Pese ao avultado do resultado final (6-2), o partido entre o Poio Pescamar FSF e o Viaxes Amarelle FSF na Seca, estivo aberto boa parte dos minutos. Aínda que as coruñesas nunca se puxeron por diante no electrónico, foron quen de pasar dun 3-0 a un 3-2 volvéndose meter no partido e contando coas súas opcións.

O partido daba inicio cun Poio Pescamar FSF que quería demostrar a súa garra e o seu gol, mentres que o Viaxes Amarelle FSF tiña que tratar de facer boas as tarefas defensivas.
Aínda que con intención, o equipo herculino non empezou da mellor maneira e atopouse ao seis minutos de xogo cun parcial en contra de 3-0, grazas aos goles de Antía, Iraia e Dani Sousa.
A pesar do avultado do marcador en tan pouco tempo; o conxunto dirixido por Jorge Basanta non se amedrentou. Creceuse na cancha para tratar de darlle a volta ao partido, e así foi como xusto antes da medianía do primeiro período nun disparo de María Gómez, o balón acababa ao fondo da rede tras un intento de rexeitamento de Clara, cun gol en propia meta.
O 3-1 estaba no luminoso, e o Viaxes Amarelle FSF cría en si mesmo. As coruñesas sumaban esforzos, conseguindo desta maneira pór o 3-2, a falta de sete minutos para o descanso, cun gol de Lau Doce.
Con esta leve diferenza no marcador, o partido de igualou moito, pero as herculinas estaban a ter as ocasións máis claras, pero con falta de definición, non terminaban de poder igualar a contenda; tendo que irse ao tempo de asueto co parcial de 3-2 no luminoso.
Na segunda metade, o Poio sentenciou
A esixencia e os minutos ían pasando factura ao conxunto laranxa segundo avanzaba o encontro. Xa na segunda metade, e a pesar de tentar buscar a igualada, nos primeiros instantes dese segundo período terminarían por atoparse co 4-2, obra de Antía, tras levar ao seu par e ampliar distancias no marcador para o Poio Pescamar FSF.
Aínda quedaban 17 minutos por diante, e as herculinas non baixarían os brazos, pero na medianía do período terminarían por chegar dous goles de Iraia e Dani Sousa, que deixaban o marcador nun 6-2 moi complicado de levantar.
O partido seguiu o seu devir no último cuarto, con moita intención, pero pouco acerto e o marcador non se moveu un chisco; provocando a primeira derrota desta tempada do equipo laranxa.
Victoria en el segundo test de la pretemporada por 6-2 ante un buen @amarellefsf con goles de @danisouxa1331 🔴🔴@ArbeloaIraia 🔴🔴@antipg8 🔴🔴#enceplansocialpontevedra #somosabanca #poiomovese#deputaciondepontevedra #xuntadegalicia pic.twitter.com/DuRAPrZxBv
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) October 3, 2020
A pesar da derrota, o corpo técnico do Viaxes Amarelle FSF, encabezado por Jorge Basanta, valora moito este encontro destacando aspectos positivos das xogadoras na súa etapa de preparación do inicio da competición ligueira. Aínda quedan cousas por mellorar, pero o equipo coruñés prepárase a conciencia, e esta semana terá catro xornadas de adestramento e novo partido o vindeiro sábado.
⚽️🖋️📰 TRABAJANDO PARA CRECER ‼️
El @amarellefsf sigue creciendo deportivamente, pese a la derrota en casa del @PoioPescamarfs (6-2)#FutsalFemenino #PreTemporada #Amistosos #vamosNaranjas
* más info en https://t.co/Oo7wJirwCh pic.twitter.com/nnc1LUqLi1
— Viaxes Amarelle FSF (@amarellefsf) October 3, 2020
Tras este segundo encontro de pretemporada, o Viaxes Amarelle FSF volverá aos adestramentos o luns, para preparar o partido de volta de semifinais da Copa Galicia 2019-2020, partido que se disputará o sábado 10 de outubro de 2020 ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vista Alegre (Burela) visitando ao Burela Pescados Rubén FSF.

FICHA TÉCNICA
POIO PESCAMAR FSF: Caridad, Miriam, Julia, Ana, Antía – cinco inicial-, Lucí Gómez, Iraia, Carol, Dani Sousa, Clara, Agostina.
VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris, Patri Corral, Martita, María Gómez -cinco inicial-, Candela, Lau Doce, Yaiza, Sofía, Sandra, Carlita, Marta Hermo, Tami.
GOLES: 1-0 Antía (min. 4); 2-0 Iraia (min. 5); 3-0 Dani Sousa (min. 6); 3-1 Clara (propia porta) (min. 9); 3-2 Lau Doce (min. 13); 4-2 Antia (min. 23); 5-2 Iraia (min. 29); 6-2 Dani Sousa (min. 32).
ÁRBITROS: Pérez Rodríguez e Sobral Moreno do Colexio de Árbitros de Pontevedra. Mesa: Díaz Gil do Colexio de Árbitros de Pontevedra. AMONESTACIÓNS: Clara do Poio Pescamar FSF (Cartón Amarelo). Sofía do Viaxes Amarelle FSF (Cartón Amarelo).
INCIDENCIAS: Partido amigable correspondente á pretemporada 2020-2021 disputado o sábado 3 de outubro de 2020 no Pavillón Municipal da Seca (Poio) entre o Poio Pescamar FSF e o Viaxes Amarelle FSF.





































