O Poio Pescamar FS retoma hoxe ás 19:30 horas os adestramentos despois case seis meses de parón. O equipo conserveiro someteu a pasada semana ás súas xogadoras aos test de seroprevalencia e, tras dar todos as compoñentes negativo, volverán á cancha para preparar a seguinte tempada en Primeira División de Fútbol Sala.
🚨🗣
.
.
.Una vez superados los tests de seroprevalencia y los test físicos nuestra primera plantilla arranca hoy a las 19:30 🙈
.
.
.#sanguevermella pic.twitter.com/Bf1acbMHKQ— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) September 7, 2020
O seu presidente, Juanjo García, recoñeceu que convocaron as xogadoras en canto se souperon as datas de comezo da liga, xa que necesitan como mínimo seis semanas de preparación para chegar en boas condicións a competir. Manu Cossío collerá un plantel con cambios con respecto ao ano pasado, despois de que Feijoo, Iria Saeta y Anna Escribano abandoaran a disciplina do club e chegasen Luci e Iraia.