorrerán o Paseo Marítimo cara á Torre de Hércules ata cruzar a meta de novo no Parrote. pic.twitter.com/MXjkwdfksK
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) October 1, 2022
A cativada xa tivo o seu momento na Mini42, a MiniAtlántica.
Quenda dos máis #peques da #MiniAtlántica! 💪 pic.twitter.com/a025FrNJAG
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) October 1, 2022
Coñece ao detalle o circuíto da Coruña42
O circuíto da Maratón Atlántica Coruña42 partirá da Avenida de Montouto e presenta tres tramos diferenciados. No primeiro, unha volta de 14.695 metros na que os/as atletas pasarán pola Mariña, os Cantóns, a Praza de Ourense, dirixiranse cara á Praza da Palloza, enfilarán a Avenida do Exército, pisarán rúas como Ramón e Cajal, Pérez Ardá ou Salvador de Madariaga, onde efectuarán un xiro de 180 graos, chegarán á zona portuaria e regresarán cara ao punto de saída.
Alí comezará o segundo tramo da Coruña42 , que repite o primeiro e engade case 3 quilómetros por Salgado Torres, ata a rotonda de Lonzas. Nese punto virarase para tomar de novo dirección cara ao Porto e regresar á Avenida de Montouto.
Restan desde aquí os dez quilómetros finais cun percorrido pola zona de praias tras atravesar Juana de Vega, San Andrés e Rúa Alta. Os/as deportistas correrán primeiro cara á rúa Manuel Murguía e, posteriormente, en sentido á Torre de Hércules antes de afrontar os últimos metros polas rúas Sol, San Andrés e Rúa Nova, acceder á Rúa Real, Rega de Auga e, finalmente, a Praza de María Pita, onde estará a liña de meta. Recupérase unha chegada que só levou a cabo na edición de 2015.
As cinco cores que che dirán desde onde saes na Coruña42
En función das marcas previas, as persoas que participarán en Coruña42, e a proba paralela de 10 quilómetros, serán distribuídas nos caixóns vermello, azul, amarelo, verde e laranxa.
Garantir unha saída limpa e evitar embotellamentos é un dos obxectivos de Coruña42 para que a competición poida celebrarse nas mellores condicións posibles. Por iso, atendendo ás súas marcas previas, as persoas participantes serán distribuídas en cinco caixóns que se corresponderán coa tonalidade dos seus dorsais, tanto para a maratón como para a proba paralela de 10 quilómetros.
Na proba longa, no primeiro caixón, o vermello, estarán quen conte cunha marca inferior ás 2 horas e 40 minutos.Desde o azul, partirán atletas con tempos de referencia por baixo das 3 horas; no amarelo estarán quen conte cun crono de entre 3 horas e 3 horas e media; ao verde iranse deportistas cunha marca que non alcance as 4 horas e, ao laranxa, persoas corredoras cuxos rexistros estean por encima dese tempo.
No caso da carreira de 10 quilómetros, desde o primeiro caixón, vermello, sairán os atletas que teñan menos de 37 minutos de referencia e as primeiras 25 mulleres. No azul situaranse quen batese os 43 minutos; no amarelo, aquelas persoas que teñan menos de 50 minutos como marca; desde o verde partirán as que estean por baixo da hora e, no laranxa, o resto.
As persoas participantes deben situarse nos caixóns que lles corresponde tanto para a Maratón Atlántica como a 10K.
Cinco DJ e tres grupos musicais levarán o ritmo de Coruña42
A Maratón Atlántica contará con animación musical e tamén actividades paralelas ao seu paso por Casa da Auga. O ritmo é clave nunha proba como Coruña42. As persoas participantes na Maratón Atlántica tentarano levar no asfalto, pero tamén haberá ritmo na contorna ca carreira. Será o que van pór cinco DJ e tres grupos musicais residentes nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña.
🎶 Na #IXMaratónAtlántica non pode faltar a música, así que presta atención e deixate levar polo ritmo dos sons!
🗓 Domingo, 2 de outubro
📌 Zona de Riazor – diante da Casa da Auga pic.twitter.com/TYo1eNkpee— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 30, 2022
No percorrido estarán tamén cinco DJ da empresa Mais Music, que se situarán noutras tantas localizacións: ao comezo e o final da recta de Oza, no interior do Porto, á altura da Praza de Ourense, na Torre de Hércules e na Coraza do Orzán. Ademais, Termaria animará a carreira ao seu paso por Casa da Auga con actividades dirixidas.
🎊 Para poder rematar unha maratón o ritmo é fundamental!
🎺 Achégate este domingo ata a zona da Recta de Oza, Praza de Ourense,Torre de Hércules e a Coraza de Orzán e descubre aos DJS que marcarán o ritmo da diversión! pic.twitter.com/E9CtnI19t7
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 30, 2022
Un cóctel perfecto para a volta da Maratón Atlántica o vindeiro domingo, 2 de outubro, despois de tres anos de ausencia pola pandemia.
Coruña42, un maratón de servizos asociados á carreira
A Maratón Atlántica contará con aseos, servizo de ducha, avituallamento, recollida de residuos, médicos e fisioterapeutas, entre outros. Coruña42 chega así con toda unha maratón de servizos asociada á carreira.
Para participar na proba, as persoas participantes necesitan o dorsal que poderán recoller en Palexco, durante a celebración da Exporunning, feira do corredor, o venres, 30 de setembro, de 17.00 a 21.30 horas e o sábado, 1 de outubro, de 10.00 a 20.00 horas. Tamén, de maneira extraordinaria, o día da carreira, entre as 07.00 e as 07.30 na zona que se habilitará con ese fin na praza de María Pita. Xunto co dorsal, recibirás a camiseta desta edición.
Hoxe, as persoas participantes na #IXMaratónAtlántica puideron recoller os seus dorsais e gozar dos postos dos patrocinadores do evento.
🎥 Bótalle unha ollada ao video desta primeira xornada! pic.twitter.com/7wgeFAwk5l
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) September 30, 2022
As persoas corredoras terán á súa disposición aseos portátiles na zona de saída, en meta e nos puntos de avituallamento, que estarán situados cada cinco quilómetros (aproximadamente) e contarán con postos de recollida selectiva de residuos, que son de uso obrigatorio (non usalos poderá supoñer a descualificación).
O avituallamento líquido, nos quilómetros acabados en 5, consistirá en auga e bebidas isotónicas; nos quilómetros acabados en 0, haberá tamén avituallamento sólido, con laranxas e plátanos.
Tamén haberá duchas, no acuartelamento de Atocha, e servizo de gardarroupa, nos soportais de María Pita .
A proba contará cos servizos médicos recomendados pola Real Federación Española de Atletismo. Na zona de meta, na praza de María Pita, estarán localizados os servizos de podoloxía e fisioterapia.
Habilitaranse servizos complementarios como a descarga en liña dun diploma de participación e a medalla de finisher, que poderá gravarse na súa parte posterior co tempo que acadase cada deportista. Ademais, rexistrarase en vídeo a chegada a meta.
Cortes de tráfico por mor da carreira
Con motivo da celebración da Coruña42, desde as 06.30 cortarase o Cantón Grande en sentido saída da cidade da Coruña, A partir das 08.00 e ata as 13.30 h cortaranse ambos os dous sentidos. E o circuíto de carreira pecharase ás 07.30.
- AC-12 Avda. da Pasaxe, sentido entrada cidade desvíase o tráfico cara ao enlace de Casabranca/Casabranca.
- AC-11 Avda. Alfonso Molina, sentido entrada cidade estréitase a calzada quedando en servizo o carril dereito conectando coa avda. do Porto.
- AC-14 Terceira Rolda, sentido entrada cidade desvíase o tráfico cara á glorieta de Lonzas, quedando cortado o viaduto de conexión con Salgado Torres.
🚫 Lembrámosvos que con motivo da celebración do #IXMaratónAtlántica, mañá, 2 de outubro, realizaranse varios cortes de tráfico en diferentes puntos da cidade.
🚗 Recomendamos evitar o uso do vehículo particular desde as 7:30h ata as 13:30h.
👉 https://t.co/AjtYAR52mS pic.twitter.com/8LxuuKUgOa
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) October 1, 2022
De 07.30 a 12.30 h. Corte total da avda. da Mariña – Cantón Grande- Cantón Pequeno – Sánchez Bregua – Linares Rivas – Primo de Rivera – estrada acceso ao Porto/Oza – vías interiores de Autoridade Portuaria – Avenida do Exército – rúa Posse – Alcalde Marchesi – Ramón y Cajal – Alcalde Pérez Ardá – Salvador de Madariaga – Enrique Salgado Torres (ata a glorieta de Lonzas), montándose os seguintes dispositivos de tráfico:
- Mantense un carril de saída cidade desde Juana de Vega ata Alfonso Molina.
- Mantense un carril de saída desde A Palloza ata Ramón y Cajal.
- O acceso cara á zona portuaria realízase a través do enlace de Casabranca/Casabranca – glorieta de Oza.
- En Ramón y Cajal o tráfico desvíase cara á avda. de Oza.
- En Fernández Latorre xerarase unha pequena rotonda para o cambio de sentido á altura de Benito Blanco Rajoy.
- Cruzamento da rolda de Outeiro con Pérez Ardá:
No sentido Estación de tren xerarase unha pequena rotonda para o cambio de sentido á altura de Roberto Tojeiro Díaz.
No sentido Gaiteira, o tráfico desvíase cara á avda. Alcalde Pérez Ardá – Cabaleiros.
- Na rúa Cabaleiros instalarase unha pequena glorieta para o cambio de sentido no acceso ao aparcadoiro da Xunta.
- Na avda. de Monelos instalarase unha pequena glorieta para o cambio de sentido á altura de Juan Neira.
- En José Miñones Bernárdez crearase o cambio de sentido ocupando parcialmente a glorieta do mercado de Elviña.
- En Salvador de Madariaga mantense a conexión coa rolda Camilo José Cela á altura do Club financeiro.
- Córtase a conexión de Xeneral Rubín con Enrique Salgado Torres.
- A carreira ocupa o carril exterior da glorieta de Lonzas, no lado de Salgado Torres, quedando o resto dos carrís abertos ao tráfico.
De 8.05 a 8.30 h. Corte Total de Juana de Vega, despois ata as 12.15 h. só se cortará o sentido cara a San Andrés, manténdose o tráfico sentido saída cidade praza Pontevedra – Sánchez Bregua.
De 7.45 a 13/13.30 h. Corte Total de San Andrés – rúa Alta – Paseo Marítimo ambos os sentidos desde As Escravas ata a Torre de Hércules – Manuel Murguía ata Pedro Ferrer – Sol – San Andrés – rúa Nova- rúa Real – Rego de Auga – praza de María Pita, (as rúas iranse abrindo a medida que pase a cola de carreira)
- Córtase o acceso á rúa Orzán desviándose o tráfico por Zalaeta e por Panadeiras.
- Córtase o acceso á Rampla do Matadoiro, desviándose o tráfico por Adelaida Muro – Cantábrico.
- Córtase o acceso a Santa Teresa desde Ángel Rebollo.
- Córtase o acceso desde Estrada de Circunvalación desviándose pola rúa Lagoas.
- Montarase unha pequena glorieta para o cambio de sentido nas proximidades do Paseo Marítimo en:
Rúa Hospital
Curros Enríquez
- Mantense parcialmente operativa a glorieta da Torre de Hércules permitíndose a entrada e saída ao aparcadoiro, dando tráfico alternativo na propia glorieta.
- Mantéñense abertos ao tráfico os dous carrís desde avda. A Habana – praza Portugal – avda. Buenos Aires – Rubine, neste sentido.
- Manuel Murguía córtase co paseo de Rolda, permitíndose só o acceso a Pedro Ferrer para residentes e acceso a garaxes.
- En Almirante Lángara desvíase o tráfico por María Luisa Durán Marquina.
- En San Roque de Fóra o tráfico desvíase polo paseo de Rolda / Naútica.
Afectación ao transporte público de autobús urbano e interurbano pola Coruña42
De 7.30 a 13.30 h. a celebración da Coruña42 afecta considerablemente a todas as liñas de buses urbanos lembrando que a única conexión con Cidade Vella – Montealto, débese facer por Alfonso Molina – Linares Rivas – Avenida do Porto – Túnel da Mariña. Mantense a conexión de Catro Camiños co Miradoiro dos Castros pola Avenida de Oza.
No caso dos buses interurbanos, de 7.30 a 13.15 h co gallo da Coruña42 suprímense as paradas de Catro Camiños – praza de Ourense – Entrexardíns. E de 7.30 a 11.30 h, modifícase o acceso á estación de autobuses para todas as liñas ao cortarse Enrique Salgado Torres, Fernández Latorre, Ramón y Cajal, co cal os itinerarios serían:
- De entrada: Alfonso Molina – rolda de Outeiro – Alcalde Pérez Ardá / polo carril esquerdo da calzada sentido Elviña.
- De Saída: Alcalde Pérez Ardá – rolda de Outeiro sentido estación de tren.
- Para garantir o cruzamento dos buses urbanos neste tramo haberá presenza policial para xestionar a prioridade de paso.
Polo que atinxe ás paradas de taxis, co gallo da Coruña42 suprímense todas as paradas de taxis situadas no percorrido aclarando que se mantén a do paseo da Dársena – Porta Real.
ACLARACIÓNS:
- Para entrar e saír á zona de Cidade Vella – Monte Alto débese facer pola Avda. Alfonso Molina – Linares Rivas – avda. do Porto – túnel Mariña .
- En todo momento queda operativa a avda. de Oza como conexión de catro Camiños co Miradoiro dos Castros, en ambos os sentidos.
- O acceso á Casa do Mar realizarase desde a praza de Catro Camiños – praza da Palloza e a saída por Ramón y Cajal – avda. de Oza.
RECOMENDACIÓNS:
Evitar, na medida do posible, o uso do vehículo particular entre as 07.30 e as 13.00 horas. En caso de necesidade, poderán utilizar os seguintes itinerarios e seguindo as indicacións dos axentes e persoal de organización.
ACCESO CIDADE VELLA E MONTE ALTO:
Alfonso Molina, Linares Rivas, av. do Porto/do Porto, túnel de María Pita, prza. das Atochas, Orillamar.
SAÍDA CIDADE VELLA E MONTE ALTO:
Por rúa da Torre, praza de España, túnel de María Pita, avda. do Porto, Linares Rivas cara a Alfonso Molina polo carril habilitado.
ACCESO A ENSANCHE E PESCARÍA:
Avda. Alfonso Molina, Castiñeiras e Federico Tapia. – Desde Monelos, por rúa Cabaleiros, Marqués de Amboage. Enrique Hervada. Castiñeiras. Federico Tapia. Por avda. de Fisterra e Juan Flórez.
SAÍDA DO ENSANCHE:
Estará habilitado o carril dereito desde a praza de Ourense ata a av. de Alfonso Molina, por pza. de Pontevedra e Juan Flórez.
SAÍDA DE PESCARÍA:
A través de Juan Flórez, dirección avda. Alfonso Molina ou ben a través da avda. Arteixo.
Os usuarios e residentes zona San Andrés, Orzán, deberán acceder á rúa do Orzán e a través do itinerario habilitado.