• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés non puido co Aula Alimentos de Valladolid no segundo amigable (29-25)

Tras unha primeira parte seria, con Míriam Sempere baixo paus como baluarte, as galegas acusaron as baixas e pagaron cara a necesidade de facer probas de cara á Copa da Raíña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/08/2020
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Lorena Téllez, del Aula Alimentos de Valladolid, en un lance contra el Atlético Guardés durante la pretemporada / ©VALENTÍN GLEZ DE GARIBAY

Lorena Téllez, del Aula Alimentos de Valladolid, en un lance contra el Atlético Guardés durante la pretemporada / ©VALENTÍN GLEZ DE GARIBAY

99
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Unha vitoria e unha derrota. Este é o balance que obtén o Atlético Guardés dos seus dous amigables de pretempada contra a Aula Alimentos de Valladolid. A cruz foi en Huerta del Rey con derrota por 29-25 (12-13, descanso); a cara, hai uns días en Villacelama, 21-31.

Con esta preparación, marcada pola imposibilidade de xogar amigables en Galicia até onte e as dificultades derivadas da situación actual, o Guardés regresa á Guarda para terminar de preparar a súa participación na Copa da Raíña. O xoves debutará ás 15:30 horas nos cuartos contra o equipo de Peñas.

Elena, Atlético Guardés, pretemporada contra Aula Alimentos de Valladolid / ©VALENTÍN GLEZ DE GARIBAY
Elena Cuadrdo, Atlético Guardés, pretemporada contra Aula Alimentos de Valladolid / ©VALENTÍN GLEZ DE GARIBAY

O partido, tamén como o balance de amigables, tivo dúas caras. A primeira, foi a mellor; e a segunda case para esquecer unicamente polo resultado. Para empezar, Prades introduciu variacións no sete inicial con respecto ao primeiro partido e só repetiron Lorena Pérez, Sandra Santiago e Daniela Moreno. Saíron como novidade Rajnohová no central, Arcos no lateral dereito, Sarah Valero no pivote e Míriam Sempere en portaría.

Os minutos iniciais estiveron marcados polas imprecisións e os erros de lanzamento visitantes que permitiron á Aula abrir o marcador a través de Amaia González de Garibay á contra (1-0). Míriam Sempere fixo a súa primeira intervención do once que encadeou no primeiro tempo -detendo mesmo dous lanzamentos de sete metros-.

A exclusión de Elena Cuadrado por unha acción sobre Arcos deixou ao Guardés en superioridade e buscando a Valero en seis metros, quen se estreou ao segundo intento (1-1). O intercambio de goles sucedeuse até o 3-3, aí catro goles consecutivos das de Prades abriron o marcador (4-7) ata que despois duns minutos broncos Tere Álvarez cortou o refacho visitante e forzou ademais a exclusión de Sandra Santiago (5-7).

Esta inferioridade e as primeiras rotacións mesturadas co pouco atino das guardesas -a pesar dos bos detalles en defensa- permitiron á Aula Alimentos de Valladolid recuperar as táboas a través de Laguna e so Delgado (9-9).

Con minutos para Lima no central, Buforn no lateral e Gómez no pivote chegaron os minutos máis destacados da central portuguesa con tres tantos consecutivos, o último deles de golpe franco directo que eclipsaron os potentes lanzamentos de Téllez e Camejo para pechar o primeiro acto (12-13). Un rexistro axustado e que dá boa conta do duelo de porteiras: Lulú Guerra, 7 paradas, polas 11 xa mencionadas de Sempere.

Retorno á pista de Laura Morais logo da súa lesión

A segunda parte comezou coa volta ás pistas de Laura Morais, a noticia máis destacada do día. A extremo esquerdo, que anotou un gol, viviu a súa primeira convocatoria oficial co Guardés tras pechar a pasada tempada en branco coa súa recuperación de dúas operacións case consecutivas. Unha xogadora máis para que conte con minutos e axude a paliar a escaseza de efectivos: África Sempere, Martina Mazza, Rosario Úrban e Cristina Barbosa foron baixa.

Regresando ao 40×20, Jimena Laguna anotou nunha portaría que pasou a estar defendida por Marisol Carratú (13-13). E outra porteira converteuse tamén en protagonista, como todas na tarde de hoxe. A arxentina asinou oito paradas e o seu homónima valisoletana Carmen Sanz, nove. Elena Cuadrado marcou, Sanz e Carratú pararon de novo, Molés anotou, Buforn estrelou o seu lanzamento ao poste e Sara Molés de novo moi veloz abriu o marcador até o 16-13.

O tempo morto de Prades non conseguiu ser revulsivo para o Guardés

Prades pediu tempo morto, pero non foi un gran revulsivo no que ao tenteador refírese. O técnico do Guardés apostou por xogar con dous centrais (Lima-Rajnohová) e recorrer como no partido anterior a Buforn no extremo dereito para dar descanso a Daniela Moreno. As baixas condicionan. E moito.

Atlético Guardés, pretemporada contra Aula Alimentos de Valladolid / ©VALENTÍN GLEZ DE GARIBAY
Atlético Guardés, pretemporada contra Aula Alimentos de Valladolid / ©VALENTÍN GLEZ DE GARIBAY

A exclusión de Gómez primeiro e a de Arcos minutos despois, levaron ao Guardés a tentar o minimizar a súa desigualdade apostando polo 6 vs 6 en inferioridade e tamén polo 7 vs 6 como recurso. Proba sen éxito e da que Aula Alimentos de Valladolid sacou petróleo con varios goles mesmo do seu gardameta Sanz a meta baleira.

O Atlético Guardés quedou sen marxe de reacción e o seu técnico, Prades, detivo de novo o partido. Houbo incluso un 28-21, máxima renda local, que se maquillou até a derrota final por 29-25.

 


FICHA TÉCNICA

Aula Alimentos de Valladolid (12+17) 29: Carmen Sanz (2), Elba Álvarez (3), Jimena Laguna (2), Mariña Yuan, Claudia Álvarez, Daniela so Delgado (6), Parra, Ángela Neto, Lulú Guerra, Cris Cifuentes (1), Lorena Téllez (1), Mireia Dez, Fátima Koudia, Tere Álvarez (1), Sara Molés (5), Yunis Camejo (2), Elena Cuadrado (4), Rafaela Bergara, Amaia González de Garibay (2) e María Puentes.

Club Balonmán Atlético Guardés (13+12) 25: Sandra Santiago, Lorena Pérez (1), Descalzo, Miriam Sempere, Paulina Pérez (4), Patrícia Lima (4), Paula Arcos (5), Sarah Valero (4), Carla Gómez, Marisol Carratú, Erika Rajnohová (5), Laura Morais (1) e Daniela Moreno (1).

Marcador cada 5′:  1-2, 3-5, 4-7, 6-7, 9-9, 12-13 (descanso), 16-13, 19-18, 23-20, 28-21, 29-23, 29-25 (final).

Árbitros: Luís Colmenero e Víctor Rollán (Valladolid). Excluíron por parte das locais a Koudia, Camejo (2) e Cuadrado e por parte do Guardés a Santiago, Buforn, Arcos e Gómez.

Incidencias: Partido amigable. VII Trofeo Ciudad de Valladolid. Memorial Alfonso Rodríguez.

 

Etiquetas Atlético Guardésaula alimentos de valladolidbalonmánCB Atlético Guardésguardéspretemporada
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

por Redacción As Nosas
12/06/2025
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no serán de hoxe a ‘Xira Galega de Balonmán...

Presentación da fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán / XUNTA DE GALICIA

Galicia acolle a fase final do Campionato de España infantil feminino de balonmán

por Redacción As Nosas
27/05/2025
0

  Esta tarde, ás 17:00 h, tivo lugar na Casa do Deporte de Vigo a presentación oficial do Top 8, a...

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

por Redacción As Nosas
18/05/2025
0

  O  Conservas Orbe Zendal BM Porriño queda a un chanzo do título ao perder por un só gol diante do...

O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

por Redacción As Nosas
16/05/2025
0

  Todo a Europa. Esa é a aposta do Conservas Orbe Zendal BM Porriño que ten diante de si facer...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

  O Conservas Orbe Zendal BM Porriño pecha a tempada ligueira cunha derrota na casa diante dun sólido rival, o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Marta Llamedo / CV ARENAL EMEVE

A líbero Marta Llamedo reforza ao CV Arenal Emevé

04/07/2025
Jéssica Bouzas está competindo en Wimblendon / WIMBLENDON

Jéssica Bouzas, á segunda rolda en Wimbledon

02/07/2025
Irene Osayande / CV ARENAL EMEVÉ

Irene Osayande, potencia e personalidade para o centro da rede do CV Arenal Emevé

01/07/2025
Lorena Patiño, ouro na categoría Junior da proba de Amurrioko Ziklokrosa do Campionato de España de Ciclocrós en 2024/ RFEC

A Selección de Galicia Júnior de XCO triunfa con Lorena Patiño no colofón da Copa de España

30/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.