• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

O Pontevedra repite como visitante, desta vez ante o El Salvador

Alberto Fernández: "Vemos ese crecemento. É evidente e nótase" | As Irmandiñas aínda non coñecen a derrota, pero saben moi ben como xogar en equipo

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
19/02/2021
en Rugby, Máis Deporte
O Pontevedra Rugby Club / PONTEVEDRA RC FB

O Pontevedra Rugby Club / PONTEVEDRA RC FB

116
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A División de Honor B segue e con ela crece o Pontevedra Rugby Club (PRC), que segue en busca da primeira vitoria. Esta podería chegar esta fin de semana. As Irmandiñas viaxan a Valladolid para visitar ao Crealia El Salvador, con cita o sábado, 20 de febreiro, ás 17:30 horas.

Polo de agora, as galegas adestradas por Alberto Fernández aínda non foron quen de sumar puntos para escapar da posición de colistas, pero no club coinciden en que a experiencia na competición estatal está traducíndose en melloras.

“Sabiamos que ía ser moi difícil, sen pretempada, cun equipo que tiña que atopar os automatismos e a comprensión e unhas xogadoras con outras sen poder xogar amigables, sabiamos que a propia Liga ía ser o noso crecemento. Pero vemos que ese crecemento é claro, é evidente e nótase”, afirma contundente o técnico. Fernández alaba ao seu grupo, do que di que é “tan bo, tan extraordinario e tan cheo de talento que da gusto”.

Alberto Fernández: “Sabiamos que a propia Liga ía ser o noso crecemento”

As coñecidas como Irmandiñas por proceder de distintos puntos da xeografía galega aínda non foron capaces de vencer a outro equipo, pero isto non as desanima.

Un rival de alto nivel para o Pontevedra RC

No Pontevedra RC saben ben o alto nivel do seu rival para esta tempada. O El Salvador militou o pasado curso na máxima categoría e é un club consolidado do rugby español.

“É un equipo moi grande, moi pesado e que vai intentar levar o partido adiante desde o principio, pero a nós iso non nos ven mal”, analiza o adestrador. Nas súas palabras, “somos un equipo moi duro, moi forte na loita física”.

Por este motivo, Fernández entende que non sitios exteriores, nos que o Pontevedra é forte, non terán moito problema ante as vallisoletanas.

A xogadora Alba De la Fuente coincide en alabar a experiencia e galóns do rival, pero entende que a súa calidade é un factor de motivación para as Irmandiñas. “Viaxamos sabendo que vai ser un partido moi duro, sendo realistas, o máis probable é que volvamos a casa sen a vitoria. Porén, tamén será un encontro clave para seguir mellorando como equipo e individualmente, á vez que fundamentamos o noso xogo”, declara.

Alba De la Fuente: “Será un encontro clave para seguir mellorando como equipo e individualmente”

Segundo De la Fuente, non existe unha “fórmula máxica” para superar a un contrincante, pero entende que a actitude positiva, as ganas e o compañeirismo que caracterizan ao Pontevedra serán as claves que as guien ata a súa primeira vitoria.

A propia xogadora é un exemplo de amor polo rugby. Segundo confesa, “acostumo a sentirme calma antes dos partidos, pero ao chegar aos vestiarios os nervos comezan. Por un lado, sinto as ganas de xogar e competir, polo outro, o temos a fallar en momentos claves. Estes sentimentos apáñanse para revolotear no meu estómago durante o quencemento. Con todo, todo transfórmase ao pisar o campo e escoitar o silbato do árbitro. É como se te chearas dunha enerxía desbordante”, recorda,

Alba De la Fuente: “Todo transfórmase ao pisar o campo e escoitar o silbato do árbitro. É como se te chearas dunha enerxía desbordante”

O simple feito de ter a oportunidade de enfrontarse a un rival desta talla é “un privilexio e unha experiencia inigualable” para esta xogadora.

As Irmandiñas repiten como visitantes

A paixón polo deporte oval pode con todo, incluso coas interminables viaxes en autobús. Despois de desprazarse ata Cataluña a semana pasada o destino deste sábado está nas terras castelás.

“Son viaxes moi longas e debido á COVID-19 e outras cuestións non podemos facelas en avión, entón facer viaxes de 13, 14 horas é durísimo”, sinala o adestrador, Alberto Fernández.

Estes desprazamentos son algo máis liviáns debido á cohesión que existe dentro do grupo. O técnico lamenta que por mor das restriccións non poidan viaxar ao completo nestas ocasións, deixando ás non convocadas en terra. Aínda así, recoñece que “para un club novo na categoría, o xogar máis partidos fóra de casa e seguidos está sendo complicado, pero con este grupo é un pouco menos complicado”.

De la Fuente tamén apunta que preferirían xogar na casa, “para poder sentir o calor de todo o noso equipo e tamén evitar esas viaxes interminables en bus”. Pero tamén sinala que alá onde van síntense arroupadas e “ata estamos pillando o gusto a estar 18 horas nun autobús!”.

As convocadas

  • 1. Antía Fraga
  • 2. Paloma Delgado
  • 3. Nuria Diéguez
  • 4. Alba De la Fuente
  • 5. Patricia Lamas
  • 6. Laua López
  • 7. Sara Antúnez
  • 8. Teresa Gálvez
  • 9. Lucy Villar
  • 10. Kika García
  • 11. Sara López
  • 12. Cristina Ortigueira
  • 13. Azucena Alonso
  • 14. Coral Núñez
  • 15. María Abel
  • 16. Ana Rodríguez
  • 17. Marina López
  • 18. Maru Rodríguez
  • 19. Paula García
  • 20. Sabela Chan
  • 21. Sara García
  • 22. María Álvarez
  • 23. Verónica Feteira
As convocadas do El Salvador - Pontevedra Rugby Club / PRC
As convocadas do El Salvador – Pontevedra Rugby Club / PRC
Etiquetas Alba De la FuenteAlberto FernándezDivisión de Honor B rugbyirmandiñasPontevedraPontevedra RCPontevedra Rugby Clubrugby
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.