• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Ourense Envialia busca un billete para a gran final

O equipo de Morenín enfróntase ao seu primeiro partido dun 'play-off' polo título de Primera División de Fútbol Sala Feminino | "Se xogamos a final temos como punto a favor a nosa ilusión, que move montañas", di o adestrador

Iñigo Rolán por Iñigo Rolán
24/06/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
O Ourense Envialia FSF xogará este fin de semana o seu primeiro playoff polo título de Primeira División de Fútbol Feminino : OURENSE ENVIALIA FSF

O Ourense Envialia FSF xogará este fin de semana o seu primeiro playoff polo título de Primeira División de Fútbol Feminino : OURENSE ENVIALIA FSF

7
COMPARTIDOS
119
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Mañá venres 25, ás 20.00 horas, o Ourense Envialia xogará contra o AD Alcorcón no Palacio de Deportes José María Martín Carpena de Málaga o pase á final polo título de Primeira División Feminina de Fútbol Sala. O partido poderase ver a través da canle Teledeporte.

O precedente máis próximo entre ambos equipo é o 2-2 da undécima xornada da primeira volta, disputada o 23 de novembro en Os Remedios. Pero iso foi hai un mundo, cando non tiñamos pasado nin un confinamento ni a COVID-19 chegara ás nosas vidas para poñelas patas arriba. Nada será xa igual, incluídas as competicións deportivas que nestes tempos de pandemia dispútanse sen público nas gradas, sen afición alentando aos equipos na súa loita pola victoria.

O Ourense Envialia chega sen baixas á gran cita do play-off

Despois de tres meses de parón, a forma física na que chegan as xogadoras é unha incertidumbre. O periodo de preparación pasou seis semanas a tres, pero Morenín, adestrador do conxunto galego, afirma que “o equipo traballou ben e aínda que hai dubidas a nivel fisico, temos un plantel amplio e a todas as xogadoras dispoñibles”.

O martes adestraron por última vez en Galicia e hoxe exercitaranse en Malága. O adestrador do Ourense Envialia recoñece que as xogadoras están cargadas e cansadas do traballo final da semana pasada, pero esperan ter a todo o plantel dispoñible.  “De todas formas, estamos adestrando con tres xogadoras do filial que nos están axudando moito e no caso de que houbese algunha lesión, incorporaríase algunha delas”, engade o técnico.

Morenín, adestrador do Ourense Envialia: “Isto é o premio a unha gran tempada. Estamos moi ilusionadas e con moitas ganas de competir, desexando que chegue mañá para xogar a semifinal”

O Ourense Envialia afronta con moita ilusión o playoff polo título de Liga
O Ourense Envialia afronta con moita ilusión o playoff polo título de Liga

O adestrador pensa que, no caso de pasar á final, xogar antes é unha vantaxe

Debido á renuncia do CD Futsi, o outro equipo galego na loita polo entorchado, o Pescados Rubén Burela FS, non xogará a súa semifinal accedendo directamente ao partido decisivo. Deste xeito as de Burela poderían chegar máis descansada ao partido no que se decidirá o título.

Pero a situación ten unha dobre lectura. Por outra banda, o conxunto laranxa chegará sen a carga nas pernas e o cansanzo de ter disputado outro partido dous días antes. Pero pola outra, tampouco chega con ritmo de xogo logo de tantos meses de parón. As da Mariña non coñecerán ata o domingo cal é o seu ritmo de partido e a forma física real do seu plantel.

Morenín, adestrador do Ourense Envialia: “Se xogamos a final, a parte do descanso e de ter competido antes, outro punto a favor é a nosa ilusión, que move montañas. Se a principio de tempada nos din que o domingo imos estar xogando a final, televisada por Teledeporte, non nolo creriamos”.

“Non sabemos calibrar o ritmo das xogadoras ou se nos habituraremos ben ao ritmo de competición, polo que imos ser optimistas e ver coma unha vantaxe poder xogar a semifinais antes”, comenta Morenín sobre esta cuestión. O técnico galego engandía que as ourensás faltaralles “medir como estamos fisicamente e logo, se pasamos a final, creo que ter un partido nas nosas pernas e con practicamente 48 horas de descanso será bó”.

O preparador apuntaba tamén ao factor anímico coma un punto máis a favor das da terra das Burgas: “Se xogamos a final, a parte do descanso e de ter competido antes, outro punto a favor é a nosa ilusión, que move montañas. Se a principio de tempada nos din que o domingo imos estar xogando a final, televisada por Teledeporte, non nolo creriamos”.

Xogar o play-off xa é un premio para o equipo ourensá

Sobre a presión de xogar un play-off polo título, o técnico ourensá recoñece que durante a semana sempre hai certos nervios, unha cóxegas na barriga, pero que chegado o momento de entrar a pista todo iso desaparece.

“Son un entrenador bastante tranquilo. Isto tomarémolo como un partido máis e intentaremos desfrutar de todo isto, porque creo que é unha gran oportunidade”, destaca o adestrador. “O equipo transmite boas sensacións. As xogadoras teñen que desfrutar, porque para nós isto é un premio e ,se conseguimos algo más, será un éxito incrible”, confesa o técnico.

Morenín, adestrador do Ourense Envialia: “O equipo transmite boas sensacións. As xogadoras teñen que desfrutar, porque para nós isto é un premio e ,se conseguimos algo más, será un éxito incrible”.

Etiquetas AD Alcorcónfútbol salafutsalourenseourense envialiaplay-offplayoffPrimeira División Femininasemifinaltítulo
Comparte6Chía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Valdetires Ferrol Futsal vs FSF Castro / VALDETIRES FERROL FSF FB

As galegas dominan o grupo 1A da Segunda de futsal

por Carmen G. Mariñas
15/01/2021
0

  O futsal galego trunfa en Primeira División e na Segunda. O subgrupo 1A agrupa a sete equipos da zona...

Pescados Rubén Burela vs Alcorcón, campionato de Liga 2019-20 / BURELA FSF

O partido do Burela contra a AD Alcorcón queda adiado

por Redacción As Nosas
14/01/2021
0

  Por se non fora bastante coa COVID-19, as competicións deportivas teñen un novo obstáculo: o temporal Filomena. Desta vez,...

Jenny será operada este luns, 18 de xaneiro / BURELA FS TW

Jenny, do Burela, será operada da súa lesión

por Redacción As Nosas
14/01/2021
0

  Desde hai máis dun mes, o Pescados Rubén Burela FS lamenta a baixa por lesión de Jenny Santos. A xogadora...

A Real Federación Galega de Fútbol repartiu test para detectar a COVID/ FUTGAL

A Federación Galega pon en valor o papel do fútbol no cribado da COVID en Galicia

por Redacción As Nosas
14/01/2021
0

  A Real Federación Galega de Fútbol, e en xeral o fútbol galego,"están a colaborar de maneira directa e decidida...

Ourense Envialia vs Viaxes Amarelle FSF no Paco Paz / VIAXES AMARELLE

Duelo de futsal galego para comezar o 2021: Viaxes Amarelle – Ourense Envialia

por Redacción As Nosas
13/01/2021
0

  A volta do futsal feminino de máximo nivel trae un duelo galego para comezar o ano. Viaxes Amarelle e...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

Nova oportunidade para o Pontevedra Rugby Club

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

Nova oportunidade para o Pontevedra Rugby Club

15/01/2021
CRAT Residencia Rialta vs Sanse Scrum / ALBERTO SEGADE

O CRAT queda sen xogar outra semana máis, esta vez por mor dun positivo en COVID-19

15/01/2021
CV Oviedo vs Aceites Abril / CV OURENSE

O Aceites Abril quere comezar o 2021 e a segunda volta con bo pé

15/01/2021
Entrega por parte da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, do cheque co recadado na carreira San Silvestre á Cociña Económica / CONCELLO DA CORUÑA

A San Silvestre coruñesa, das carreiras virtuais con maiores cifras de participación

15/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.