• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

A loita definitiva polo título será unha semana despois, o domingo 24 ás 19.00 horas na Sangriña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/05/2026
en Balonmán, Máis balonmán
Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

29
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro lado haberá un equipo con recursos”.
  • O equipo miñoto visita este domingo (16.00 horas) ao MSK IUVENTA Michalovce de Eslovaquia para disputar a ida da final da EHF European Cup.
  • As 16 xogadoras teñen por diante este venres 14 horas e viaxe ata Michalovce, onde mañá sábado poderán adestrar e coñecer a cidade.

O  Mecalia Atlético Guardés busca pechar a tempada cumprindo un soño. Un soño, e unha ocasión histórica, pois o equipo miñoto xógase esta fin de semana a conquista do segundo título da historia do Club, e o primeiro dunha competición continental tanto para elas coma para un conxunto galego en xeral.

A final da EHF European Cup ábrese este domingo (16.00 horas) en Eslovaquia, entre un  Mecalia Atlético Guardés que chega tan mentalizado e motivado coma o MSK IUVENTA Michalovce que atopará de fronte. Viaxaron as 16 xogadoras durante todo este venres para asentarse na cidade o sábado e dalo todo o domingo sobre a pista do Chemkostav Arena.

A loita definitiva polo título será o domingo 24 ás 19.00 horas na Sangriña.

As de Ana Seabra chegan con ganas e convencidas de que son capaces de facer algo grande. Así o probaron a pasada fin de semana en Donostia, tras un paso pola XLVII Copa da Raíña case perfecto no que quedaron ás portas da gloria por segunda vez na historia do Club.

Pero non hai nada que empane ese subcampionato e esa final, nin o feito de que o equipo miñoto conseguira chegar ao derradeiro chanzo polo título e asegurar, cando menos, a prata en dúas das tres competicións nas que tomou parte este curso; polo que o mérito e o contexto son as principais conclusións a extraer da derrota ante un Super Amara Bera Bera anfitrión e con máis recursos na final do pasado domingo (26-21).

De final en final, chega agora o momento de ter a derradeira palabra da tempada para facerse, por fin, cun ouro do que está pendente non só toda a vila guardesa, senón o deporte galego en todo o seu conxunto.

A primeira oportunidade para camiñar cara a esa dirección comeza esta fin de semana. E non será un camiño de rosas. Pois aínda que o Mecalia Atlético Guardés xa só se centra nesta única competición, o periplo para viaxar a Michalovce engade este domingo unha dificultade extra que tocará tratar de disipar na pista: 14 horas de viaxe sumando avión e autobús para chegar á cidade eslovaca este venres pola noite e gozar, mañá, dunha última xornada de instalación, ximnasio e adestramento in situ, primeira toma de contacto co Chemkostav Arena incluída.

Viaxan 16 xogadoras do Atlético Guardés

Unha experiencia de viaxe que, de novo, pasarán as 16 xogadoras do plantel, todas elas dispoñibles para saltar ao 40×20 a falta dos designios de Ana Seabra. Nas tres xornadas copeiras, esixentes dende o minuto 0 ao 60 (ou ao 70, no caso da semifinal), non se reincorporou aínda ao xogo Cristina Cifuentes, recentemente recuperada da súa lesión a tódolos efectos, polo que pode que esta final europea sexa tamén a ocasión do seu regreso ás pistas.

Polo demais, folga dicir que o maior obstáculo consistirá nun MSK IUVENTA Michalovce que gañou a pulso chegar a esta final europea.

As eslovacas asaltaron a semifinal hai tres semanas na súa propia casa, onde lograron remontar os cinco goles de vantaxe cos que o Bursa Büyüksehir turco partira do primeiro encontro (34-29 na ida, 25-19 na volta; 53-54 o global), principalmente grazas á actuación dunha Iryna Yablonska que superou o 51% baixo paus, con 19 paradas, e á cal o Mecalia Atlético Guardés deberá ter moi en conta nesta eliminatoria decisiva.

Así mesmo, outro dos puntos fortes deste Club que, coma o  Mecalia Atlético Guardés, busca coroarse na súa segunda final na competición (caeu en 2024 ante o Atticgo BM Elche), está no seu ataque rápido e compensado, liderado polo tiro exterior das súas estremos Martina Popovcová e Aline Bieger, así coma a lateral Karina Soskyda.

Tres grandes goleadoras que destacan nun plantel con moita calidade individual e que buscará este domingo facerse grande na súa casa para poñer as cousas difíciles a un equipo miñoto, o Mecalia Atlético Guardés, que, pola súa parte, tratará de forzar que A Sangriña poida ter a derradeira palabra nesta ilusionante loita dentro dunha semana.

Ana Seabra: “Temos moitas ganas de conquistar este reto”

A adestradora do Mecalia Atlético Guardés, a técnica lusa Ana Seabra, valorou este “derradeiro reto da tempada” coma unha oportunidade que o seu equipo “ten moitas ganas de disputar e de conquistar”, pero que non será sinxela. Unha loita pola Copa europea na que “tamén sabemos que ao outro lado hai un equipo motivado e cos seus recursos”, explicou, dando coma sempre importancia e respecto ao traballo dun rival que foi tan capaz de chegar ata aquí coma as súas.

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés: “Tamén sabemos que ao outro lado hai un equipo motivado e cos seus recursos”

A folla de ruta, polo demais, está clara: “Temos que facer, coma principal obxectivo, un bo partido en Eslovaquia que traia a competición viva á casa”.

E, feito o scouting e analizadas as formas de conseguilo, non hai máis secreto ca ese. O que queda, para a técnica, é a emoción por poder escribir un capítulo máis na historia do equipo e do deporte, algo para o que “hai que traballar e preparar ben estes dous partidos”.

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés: “Hai que traballar e preparar ben estes dous partidos”

Na previa deste primeiro encontro da final da EHF European Cup ante o MSK IUVENTA Michalovce a preparadora do conxunto galego, Ana Seabra, concluía: “A ver que pasa, pero a ilusión e as ganas que temos son moi grandes”, concluíu

OS DATOS DO PARTIDO DE IDA DA FINAL DA EHF EUROPEAN CUP

  • EHF European Cup Women
  • Final – Partido de ida
  • MSK IUVENTA Michalovce – Mecalia Atlético Guardés
  • Domingo, 17 de maio de 2026
  • Ás 16.00 horas
  • Chemkostav Arena (Michalovce, Eslovaquia)
  • Streaming on line: https://agalega.gal
Etiquetas Ana SeabrabalonmánEHF EUROPEAN CUPMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.