O Mecalia Atlético Guardés deu comezo á eliminatoria do Q2 da EHF European League na localidade austríaca de Maria Enzersdorf a EHF European League, xogando ante o Hypo Niederösterreich. As galegas venceron por un 21-28 grazas a un gran traballo en equipo liderado por Paula Arcos en ataque.
A eliminatoria decidirase o vindeiro domingo ás 19:00 horas na Sangriña, coa volta disputándose en terras galegas.
Duelo de nivel europeo
O conxunto visitante comezou o partido con dúbidas e con nervios. A defensa aberta local foi unha sorpresa. Pero máis aló diso, as pupilas de Prades precisaron duns minutos de adaptación.
Así, as locais fixeron un 3-0 de saída, pero a reacción do Guardés non se fixo agardar. A base de defensa, cun 5:1 moi profundo e presionante, con Lorena Pérez no avanzado e un extraordinario traballo colectivo anularon o rocoso ataque austríaco.
As xogadoras centroeuropeas presumían de potencia e envergadura, pero lentitude. Así, caeron varias veces en faltas en ataque que permitiron ao conxunto miñoto equilibrar o partido rapidamente e poñerse por diante cunha vantaxe de tres tantos.
A intensidade do encontro era alta e con só 13 xogadoras no banco, ao viaxar sen Descalzo, Anselmo e Nunes, o Guardés comezou a notar a súa falta.
O técnico local apostou por atacar sen porteira, con dobre pivote, puidendo recortar distancias. Malia atascarse durante máis de cinco minutos sen marcar, a escuadra guardesa mantivo o ritmo logrando vencer por un punto ao descanso.
A falta de media hora, as austríacas intentaron remontar, pero a fórmula de Prades estaba a funcionar. Mediante velocidade e intelixencia, as galegas resistiron malia a acumulación de minutos.
No plantel miñota destacou Paula Arcos, quen no avanzado do 5:1 lideraba os ataques para rematar o partido con 9 goles. Estivo preto dela Daniela Moreno, con 7 tantos.
A base de xogo colectivo, as galegas consolidaron su triunfo. Os ataques dinámicos triunfaron sobre o 6:0 local e co paso dos minutos a diferenza aumentou. No tramo final, o Hypo baixou os brazos e o Guardés aumentou a súa vantaxe ata o 21-28 final.
Galería fotográfica
FICHA TÉCNICA
Hypo Niederösterreich (10+11): Hajgato (p.), Lea Krenn (p.), Reichl (p.); Scindler (7), Leitner (3), Neidhart (3), Gorza (2), Dedic (2), Kaiser (2), Hödl (1), Betz (1), Draguljic, Wess, Bauer, Berlini e Pandza.
Mecalia Atlético Guardés (11+17): Carratú (p.), Míriam Sempere (p.) (1); Sandra Santiago (2), Nazaret Calzado, Lore Pérez (2), Ángela Nieto, Lima (1), Arcos (9), Carla Gómez (1), Sancha (1), Pessoa (4), Daniela Moreno (7), e Yaiza Alonso.
Marcador: 3-0, 4-4, 5-7, 6-9, 8-9, 10-11 (descanso); 13-15, 15-17, 16-19, 18-23, 21-25, 21-28 (final).
Árbitros: Ante Mikelic e Petar Paradina (Croacia). Excluíron dous minutos ás xogadoras locais Draguljic, Wess, Neidhart e Kaiser e ás visitantes Nazaret Calzado, Lore Pérez, e Paula Arcos (2).
Incidencias: Partido de ida daa Q2 da EHF European League disputado no BSFZ Südstadt, en Maria Enzersdorf.