Punto e final a serie de triunfos para o HC Deportivo Liceo que deixa en seis as súas vitorias consecutivas tras perder na pista dun forte Generali HC Palau de Plegamans por 6-2.
A visita da escuadra liceísta ao Generali HC Palau de Plegamans terminou en derrota, tras un partido digno que decantou a gran calidade individual dun candidato ao título como son as catalás. Pese ao resultado, Stanis García e as xogadoras que adestra permanecen así no sétimo posto da OK Liga Feminina con 28 puntos.
A acción, desde o principio, non empezou da forma desexada para as verdibrancas. O rival tardou apenas dous minutos en adiantarse mediante Berta Busquets, unha das súas xogadoras destacadas. Tampouco acompañou o acerto, xa que a posterior posibilidade de empate foi desaproveitada.
A falta directa que tivo no seu stick Adriana Soto tras unha azul a Colomer non acabou dentro. Falta de fortuna que derivou no 2-0 do Generali HC Palau de Plegamans. Fíxoo Laura Puigdueta.
⏱ Min 22
⏰ Temps mort a la pista. Últims minuts del primer temps!
🏑 Generali HC Palau 2-0 @HockeyClubLiceo
💻 https://t.co/eOLwrqk7fD
📻 Ràdio Palau🦁 Som-hi lleones!#ForçaPalau #OKLigaF pic.twitter.com/G1Iu71ZUdJ
— Hoquei Club Palau (@hcpalau) March 20, 2022
O HC Deportivo Liceo continuou loitando, iso si, e salvou antes do descanso un lanzamento de penalti de Carla Fontdegloria. Viki Caretta superou á xogadora local.
Maior acerto cara a porta do Palau
De todas as maneiras posibles demostrou o HC Palau de Plegamans a súa condición de candidato ao título. PEro se podemos resaltar unha, esta é o tremendo acerto diante da meta coruñesa.
O 3-0 foi de Aina Florenza, máxima anotadora da competición, e deu paso ao vendaval local. Mariona Colomer e a propia Florenza colocaron o 5-0 e Alba Garrote maquillouno desde o punto de penalti. Finalmente, o marcador mostrou un 6-2 despois das dianas finais de Colomer e Adriana Soto.
Seguinte rival das liceístas
A próxima proba do HC Deportivo Liceo consistirá na visita de Las Rozas ao Palacio dos Deportes de Riazor. Será o vindeiro domingo 27 ás 12:30 horas. As madrileñas, terceiras pola cola, teñen 11 puntos fronte aos 28 das galegas.
Na primeira volta o HC Deportivo Liceo vencía 1-4 na cancha de Las Rozas. Curiosamente as madrileñas, que teñen so dous triunfos, aínda non foron quen de regalar una vitoria á súa afección. E dos 5 empates que colleitaron tres foron a domicilio e dous como locais. Polo que, pode parecer, que lonxe da casa este bloque de xogadoras é un rival máis complicado que no seu feudo.
FICHA TÉCNICA
6) HC PALAU: Laura Vicente; Laura Puigdueta, Berta Busquets, Aina Florenza e Mariona Colomer – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Carla Fontdegloria, Gisela Vicente, Aimee Blackman, Laia Juan e Anna Salvat.
2) HC DEPORTIVO LICEO: Viki Caretta; María Sanjurjo, Alba Garrote, Adriana Soto e Cris Diz – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Ale Martín, Lara Yáñez, Lucía Yáñez e Luchy Paz.
GOLES: 1-0 (Berta Busquets, min. 2). 2-0 (Laura Puigdueta, min. 12). 3-0 (Aina Florenza, min. 27). 4-0 (Mariona Colomer, min. 31). 5-0 (Aina Florenza, min. 34). 5-1 (Alba Garrote de penalti, min. 37). 6-1 (Mariona Colomer, min. 44). 6-2 (Adriana Soto, min. 47).
ÁRBITRO: Xavier Valiente Soler. Amosou cartón azul ás xogadoras locais Mariona Colomer e Berta Busquets.
INCIDENCIAS: Xornada 18ª da OK Liga Feminina 2021/22 disputado no Palau de Plegamans.