• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés retoma a competición xogando contra o líder, o Super Amara Bera Bera

O intenso xaneiro que agardaban as galegas paralizouse co aprazamento e cancelación de distintos partidos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/01/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Atlético Guardés, A Sangriña / ©Sportcoeco

Atlético Guardés, A Sangriña / ©Sportcoeco

55
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O ano 2021 comezou de maneira accidentada para o Atlético Guardés. O equipo de balonmán contaba con disputar seis partidos en vinte días, pero varios aprazamentos fixéronlles cambiar de plans. No relativo á Liga Guerreras Iberdrola, o seu encontro ante o Super Amara Bera Bera deste sábado, 23 de xaneiro, ás 19:00 horas supoñerá o estreo das da Guarda na segunda volta.

“Seguimos recuperando a xente e iso é positivo”, di o adestrador das galegas, José Ignacio Prades. Para este duelo, terá a todas as xogadoras do Guardés á súa disposición, agás Mazza.

José Ignacio Prades: “Seguimos recuperando a xente e iso é positivo”

Este encontro será un prato forte para retomar a competición regular, xa que o rival das galegas é o actual líder do grupo A, que con 13 puntos en sete partidos, non tivo ningún contrincante que o superase.

Non puido co vixente campión de Liga o propio Guardés no partido de ida, cando perdeu por un resultado de 31-22 no campo das vascas. Esta foi a única derrota que sufriron as xogadoras de Prades este curso, algo que obviamente evitarán repetir nesta segunda volta do campionato de liga.

Remata o parón forzado debido a positivos

Ademais, tras os continuos adiamentos ou suspensións de partidos, as galegas chegan con enerxía e ganas de competir. A anterior xornada, que terían que ter xogado ante o Lanzarote Puerto del Carmen tivo que ser aprazada por un positivo entre as canarias.

A competición europea tamén quedou en stand by ao non poder competir a eliminatoria do Last 16 contra o Club Balonmano Elche, tamén por casos positivos nas filas rivais. Ante a imposibilidade de xogar a ida e a volta, o Guardés pasou directamente a cuartos sen xogar. Agora, a vista xa está posta no seguinte rival: o ucraíno HC Galychanka Lviv.

O Guardés xa ten rival para os cuartos da EHF European Cup

“Temos a incertidume de non saber como nos imos atopar”, explica o técnico sobre este tempo lonxe da pista. Pero as dúbidas non quitan a paixón polo balonmán, que lles fai chegar “con gañas de desfrutar e soltar a adrenalina”, sinalou Prades.

Tamén será o reencontro coa competición regular para as vascas, que levan sen xogala desde o 22 de novembro. O seu adestrador, Imanol Álvarez declarou que ten a “incógnita” sobre o estado do seu equipo, e comentou que “é un partido extrano e imaxino que o Guardés está na mesma situación”.

Duelo de goleadoras

Dúas xogadoras serán culpables do alto nivel de efectividade ante a meta contraria que se agarda ver na pista entre estes dous equipos nesta xornada da Liga Guerreras. Falamos de Paulina Pérez, do Guardés, e Adriana Cardoso, do Bera Bera.

A primeira é a máxima goleadora da categoría. Con 47 tantos nas súas botas, Paulina Pérez leva esta tempada unha media de 7,83 goles por partido. Algo por debaixo, na terceira posición, sitúase a súa opoñente nesta xornada, Adriana Cardoso. A xogadora do equipo vasco ten unha media de 4,86 tantos, con 34 goles acumulados este curso.

Ademais, é indiscutible que o gran rendemento de ambos conxuntos é obra de todo o plantel, o que as sitúan no máis alto da táboa do Grupo A. Xogadoras como Sandra Maqués e Paula Arcos tamén serán vitais no xogo local.

Varias baixas no rival do Guardés

As vascas do Super Amara Bera Bera presentan baixas para este enfrontamento. En concreto, o Bera Bera non poderá contar para este partido con O’Mullony. A xogadora mancouse nun adestramento e sufre unha luxación no ombreiro que a obriga a estar de baixa durante nada menos catro meses. Tampouco estará Boada, nin Eli Cesáreo. Ambas as dúas xogadoras atópanse agora mesmo nun proceso de recuperación de senllas lesións. Outra que será baixa na escuadra vasca é Sara Gil, no seu caso por molestias no cóbado.

Este duelo disputarase finalmente a porta pechada. O Atlético Guardés tiña a intención de xogar ante o seu público pero, atendendo á situación epidemiolóxica na pandemia de COVID-19 que se vive agora mesmo en Galicia e A Guarda, o club tomou a decisión de competir sen público nas bancada.

Porén, a afección si poderá seguir o encontro a través das canles autonómicas de televisión en aberto de Galicia e Euskadi: TVG e ETB.

Etiquetas A GuardaAtlético GuardésbalonmánLiga Guerreiras IberdrolaLiga Guerreras Iberdrolasuper amara bera bera
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

JH-7 BM Granollers vs Mecalia Atlético Guardés / BALONMANO GRANOLLERS

O Guardés tropeza na pista do Granollers (21-14)

por Redacción As Nosas
22/01/2023
0

  O Guardés tivo un mal día na pista do penúltimo clasificado, o KH-7 BM Granollers. A gardameta internacional Nicole...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Motive.Co Gijón BM La Calzada / BM PORRIÑO

O Porriño quere confirmar na segunda volta o seu bo estado de forma

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Terceiro clasificado, empatado a puntos co segundo. Así empeza o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño a segunda volta da...

Mecalia Atlético Guardés vs KH-7 BM Granollers / SPORTCOECO

O Guardés arrinca en Granollers a segunda volta con moita esperanza e confiando no calendario

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés sabe que é clave gañar ao KH-7 BM Granollers para seguir recuperando posicións na táboa...

Mecalia Atlético Guardés vs KH-7 BM Granollers / SPORTCOECO

“Sabemos cal é a liña para seguir gañando”, di Abel González, adestrador do Guardés

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Satisfeito tras o punto de inflexión que supuxeron as tres vitorias da semana pasada,  Abel González, adestrador asturiano do...

O Conservas BM Porriño xunto a Ismael Martínez, o seu adestrador / XOEL GIL - VALONMANOCONV

Ismael Martínez, adestrador do Porriño: “É un partido dificilísimo contra un rival que está en cuartos de final en competición europea”

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Co inicio desta segunda volta na Liga Guerreras Iberdrola o técnico do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, Ismael Martínez...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.