• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés salva o trunfo ante o Zuazo (25-23)

As galegas dirixidas por Prades necesitaron da segunda parte para poder sumar os puntos da vitoria | O equipo inicia na noite do xoves a viaxe a Ucraína

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/02/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Atlético Guardés vs Zubileta Evolution-Bm. Zuazo / ©Sportcoeco

Atlético Guardés vs Zubileta Evolution-Bm. Zuazo / ©Sportcoeco

63
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Atlético Guardés sufriu de novo ante o Zubileta Evolution-Bm. Zuazo, como xa sucedeu na primeira volta, para levarse o partido (25-23). Un partido de Liga Guerreras Iberdrola que tivo que adiantarse, xa que esta fin de semana as galegas xogarán a competición europea.

Grazas a unha brillante defensa na segunda metade, sumada ás intervencións en momentos claves de Carratú e á insistencia de Sarah Valero, as de Prades conseguiron adxudicarse a vitoria ante o seu próximo rival copero.

O Guardés pisáballe os talóns ao Zuazo na primeira parte

No comezo do partido, as locais do Atlético Guardés saíron algo frías á pista, ante un Balonmano Zuazo que tivo recentemente varios casos de COVID-19 no seu plantel e tivo que facer unha corentena. Porén, as vizcaínas adiantáronse pronto no marcador. En pouco máis dun minuto, as visitantes marcaban dous goles, nunha penetración de Magdalena Fernández-Agustí e unha contra ben executada da súa irmá Isa.

Pola contra, as galegas tiñan problemas para atopar espazos no 6-0 defensivo vasco pero Arcos, de penetración, e Santiago, de lanzamento exterior, conseguiron empatar 2-2.

No seguinte parcial o ritmo do partido ralentizouse e os erros trababan a ambos equipos. Valero foi excluída, pero o Zuazo só puido marcar a posta vacía a través de Loidi nunha perda local. A vía de Arcos polo lado dereito era a única fórmula que seguían as guardesas, volvendo a empatar.

Ambos técnicos, Prades no bando local e Rodríguez no visitante, apostaban por un 6-0 defensivo cun único cambio, Santiago por Descalzo no ataque galego e Hernández por Puigbó no vasco.

Os fallos nos lanzamentos e perdas eran unha constante aos dous lados da pista e por iso o adestrador guardés decidiu facer un cambio. Santiago saía para ser sustituida por Bugorn, deixando a Arcos no lateral esquerdo. Unha modificación que deu os seus frutos

Valero e Gómez, en posición de pivote, comezaron a recibir con maior facilidade e forzaban tres sete metros ben convertidos pola primeira liña ibicenca.

Con todo, Barros, Loidi e Hernández mantiñan ao Zuazo por diante do Atlético Guardés pola mínima. O cambio de poder chegou grazas ao tanto de Lorena Pérez, ao borde do descanso. Unha vantaxe que medrou algo máis nos seguintes minutos, grazas a Santiago.

As visitantes non baixaban os brazos e unha penetración de Bengoetxea e a exclusión de Rajnohova seguinda da de Prades por protestar unha falta non sinalada, permitiron que as vascas empataran. Así chegou a pausa, co marcador informando do 12-12.

O Guardés salvou o partido nos instantes finais

Despois do paso por vestiarios, o Atlético Guardés buscou a forma de subir unha marcha o ritmo do partido. Buforn e Lima, con grandes lanzamentos exteriores, superaban a Aallà e enlazaban con Valero nos seis metros. Neste segundo tempo, a pivote logrou mellorar a súa actuación da primeira parte e asinou seis goles.

Pola súa banda, o Zuazo guiábase por Magdalena Fernández-Agustí como opción máis clara. Cos acertos de Arcos e Valero, o Guardés situábase xa a tres goles por riba.

Lonxe de rendirse, as vascas enfilaban ben e Erauskin desde o extremo achegaba ao seu equipo ás galegas. Despois dun vaivén de tantos, Carratú despexou o empate case logrado por Encina na contra. Moreno deu osíxeno ao seu equipo, pero Isa Fernández-Agustí encontrou o espazo no exterior para volver a apretar o marcador.

A falta de once minutos para o final, Prades solicitou un tempo morto e fixo entrar a África Sempere como acompañante de Valero, con sete xogadoras de campo. A arriscada aposta saíulle ben ao conxunto galego, grazas á astucia de Valero e os goles de Buforn de penalti e lanzamento exterior.

Carratú detivo dous penaltis, o primeiro no minuto 54 a Loidi para evitar que o Zuazo materializase o gol e outro a Bengoetxea para sellar a vitoria a dous minutos do final.

Podes revivir o partido grazas ao seguinte video:

FICHA TÉCNICA

25) CLUB BALONMANO ATLÉTICO GUARDÉS (12+13): Sempere, Moreno (1), Arcos (3), Valero (7), Descalzo, Lima (2) e Pérez (2) – sete inicial -. Tamén xogaron: Santiago (2), Buforn (7), Gómez, Rajnohova (1), A. Sempere e Carratú (p.s.)

23) ZUBILETA EVOLUTION BM ZUAZO (12+13): Aallà, Erauskin (2), Bengoetxea (4), M. Fernández-Agustí (5), Hernández (1), Loidi (5) e Isa Fernández-Agustí (3) – sete inicial -. Tamén xogaron: Puigbó, Barros (1), Encina (1), Velasco (1), Sánchez e González (p.s.)

RESULTADO CADA 5 MINUTOS:  2-2, 4-3, 6-6, 7-8, 10-9, 12-12 –descanso- 15-14, 18-16, 20-19, 21-20, 23-21 e 25-23

ÁRBITROS: Sergio Rodríguez e Andrés Rosendo (Galicia). Exclusións: Valero, Rajnohova (2) e Arcos por Atlético Guardés e Barros e Puigbó por Zuazo.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente a la Xornada 11 do Grupo A da Liga Guerreras Iberdrola disputado en A Sangriña a porta pechada.

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánguardésJosé I. PradesJosé Ignacio PradesLiga Guerreiras IberdrolaLiga Guerreras IberdrolazuazoZubileta Evolution Bm. Zuazo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Parido de ida das semifinais da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Super Amara Bera Bera / BM PORRIÑO

O Bera Bera dá o primeiro golpe nas semifinais da Liga Guerreras ante o BM Porriño (28-32)

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

Nas semifinais do play off polo título da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán o Conservas Orbe Zendal BM Porriño non...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.