O Obradoiro CAB, equipo na elite do baloncesto español, anunciou esta mañá en rolda de prensa que ten prevista a creación dunha sección feminina con motivo do seu 50 aniversario.
José Luis Mateo, director deportivo da entidade, anunciaba este feito hoxe en rolda de prensa, onde o acompañaban o adestrador, Moncho Fernández, e a lenda, Tonecho Lorenzo, a cuxa figura tamén se lle renderá homenaxe.