• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

O Pontevedra RC estrea marcador pero non logra a vitoria (12-36)

Á terceira foi a vencida e as Irmandiñas puideron anotar os seus primeiros ensaios, malia perder ante o XV Hortaleza RC

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
08/02/2021
en Rugby, Máis Deporte
Pontevedra RC - XV Hortaleza / PONTEVEDRA RC YT

Pontevedra RC - XV Hortaleza / PONTEVEDRA RC YT

73
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A vitoria segue dándolle esquinazo ás galegas do Pontevedra Rugby Club, pero as novatas da División de Honor B xa poden dicir que marcaron os seus primeiros ensaios na segunda mellor categoría do rugby español. Foi no partido ante o XV Hortaleza RC, que resultou en derrota malia a gran segunda parte galega (12-36).

Este foi o primeiro encontro das Irmandiñas en terras pontevedresas. Xogar en casa foi case un talismán, que se ben non foi suficiente para a vitoria, logrou que as galegas fixeran o mellor partido da tempada.

Non se presentaba fácil este reto. O Hortaleza fai gala do seu gran nivel competitivo e despois de tres partidos ocupa xa a cuarta posición da clasificación, a catro puntos das líderes, o Sant Cugat.

As dragonas dominaron por completo a primeira parte do encontro. Nas súas filas destacaron especialmente María Gómez e Andrea Fernández, que conxuntamente sumaron 16 puntos para as madrileñas.

A posible vitoria do Pontevedra RC pasaba pola fazaña dunha remontada, un escenario ao que as galegas xa están acostumadas. A diferenza principal foi que nesta ocasión, para o tempo do descanso o rival só gañaba por catro ensaios e tres tranformacións: 0-26.

O Pontevedra RC faise forte na segunda metade

Como xa apuntaban na previa a xogadora Valle Viñas e o segundo adestrador Rubén Sanmartín, o Pontevedra RC é un grupo cada vez máis forte fóra e dentro do campo.

E a este conxunto dáselle ben as segundas partes. Así, como sucedeu no anterior encontro que disputaron as Irmandiñas, a segunda metade do duelo foi boa e o xogo do equipo mellora co transcurso do tempo.

Dous minutos tras a pausa foron suficientes para que chegase o momento tan esperado polas galegas: o seu primeiro ensaio. Un grupo novato na categoría, formado por xogadoras de distintos equipos da xeografía galega e nun equipo formado pola paixón de desfrutar do deporte oval nunha competición nacional, materializou por primeira vez o resultado dos seus esforzos.

Así, o Pontevedra RC poñía o marcador nun 5-26 ilusionante grazas ao acerto de Azucena Alonso. Con todo, o impulso dos puntos non foi suficiente para iniciar a remontada e uns 15 minutos despois as dragonas respondían cun ensaio obra de Iratxe Aranburu.

As Irmandiñas aínda tiñan máis que dicir e quixeron repetir as sensacións de anotar puntos. Desta forma chegou, no tramo final do partido, un ensaio de Valle Viñas transformado por ela mesma. A falta de menos de dez minutos para o final, o marcador xa sinalaba o 12-31.

Cun ensaio final de Andrea Camps finalizou o encontro, que se ben non serve para que as galegas abandoen a posición de colistas, promete un futuro moi esperanzador para o cadro de Pontevedra.

FICHA TÉCNICA

12) PONTEVEDRA RC: Nuria Diéguez, Sara Antúnez, María Rodríguez, Patricia Lamas, Alba de la Fuente, Valle Viñas, Laura López, Teresa Gálvez (capitá), Lucy Villar, Mónica García, Myriam García, María Abel, Azucena Alonso, Cristina Ortigueira e Coral Núñez. Tamén xogaron: Gema Lago, Paloma Delgado, Antía Fraga, María del Carmen Rodríguez, Patricia Alonso, Aurora Redondo, Sara López e Paula García.

36) XV HORTALEZA RC: Paula Miguel, Laura Alonso, Mónica Arias, Alba Boyano, Andrea Camps, Marta Ventura, Laura Alonso, Andrea Fernández, María Gómez, Nuria Núñez (capitá), Yenier Rodríguez, Yenifer Rodríguez, Inés López, Silvia Carmona e Iratxe Aranburu. Tamén xogaron: Carmen Llavero, Carolina Vadillo, Patricia Bravo, Sirenia Bercedo, Juliera Sánchez, Laura González e Isabel Miguel.

MARCADOR:

  • Min 4; 0-5 Ensaio de Alba Boyano
  • Min 5; 0-7 Transformación de María Gómez
  • Min 18; 0-12 Ensaio de María Gómez
  • Min 19; 0-14 Transformación de Andrea Fernández
  • Min 28; 0-19 Ensaio de Yenier Rodríguez
  • Min 29; 0-21 Transformación de Andrea Fernández
  • Min 39; 0-26 Ensaio de Andrea Fernández

Descanso

  • Min 42; 5-26 Ensaio de Azucena Alonso
  • Min 58; 5-31 Ensaio de Iratxe Aranburu
  • Min 70; 10-31 Ensaio de Valle Viñas
  • Min 71; 12-31 Transformación de Valle Viñas
  • Min 77; 12-36 Ensaio de Andrea Camps

ÁRBITRO: Eduardo Francés. Expulsada por xogo sucio no minuto 33 Valle Viñas.

INCIDENCIAS: Partido da xornada cuarta da División de Honor B de rugby feminino disputado no pavillón universitario de Pontevedra.

Etiquetas División de Honor BirmandiñasPontevedra RCPontevedra Rugby ClubrugbyXV Hortaleza RC
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.