• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Poio remata na terceira posición tras perder ante un rival polo título (1-2)

As galegas caeron derrotadas contra o Futsi Atlético, un dos favoritos dos 'play-offs' da segunda fase

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/03/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
O Poio é finalista de Copa / POIO PESCAMAR

Poio / POIO PESCAMAR

89
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Poio Pescamar remata a primeira fase da competición na terceira posición, tras perder ante o todopoderoso Futsi Atlético Navalcarnero (1-2). As madrileñas serán un dos rivais máis duros das galegas nos play-offs polo título.

Non se presentaba doado o último reto das galegas nesta primeira fase, que recibían en casa a un equipo que non perdeu ningún encontro desta primeira parte da competición. E non o foi, nun partido no que o Poio lograba o empate momentáneo, pero saía derrotado.

O Poio tratou de ti a ti ao mellor equipo do seu grupo

Cossío viuse obrigado enseguida a cambiar os seus plans iniciais, pola tarxeta amarela que recibiu nos primeiros segundos de xogo Iraia. O Poio Pescamar tivo que mover banco, e recompoñerse para non perder a concentración no partido.

Un par de minutos despois chegaría a primeira ocasión para as locais, da bota de Dani Sousa, que xogando como pivote conseguiu realizar un disparo polo baixo, sen fortuna ao estar Belén en portería lista para paralo. Nas visitantes, Ari creou tamén unha xogada de perigo que non chegou a subir ao marcador.

Este abriríase con Ju Delgado, xa no minuto 7, despois dun robo de balón de Ari, batendo a Caridad desde o costado esquerdo, anotando o 0-1 cun disparo cruzado.

Pouco despois do primeiro tanto chegou a primeira tarxeta para as madrileñas, sendo unha amarela para Leti. O Poio Pescamar non se deixaba amedrentar e seguía presionando para anotar á vez que evitando o segundo gol do Futsi Atlético.

Unha ocasión de Anita Luján e Leti foi freada por Caridad nun man a man coa primeira, para despois ter as galegas a ocasión de puntuar nun contragolpe con pase de Ana Rivera a Dani Sousa.

Precisamente, esta sería a futbolista que lle daría o gol ao Poio, á borde da fin do primeiro tempo. Co descanso cada vez máis preto, pero aínda por debaixo no marcador, Cossío solicitou un tempo morto no minuto 18. Os seu ánimos deron resultado, e así chegou desde o costado o gol de Sousa, que poñía o empate no marcador con toda a segunda metade aínda por disputar.

O Futsi rematou o partido na segunda parte

Cun ritmo similar ao visto na primeira parte, a segunda comezou cun conxunto visitante potente e un cadro vermello cumpridor.

O Poio Pescamar acusou finalmente a tensión do xogo, polo que Caridad viuse obrigada a intervir en varias ocasións para evitar o segundo gol do Futsi, ante as perdas das súas compañeiras nas saídas de balón. A ocasión máis clara viu da man de Luján e Delgado, ante as cales a gardameta local tivo que facer unha dobre parada.

Xa algo máis recompostas, as galegas conseguiron controlar o ritmo do partido momentáneamente, pero o segundo gol rondaba a portería galega e non tardaría en chegar.

No minuto 30, Anita Luján iniciaba unha xogada pola banda esquerda, colocando o balón na área onde Irene estaba lista para recibir e rematar. Un disparo que Caridad non foi quen de frear, e que subiu ao marcador no bando visitante.

As xogadoras vermellas intentaron de novo o empate nos minutos restantes, pero sen éxito. No minuto 32 Cossío solicitaba de novo parar o tempo, pero desta vez as súas indicacións non xurdiron o mesmo resultado.

Xa á desesperada, e a falta de tres minutos, o adestrador do Poio Pescamar colocou a Irene como porteira-xogadora, conseguindo xerar varias oportunidades, como un disparo de Sousa, que finalmente non subirían ao marcador. Cun 1-2 final, o conxunto conserveiro prepara xa a segunda fase.

Revive o último encontro da primeira fase do Poio Pescamar, ante o Futsi Atlético.

Coa vista posta na segunda fase

Con este resultado, as de Cossío chegarán desde a terceira posición do Grupo A aos play offs. En total, sufrindo só tres derrotas (todas nas últimas xornadas) ante dous equipos: Futsi Atlético e Roldán, as galegas rematan esta fase con 35 puntos.

Así, a partir desta fin de semana as pontevedresas preparan a loita polo título. No seu grupo competirán con outras dúas galegas: o Burela e o Envialia, e equipos como o propio Futsi Atlético, Roldán, Melilla SC Torreblanca, AD Alcorcón e Móstoles.

Pero antes, este martes xogarán co Ourense Envialia para poder clasificarse para a final da Copa Galicia de futsal.

FICHA TÉCNICA

1) POIO PESCAMAR: Caridad, Lucía, Ana Rivera, Dani Sousa e Clara – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Iraia, Irene García, Chiesa, Julia Dupuy e Miriam.

2) ATLÉTICO NAVALCARNERO: Belén, Amelia Romero, María Sanz, Ari e Irene Córdoba– quinteto inicial -. Tamén xogaron: Leti, Ju Delgado, Anita Luján, Becha, Lorrana e Marta Balbuena.

GOLES: 0-1, min. 7 Ju Delgado. 1-1, min. 20 Dani Sousa. 1-2, min. 30 Irene Córdoba.

ÁRBITROS:Carreira Romero e Ferrero Carballal do colexio galego. Amoestaron a Iraia e a Antía no Poio Pescamar e a Leti e María Sanz no Futsi Navalcarnero.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 15ª xornada do Grupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala RFEF celebrado no pavillón de A Seca.

Etiquetas fútbol salafutsalFUTSI ATLÉTICO NAVALCARNEROManu CossíoPoiopoio pescamarPrimeira División de Fútbol SalaPrimera División de Fútbol Sala
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.