• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Porriño quere ser líder a costa do Bera Bera

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, terceiro, recibe ao Super Amara Bera Bera, segundo clasificado, pero ambos os dous equipos están empatados a 14 puntos na Liga Guerreras Iberdrola, por diante está con 16 o Rocasa Gran Canaria

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/12/2022
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Bera Bera vs BM Porriño / SUPER AMARA BERA BERA

Bera Bera vs BM Porriño / SUPER AMARA BERA BERA

154
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Hoxe mércores 21 de decembro, ás 20:30 no Pavillón Municipal do Porriño, enfrontaranse o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño e o Super Amara Bera Bera. O encontro corresponde coa novena xornada da Liga Guerreras Iberdrola e enfronta a dous dos equipos da zona alta da táboa na categoría. O encontro vaise transmitir pola canle de YouTube do Porriño.

O Super Amara Bera Bera vén de gañar a Supercopa de España diante do Costa del Sol Málaga pola mínima (25-26) este domingo, 18 de decembro. En canto ao papel que están a desempeñar na liga Guerreras Iberdrola, o último encontro foi contra o Mecalia Atlético Guardés o día 16 e onde as donostiarras se impuxeron por un resultado de 27-23. Atópanse segundas na clasificación cun total de 14 puntos. O líder é o Rocasa Gran Canaria.

Coa mesma puntuación ca o Bera Bera, pero cun partido máis está o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño no terceiro posto. O seu último encontro foi contra o Sporting Grafometal La Rioja no partido adiantado da xornada 10 e onde as porriñesas sufriron, pero terminaron sumando dous novos puntos (26-21).

De gañar ao Super Amara Bera Bera o conxunto galego podería alcanzar ao Rocasa Gran Canaria no liderato.

Ao ser o último partido do 2022 para as do Porriño e dadas as condicións nas que se atopa o equipo galego en Liga, o primeiro adestrador do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño, Ismael Martínez destacaba “é un partido para gozalo e gozar o momento no que estamos. Ademais, a clasificación di que o que gañe ponse por encima, pois ao final tamén para competilo” e engadía a ilusión que xera “non podiamos imaxinar unha situación como esta ao principio de Liga, por iso esperamos poder sacar os dous puntos en casa para pechar un ano que está a ser fantástico”.

Ismael Martínez, adestrador do BM Porriño: “Non podiamos imaxinar unha situación como esta ao principio de Liga, por iso esperamos poder sacar os dous puntos en casa para pechar un ano que está a ser fantástico”

Con todo, a vitoria non garante ás do Porriño rematar o ano líderes. O vindeiro mércores, día 28 de decembro, o cruce será xustamente entre o Super Amara Bera Bera  e o Rocasa Gran Canaria. 

Ismael Martínez, técnico do Porriño: “Tivemos máis tempo para preparar o partido”

Ao analizar o encontro do mércores, Ismael Martínez admitía que si se atopaban cunha pequena vantaxe con respecto ao seu rival, “tivemos máis tempo a preparar o partido”. Con todo, é consciente a calidade das vascas “son unha das mellores de División de Honra. Leva moitos anos facendo as cousas moi ben”.

Ismael Martínez, adestrador do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, é consciente da entidade do rival: “son unha das mellores de División de Honra. Leva moitos anos facendo as cousas moi ben”

En canto ao aspecto máis técnico, resaltaba: “teñen unha defensa moi sólida e forte en zona central, tamén poden defender aberto e lévano feito contra varios rivais”. Considera que as claves que lle poden axudar a levar o partido son ”temos que tentar minimizar os erros e estar moi xuntas en defensa para non permitir o seu xogo”.

O adestrador das galegas, Ismael Martínez, di do Super Amara Bera Bera: “Teñen unha defensa moi sólida e forte en zona central, tamén poden defender aberto e lévano feito contra varios rivais”

Ismael Martínez anima a toda a afección a ver este partido e é consciente de que o factor do público é algo que anima moito. “Esperamos ter un bo ambiente no pavillón, que a xente veña. Ver o pavillón como o vimos contra o Guardés ou o Valladolid”.

No conxunto rival son conscientes de que visitan a cancha dun equipo que está en forma e demostrando a súa candidatura a manterse firme na zona nobre da táboa na Liga Guerreras Iberdrola. Con todo, a xogadora do Super Amara Bera Bera Maddi Aalla recoñecía que “mentalizarse é difícil logo do subidón da Supercopa” pero aseguraba que segundo van pasando as horas as xogadoras do conxunto guipuzcoan vanse “concentrar no partido”. Na opinión da porteira de Gorliz, “o máis importante é saír ao 100% desde o inicio”.

Maddi Aalla, xogadora do Super Amara Bera Bera e internacional coa Selección Española: “O máis importante é saír ao 100% desde o inicio”

Para este cruce é dúbida Paula Arcos xa que ten tocado ligamento do seu polgar dereito.

Etiquetas balonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoIsmael MartínezLiga GuerrerasMaddi AallaO Porriñosuper amara bera bera
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.