• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte

Muralla Galicia Emerging, representante galego da División de Honra B de rugby

A competición dará acceso á Liga Iberdrola, terá formato de liga a unha volta e iníciase esta fin de semana coas lucenses como locais nas Pedreiras

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/01/2020
en Máis Deporte, Rugby
O Muralla RC nun cruce na liga galega de rugby / MURALLA RC

O Muralla RC nun cruce na liga galega de rugby / MURALLA RC

160
COMPARTIDOS
339
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

O conxunto lucense do Muralla Galicia Emerging será o representante galego na División de Honra B de rugby. A categoría terá a partir deste ano formato de Liga a unha volta e dará acceso á máxima categoría: Liga Iberdrola. O obxectivo é manterse e actuar como club franquicia do rugby galego servindo para dar minutos e carga competitiva ás xogadoras emerxentes da nosa comunidade. Deste xeito, o salto á elite será menos abrupto.

O corpo técnico está encabezado por Jos Portos e Rogelio Sabio, membros do staff técnico da Federación Galega de Rugby (FGR). O tándem conta con contrastada experiencia e confía no grupo humano que  dirixirán. “Estamos. É un grupo moi ameno, con ganas de aprender, de traballar e de mellorar. Agora ven a parte máis dura, chega a competición, pero temos un grupo fantástico, con ganas de traballar, con ilusión”, explicaba Jos Portos nunha entrevista concedida a As Nosas.

A plantilla conformouse coa idea de contar con xogadoras non só de Lugo, senón de diferentes puntos de Galicia, así hai xogadoras de Ferrol, A Coruña ou Lalín, por exemplo. A idea é que vai servir de equipo franquicia galego para dar saída ás deportistas que destaquen nesta disciplina e facerlles así máis doado o salto á elite estatal.

O Muralla RC acadou o ascenso logo de ter disputado en varias ocasións a fase de ascenso. O seu último subcampionato na Liga Galega deulles dereito a ocupar praza nesta nova competición.

Explicaban desde o club que “se ben se gañou deportivamente o dereito a figurar nesa nova División de Honor B, as dificultades para afrontar o proxecto fixeron que se exploraran vías alternativas, entre as cales xurdiu a posibilidade do amparo do proxecto co paraugas da Federación Galega de Rugby, interesada para o desenvolvemento do rugby feminino en Galicia en reter esa praza na división de prata estatal”.

Froito desta idea común, tras conversas coa FGR, “chegouse ao acordo de empregar a praza como franquicia do rugby galego, co fin de formar a xogadoras emerxentes dos diferentes clubes galegos que reforcen os adestramentos e plantel de xogadoras do Muralla, xunto con staff técnico da FGR encabezado por Jos Portos e Rogelio Sabio como adestrador de dianteira”, detallan desde o Muralla Galicia Emerging.

Quen son os rivais do Muralla?

Xunto co Muralla Galicia Emerging participarán na División de Honor B os conxuntos do Eibar RT, XV Hortaleza, ADI Industriales Las Rozas, Sant Cugat, BUC Barcelona, Les Abelles Valencia e XV Murcia.

Desde este mes de xaneiro e ata marzo xogarase a competición a unha soa volta. Posteriormente vanse disputar dúas semifinais que enfrontarán a 1º contra 4º e 2º contra 3º. Deses cruces sairán os conxuntos que optarán á final. O equipo gañador desde partido decisivo logrará o dereito a ascender á Liga Iberdrola. O último descende á categoría regional correspondente.

O primeiro partido das rapazas que adestran Jos Portos e Rogelio Sabio será o domingo 19 de xaneiro ás 12:00 horas no Estadio Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), diante de ADI Industriales Las Rozas. O equipo técnico di que sairán a gañar.

_______________________________________________________________________

Balóns rugby
Balóns rugby

Le á entrevista a Jos Portos, adestrador do Muralla Galicia Emerging:

“Ímonos poñer nun escenario competitivo completamente distinto ao que están afeitas as xogadoras en Galicia. Por iso é importantísima a actitude”​

 

Consulta aquí todo o calendario desta competición estatal de rugby

Etiquetas Muralla RCrugby
Comparte158Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / CRAT CORUÑA

O CRAT pasa á final da Copa RFER logo de vencer con rotundidade (72-0) ao Ghenova Cocos Rugby

por Redacción As Nosas
15/04/2024
0

  O CRAT Residencia Rialta disputará a final da Copa RFER tras derrotar con contundencia a Ghenova Cocos Rugby (72-0)...

CRAT Residencia Rialta vs Coterva Cocos / DIEGO DOLAN

O CRAT Residencia Rialta disputará as semifinais da Copa RFER contra o Ghenova Cocos Rugby

por Redacción As Nosas
13/04/2024
0

  O CRAT Residencia Rialta da A Coruña recibe en no Estadio de Elviña o domingo 14 de abril a partir...

Xogadoras do HCCF e o deputado de Deportes da Deputación da Coruña acudiron a apoiar ao CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

CRAT Residencia Rialta estará nas semifinais da Liga Iberdrola ao vencer 19-7 ao Silicius Rugby Majadahonda

por Redacción As Nosas
17/03/2024
0

  O CRAT Residencia Rialta venceu 19 a 7 ao Silicius Rugby Majadahonda. Con este triunfo, as galegas xa son ...

A xogadora do CRAT, María Morant co balón nun partido contra Majadahonda / ALBERTO SEGADE

O CRAT Residencia Rialta despide ante o líder, Silicius Majadahonda, a 2ª fase da Liga Iberdrola buscando o pase ás semifinais

por Redacción As Nosas
16/03/2024
0

  A última xornada da segunda fase da Liga Iberdrola de rugby pon fronte a fronte ao CRAT Residencia Rialta...

Ceci, xogadora do CRAT Residencia Rialta, nun partido ante o Sant Cugat en Elviña / ALBERTO SEGADE

O CRAT Residencia Rialta arrinca a segunda fase da liga Iberdrola empatando na casa do CR Sant Cugat (24-24)

por Redacción As Nosas
17/02/2024
0

  Tocou reparto de puntos no ZEM A Guinardera entre o CR Sant Cugat e CRAT Residencia Rialta nesta Logo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA deixa escapar tres puntos nun encontro no que mereceu máis

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA deixa escapar tres puntos nun encontro no que mereceu máis

26/04/2025
Tere Portela na eliminatoria dos Xogos Olímpicos / COE

Teresa Portela anuncia que non acudirá ao Selectivo Estatal e expón o seu desacordo cos “criterios definitivos establecidos pola RFEP”

08/04/2025
A xuíza de atletismo galega Beatriz Rivas vén de ser recoñecida pola RFEA como a mellor do ano 2024 / ATLETISMO GALEGO

A galega Beatriz Rivas, elixida mellor xuíz anual RFEA 2024

03/04/2025
Plantilla do Baxi Ferrol 2024-25 que xoga a Eurocup / UNIVERSITARIO FERROL

EUROCUP 24-25 | O Baxi Ferrol, a pola historia con maiúsculas do baloncesto galego

02/04/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.