• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

O líder da Liga Endesa visita o Pazo Provincial

O Durán Maquinaria Ensino enfróntase ao Spar Citylift Girona na xornada 17

Patri Campos por Patri Campos
18/01/2020
en Liga Feminina Endesa, Baloncesto
Ensino-Spar Citylift, na xornada 17 da Liga Endesa / AS NOSAS

Ensino-Spar Citylift, na xornada 17 da Liga Endesa / AS NOSAS

80
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Fin de semana, de primeiras, compricado para o equipo lucense. O Ensino recibe na casa, no Pazo Provincial dos Deportes, ao líder da Liga Endesa na xornada 17, o Spar CityLift Girona. Será o domingo 19 de xaneiro, ás 18.00 horas.

A pesar de ir primeiras na máxima competición feminina de baloncesto, o Girona vén de perder na súa cancha o fin de semana anterior contra o IDK Gipuzkoa, undécimo na táboa, por tan só unha canastra (53-55). Sendo esta a súa segunda derrota na liga.

“Vai ser un partido moi difícil. Sabemos que Girona non vai chegar no seu mellor momento e ten fichaxes que aínda se están adaptando. A fin e o cabo, é un partido contra o líder no que teremos que dar unha boa imaxe”, falou o adestrador do Ensino en rolda de prensa, Carlos Cantero.

O equipo catalán non contará cunha das súas estrelas: Helena Oma. No segundo cuarto do partido, da xornada 15, a xogara sufriu unha lesión múltiple no xeonllo esquerdo co ligamento anterior. O que fai que non poida estar presente nesta cita. Ademais, tampouco estará Britanny Sykes.

No primeiro partido (xornada 4) no que se enfrontaron estes dous conxuntos (Ensino e Girona) nesta tempada 19/20, a americana endosou un total de 19 puntos, sendo a máxima anotadora do seu equipo. O equipo directivo do Spar anunciou a principios de mes que a xogadora forzou a súa marcha para probar a liga turca, no Cukovora.

Rememorando esa xornada 4, o equipo lucense non se quedou moi lonxe das xironesas. Perderon de oito no pavillón municipal de Girona Fontajau. “A clave para acadar a vitoria nesta ocasión é ver o estado físico no que chegan, xa que xogaron o partido da Euroliga, aproveitar en coller todos os rebotes e beneficiarnos do tiro exterior”, explicou o adestrador lucense.

A xogadora que non nos cabe duda que estará no plantel do Citylift é a nosa galega, María Araújo. A viguesa comezou nas categorías base do Celta Zorka Recalvi. Pero tamén estivo baixo as órdenes de Lino López no Baxi Ferrol durante tres tempadas, nas cales tamén estaba a xogadora do Ensino, Bea Sánchez.

Durante un ano, foi a probar sorte na Basket Liga Kobiet, no Wisla Cracovia. Pero tras recibir a chamada do conxunto catalá regresou á Liga Endesa. No seu palmarés ten un Mundial de Baloncesto Sub-17 e dous ouros no Campionato Europeo Sub-18 e no Sub-20 coa selección feminina de baloncesto.

Primeiro partido para Britanny Dinkins na Liga Endesa

O adestrador do conxunto da cidade amurallada conta con todas as súas xogadoras para esta gran cita. Mais este domingo disfrutará do novo fichaxe, anunciado por As Nosas o pasado mes de decembro, Britanny Dinkins xa está en Lugo.

Dinkins xogará na xornada 17 da Liga Endese / ENSINO LUGO
Dinkins xogará na xornada 17 da Liga Endesa / ENSINO LUGO

“O martes incorporouse. As sensacións son moi boas. Viña cansada da viaxe e do jet lag. Co descanso do mércores pola tarde e da mañá do xoves, verase mellor na cancha o domingo”, apuntou Carlos Cantero sobre a ala-pivot.

Agora no plantel son dez. “Facíanos falta. Súbenos o nivel do adestramento, o nivel do vestiario e a nivel competitivo. Teremos que ver como xoga pero non creo que saía nada mal e será parecido ao que tiñamos con Star Breedlove” di Cantero.

Ademais, tamén fixo unha análise da xogadora: “Baixo o punto de vista táctico, creo que fisicamente está mellor que Breedlove. É unha xogadora intensa en defensa e disciplinada e ten moita facilidade de anotación”.

DATOS DE INTERESE

DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Britanny Miller, Fiona O’Dwyer, Bea Sánchez, Ainhoa López, Laura Aliaga, Kalis Loyd, Atonye Nyingifa, Sheeresha Richards, Aleksandra Stanacev e Britanny Dinkins.

SPAR CITYLIFT GIRONA: Tijania Andusi, Nuria Martínez, Laia Palau, María Araujo, Marta Xargay, Magali Mendi, Naignouma Coulibaly, Adaora Nnenna Elonu  e Sonja Vasic.

DÍA E HORA: 19 de xaneiro, ás 18.00 horas.

CAMPO: Pazo Provincial dos Deportes – Lugo

ÁRBITROS: Ángel de Lucas de Lucas, Alejandro López Lecuona e José María Olivares Bernabeu.

INDICENCIAS: Partido corresponde a xornada 17 da Liga Endesa.

Etiquetas baloncestoEnsinoLiga Endesapazo provincialspar citylift gironaxornada 17
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.