Despois dun complicado inicio da segunda fase, o Poio Pescamar quere meterse de cheo na loita polo título e estar entre os catro primeiros. A seguinte oportunidade para conseguilo será este sábado, 17 de abril, ás 19:00 horas, ante a AD Alcorcón.
As de Manu Cossío viaxan ás terras madrileñas en busca da segunda vitoria da fase final. As conserveiras son actualmente quintas, cun coeficiente de 2 puntos exactos e 36 en total, obtidos en once vitorias e tres empates.
4-1 para Poio e Alcorcón na xornada anterior
O último dos trunfos foi na xornada anterior, ante o FSF Móstoles, cun 4-1 final e goles de Ana Rivera e Antía Pérez, ambas cun doblete. Desde a súa posición actual, as futbolistas do Poio seguen en plena loita por estar no play off polo título, ao que acceden os catro primeiros.
Tamén cun 4-1 a favor chega o rival desta xornada, o AD Alcorcón, que foi quen de vencer ás galegas do Ourense Envialia competindo como visitante. Estes tres puntos non serviron para mudar o posto das amarelas na táboa, que continúan como penúltimas cun coeficiente do 1.833.
O Envialia acumula tres de tres derrotas na segunda fase polo título (1-4)
O partido poderá seguirse vía streaming no Youtube do AD Alcorcón.