• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

O Pontevedra RC non consegue salvarse (31-17)

Antía Fraga: "O obxectivo sempre foi a mellora e o aprendizaxe" | Nin o mellor partido das Irmandiñas, no que perderon ante o Industrial Las Rozas, foi suficiente para permanecer na DHB

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
15/03/2021
en Máis Deporte, Rugby
Pontevedra Rugby Club / PRC

Pontevedra Rugby Club / PRC

282
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non puido ser. O espírito loitador das Irmandiñas non foi suficiente para manter ao Pontevedra Rugby Club na categoría de prata do rugby español, a División de Honor B. O último encontro, no que se xogaban a permanencia contra o Industriales Las Rozas, rematou en derrota para as galegas (31-17).

No que foi o seu mellor partido como equipo, as galegas demostraron sobre o campo, por se quedaba algunha dúbida, o seu compromiso co equipo e as ganas por seguir competindo un ano máis a nivel estatal. Pero o soño galego remata aquí, polo de agora.

Antía Fraga: “Formamos pouco a pouco un equipo cada vez máis sólido”

Antía Fraga, unha das xogadoras do Pontevedra RC, recorda que o obxectivo do equipo sempre foi “a mellora e aprendizaxe, cousa que creo que se puido ver no noso xogo partido a partido, o do domingo, na miña opinión, o mellor de todos”.

Por iso, prefire facer unha análise positiva, asegurando que en cada xornada levaron “melloras individuais ao colectivo e formando pouco a pouco un equipo cada vez máis sólido”.

O Pontevedra RC loitou ata o final

Con dous equipos que chegaban a este encontro necesitados da vitoria para salvarse, a igualadade deixouse ver sobre o campo, aínda que a maior experiencia de Las Rozas fixo que se adiantaran primeiro no marcador.

No primeiro minuto as locais abriron o electrónico, cun ensaio de Contreras, transformado por González. Isto freou momentaneamente ás Irmandiñas, que non acertaban nos ataques pero se mantiñan na defensa.

Pero chegados ao minuto 8, o Las Rozas atacou de novo, cun ensaio de Villameriel, transformado de novo por González. As galegas xa ían 14 puntos abaixo, cando non pasaran nin dez minutos.

Lonxe de baixar os brazos, as Irmandiñas seguiron apretando e os seus esforzos tiveron recompensa. A súa capitá, Tere Gálvez, foi a autora do primeiro ensaio do Pontevedra RC, xa no minuto 24. Porén, antes do descanso, as locais atacaron de novo, deixando o marcador no 19-5, co partido encamiñado á vitoria pero aínda aberto.

Tras a pausa, as galegas remendaron os seus erros e, como é costume, ofreceron a súa mellor cara. Nesta segunda metade, as xogadoras do Pontevedra RC lograron manter a raia ás rivais, á vez que melloraban o seu ataque.

Os primeiros puntos desta parte foron obra da galega Valle Viñas, que tras un ensaio asinou tamén unha transformación. As Irmandiñas ameazaban con achegarse ao Las Rozas, que tiñan xa a sete puntos de distancia. Por iso, previndo unha distancia menor, Rabilloud anotou outro ensaio local que aumentaba a súa renda. Un minuto despois, González non fallaba e facía outra transformación.

Xa nos minutos finais, Guio faría o último try do Las Rozas, que poñía o 31-12. Pero as galegas tiñan ganas de máis, e antes da fin do partido anotaron outro ensaio, obra de Antúnez, que foi o último do partido.

Un final 31-17 bota por terra os soños galegos de seguir en competición estatal, pero deixa un bo sabor de boca a un conxunto que se deixou a pel competindo.

As sensacións desde o vestiario

Este era un duelo marcado no calendario para as Irmandiñas. Unha delas, Aurora Redondo, sinala que para el “levavamos preparando-nos ao longo das jornadas desde que começou a andadura por DHB para o PRC“.

Por iso, os días previos ao encontro estiveron cargados de emocións, máis positivas que negativas, cunha “boa energia e muita motivaçom”.

 Aurora Redondo: “(As rivais) souberom aproveitar varias oportunidades que lhes puxerom numha posiçom de superioridade”

Segundo a xogadora, neste partido puidose ver un nivel semellante en ambos conxuntos, e o Pontevedra RC aproveitaba as posesións para facer un avance penetrante, dificultado pola defensa local.

Redondo sinala que as rivais “souberom aproveitar varias oportunidades que lhes puxerom numha posiçom de superioridade e que impedirom que, a pesar dos nossos ensaios e do trabalho duro ao longo do partido, puidesemos manter a praça”.

A derrota non quita o sorriso das Irmandiñas

Ter perdido o partido e a posición na División de Honor B non entristece ás galegas. Segundo Antía Fraga, este encontro foi “un bo broche ao proxecto das Irmandiñas”.

Antía: “Agora toca volver a DHB o antes posible, mellores e máis fortes”

A xogadora considera que, malia non ter conseguido a permanencia, a mellora do equipo foi palpable. “Agora toca seguir xogando, atopando as compañeiras en fronte con ilusión e esperando volver a DHB o antes posible, mellores e máis fortes”, conclúe.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pontevedra Rugby Club (@pontevedrarugbyclub)

Podes revivir a última actuación como conxunto das Irmandiñas dándolle ao play!

FICHA TÉCNICA

31) AD ING. INDUSTRIALES LAS ROZAS: Contreras, Ferran, Bonacasa, Latas, Otero, Guio, Bueso-Inchausti, Plaza, Chacón (capitá), Rico, Villameriel, González, Ortiz, Rabilloud e Guio. Tamén xogaron: Iguaz, Soria, García-Ogara, De Vega, Gil, Pernas, Zabara e Vallenilla.

17) PONTEVEDRA RC: Fraga, López, Delgado, Lamas, De la Fuente, Antúnez, Ortigueira, Gálvez (capitá), Villar, Viñas, López, García, Alonso, Núñez, García. Tamén xogaron: Ana María Rodríguez, María del Carmen Rodríguez, Carlota Cao, Verónica Feteira, Pula García, Carmen González e María Abel.

MARCADOR:

  • Min 1; 5-0 Ensaio de Contreras
  • Min 2; 7-0 Transformación de González
  • Min 8; 12-0 Ensaio de Villameriel
  • Min 9; 14-0 Transformación de González
  • Min 24; 14-5 Ensaio de Gálvez
  • Min 36; 19-5 Ensaio de Guio

Descanso

  • Min 56; 19-10 Ensaio de Viñas
  • Min 57; 19-12 Transformación de Viñas
  • Min 59; 24-12 Ensaio de Rabilloud
  • Min 60; 26-12 Transformación de González
  • Min 65; 31-12 Ensaio de Guio
  • Min 79; 31-17 Ensaio de Antúnez

ÁRBITRO: Juan José López.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 7ª da División de Honor B de rugby feminino disputado no Campo de El Cantizal.

Etiquetas Antía FragaAurora RedondoDivisión de Honor B rugbyIndustriales Las RozasirmandiñasPontevedra RCPontevedra Rugby ClubPRCrugby
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.