• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Maristas deberá vencer en casa a un rival directo pola permanencia

As coruñesas reciben á ADBA, un equipo ao que superan en dous postos pero só nun punto

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
26/02/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Duelo galego entre Rosalía e Maristas / ROSALÍA FEDESA

Imaxe de arquivo do duelo galego entre Rosalía e Maristas / ROSALÍA FEDESA

67
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Cinco xornadas e cinco finais é o que terá que superar o Maristas Coruña para manterse na Liga Feminina 2. A súa salvación non está asegurada, polo que deberán superar o primeiro asalto, ante un rival directo, a ADBA (Agrupación Deportiva Baloncesto Avilés). A cita será o sábado, 27 de febreiro, ás 19:00 horas.

No Grupo A da Liga Feminina 2, no que se enmarcan os conxuntos galegos, os postos finais están moi competidos. Nesta categoría descende o peor de cada grupo e o peor penúltimo de toda a competición, que previsiblemente será o Sevilla do grupo B. As espadas están en todo o alto na loita por conservar un sitio na LF2 o vindeiro curso.

Por iso, as coruñesas do Maristas deben preocuparse moito por non quedar colistas na súa clasificación. Polo de agora, xunto coas tamén galegas do Club Baloncesto Arxil, son o equipo en mellor posición para evitar este posto, pero nada está decidido. Con 27 puntos no seu casilleiro, o Maristas Coruña ocupa agora mesmo a décima posición na táboa clasificatoria, empatando coas pontevedresas, e cun punto máis que A D Cortegada, Ulla Oil Rosalía e o seu rival esta xornada, ADBA. O colista, o conxunto grancanario do Magec Tías, ten só 24 puntos.

Joana Pereira é unha peza clave no conxunto vermello

O xogo do Maristas Coruña debe pasar por buscar unha e outra vez a unha das súas xogadoras estrelas: Joana Pereira. A deportista lusa ten unha media de 12.95 puntos por partido e é a máxima anotadora do seu club desde a liña de tiro libre, cun promedio dun 80% de acerto.

Ademais, nos últimos encontros, malia non atopar a vitoria na maior parte das ocasións, Joana Pereira foi fundamental nos acertos galegos. A portuguesa do equipo galego foi a MVP do seu equipo nos dous últimos encontros disputados.

Nesta fin de semana, como xa pasou na anterior, a xogadora do Maristas Coruña enfrontarase a un dos seus ex equipos. Xa o fixo ante o Magec Tias a pasada semana, e agora o fará ante a Agrupación Deportiva Baloncesto Avilés no que competiu na tempada 17 / 18. Aquel curso a xogadora rematou cunha media de 7,8 puntos por partido, algo menos que a media que leva actualmente, que se sitúa nos 13 puntos.

O Maristas Coruña perdeu o primeiro enfrontamento

Desta forma, vencer ante as asturianas é un paso vital no camiño cara a permanencia para as herculinas. Porén, non será nada sinxelo.

Máis aló da igualdade que mostran os números cando observamos a táboa de clasificación, o certo é que o Maristas Coruña só gañou nunha ocasión máis que as visitantes. Mirando cara atrás, no anterior enfrontamento que tiveron entre si galegas e asturianas, o gañador foi a Agrupación Deportiva Baloncesto Avilés.

Naquela primeira volta, as asturianas leváronse os dous puntos cun resultado 60-49, que lles permitiu saír da mala racha que as mantiña na oitava xornada como o equipo con máis derrotas consecutivas.

No bando coruñés, este partido perdido marcou o inicio dunha caída en picado. Antes deste partido, o Maristas Coruña ocupaba a oitava posición. Con esta derrota chegaron tres máis, que deixaban ás galegas na 13ª posición na xornada 12. Foi un punto de inflexión negativo na súa traxectoria nesta campaña 2020 – 2021.

Desta vez, non hai tempo para a reacción. Os seguintes rivais das herculinas son todos de alto nivel: Construcciones Ardoi, BAXI Ferrol, GDKO Ibaizabal e Celta Zorca Recalvi, así que perder ante a ADBA (Agrupación Deportiva Baloncesto Avilés) non é unha opción nas filas vermellas.

Para este partido, no plantel de Jorge Carreira son dúbida as seguintes xogadoras: Laura Cervelo, Laura Hughes e Eugenia, pero estarán á súa disposición o resto de deportistas da plantilla herculina.

Derrota del Maristas diante do ADBA, un rival directo

Etiquetas A CoruñaAdbabaloncestoJorge CarreiraLF2liga femenina 2liga feminina 2MaristasMaristas Coruña
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Imaxe de arquivo do programa Coruña en Forma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello converte a cidade nun ximnasio ao aire libre cunha nova edición de “Coruña en forma”

por Redacción As Nosas
27/06/2026
0

A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.