• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Poio quédase fóra do ‘play-off’ polo título

A derrota por un 1-3 ante a AD Alcorcón foi dobre castigo para as vermellas, que perden a terceira praza e o billete á seguinte fase

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/05/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
O Poio é finalista de Copa / POIO PESCAMAR

Poio / POIO PESCAMAR

81
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Poio Pescamar afrontaba a última xornada coa oportunidade de facer historia e meterse por primeira vez no play-off polo título, pero esta tempada tampouco puido ser. As galegas caeron ante o AD Alcorcón por un 1-3, polo que perden a terceira posición e o billete de acceso á seguinte fase.

Antes de disputar este encontro, as conserveiras eran as mellor posicionadas, despois do Futsi Atlético e o Burela, para acceder á final a catro da Primera División. Pero o STV Roldán e o Alcorcón (rival das galegas) viñan por detrás pisando forte. Finalmente, estes catro equipos serán os que loiten por proclamarse campión.

O Alcorcón mantivo ao Poio contra as cordas

Nos primeiros instantes do duelo o Alcorcón avisaba da súa intención de ir a por todas e colarse no play off. Un tempraneiro disparo de Irene Samper deixaba claro que as amarelas xogarían ao todo ou nada na derradeira xornada.

Pola súa parte, o Poio intentaba monopolizar a posesión, pero non tiña acerto fronte a rede contraria, polo que os seus ataques non chegaban a porto. As madrileñas xogaban sobre a pista da Seca con confianza. Isto tradúxose nun tanto de Aída de Miguel que subiu ao marcador das visitantes, anotando a porta baleira tras un roubo de balón en tres cuartos da ourensá Vane Sotelo.

O encontro seguiu desenvolvéndose con maior dinamismo nas amarelas, mentres que o Poio intentaba sobrepoñerse a un rival claramente superior. O Alcorcón seguía buscando o segundo cun remate de Claudia López e outro de Irene, ambos sen éxito.

Co partido entrado xa na fase final da primeira parte, as xogadoras de Manu Cossío comezaron a reaccionar e reclamar o dominio do duelo, co hándicap do gol en contra e varias faltas acumuladas. A tensión era cada vez maior nun encontro con moito en xogo, e as porteiras perfiláronse como fundamentais, con grandes paradas a ambos lados da pista.

O Poio non reaccionou a tempo

Na segunda parte, o Alcorcón seguiu sendo superior na cancha, mentres que as galegas tiñan que afrontar de novo un gol nos primeiros minutos. Tres minutos despois da reanudación, Vane Sotelo iniciaba unha xogada gañando a liña de fondo pola banda esquerda, servíndolle o balón na área a Nerea Moldes, quen puxo o 0-2 no marcador.

O terceiro tanto amarelo non se fixo esperar. Pouco despois do gol de Moldes, Pepa subía o 0-3 ao electrónico a pase de Irene Samper na banda dereita.

O Poio, xa desesperado, vía escapar as súas opcións de disputar o play off polo título, pero seguía loitando con forza. A falta de seis minutos para o final, Dani Sousa remataba desde a frontal da área para facer o 1-3 e dar ánimos ás galegas.

O empate servíalles para pasar de fase, pero o tempo corría xa na súa contra. Entón, Cossío decidiu apostar polo xogo de cinco con Irene García como porteira-xogadora, buscando calquera oportunidade de salvar un punto á fin do partido.

Antes do pitido final, as vermellas tiveron unha gran ocasión cun disparo de Chiesa, que porén deu no pau botando por terra os soños das conserveiras. O 1-3 final arrebátalles a posibilidade de competir por ser campioas, e permite a clasificación das súas rivais, o AD Alcorcón de Vane Sotelo.

Final del partido en A Seca 🏁

Amarga despedida a esta inusual temporada, quedándonos a las puertas de entrar en nuestro primer playoff por el título 😞#PoioPescamar 1 – 3 @ADAlcorconFSF #PoioPescamar #PoioAlcorcón #HistoriaRojilla pic.twitter.com/t3a8OCt6j5

— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) May 29, 2021

FICHA TÉCNICA

POIO PESCAMAR: Silvia; Luci, Clara, Ana Rivera e Dani Sousa -cinco inicial-. Tamén xogaron: Julia Dupuy, Chiesa, Miriam, Iraia e Irene García.

AD ALCORCÓN: Estela; Vane Sotelo, Irene Samper, Nerea Moldes e Aída de Miguel -cinco inicial-. Tamén xogaron: Laura Oliva, Claudia López, Pepa e Paula.

GOLES:  0-1, min. 2 Aída de Miguel; 0-2, min. 23 Nerea Moldes; 0-3, min. 26 Pepa; 1-3, min. 34 Dani Sousa.

ARBITRAXE: Crespo Pardo e Darriba Villamor (colexio galego). Recibiron tarxeta amarela Aída de Miguel e Laura Oliva na AD Alcorcón e Ana Rivera no Poio Pescamar.

INCIDENCIAS: Partido da oitava xornada da segunda fase celebrado no pavillón da Seca en Poio.

Etiquetas AD Alcorcónfútbol salafutsalManu CossíoPoiopoio pescamarPrimeira División de Fútbol SalaPrimera División de Fútbol SalaVane Sotelo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.