• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés desquítase da derrota co Bera Bera á conta do Pereda (17-33)

Destacou o traballo ofensivo coral con repartición de tarefas para todas as xogadoras do conxunto que adestra Prades | Míriam Sempere asinou oito paradas na primeira parte | Finalmente Martina Mazza non entrou na convocatoria

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/02/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / LIBERTYHUGO PHOTO
91
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Atlético Guardés colleitou esta tarde na Albericia de Santander una avultada vitoria contra o Uneatlántico Pereda (17-33, 9-20 ao descanso).

Ademais de volver saborear a cara amable do deporte, as de José Ignacio Prades aproveitaron a décima xornada da liga Guerreras Iberdrola para desquitarse da derrota contra o Bera Bera fai quince días e coller impulso para o cinco semanas maratonianas que lles esperan.

La Albericia acolleu o cruce Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / PEREDA
La Albericia acolleu o cruce Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / PEREDA

As xogadoras que adestra o técnico Santiago Abascal só aguantaron o ritmo das galegas os primeiros minutos do partido desta tarde de sábado (minuto 2:25, 2-2 e minuto 5:29, 3-4), antes de sucumbir ás contras visitantes como resultado os seus propios erros e ver como Miriam Sempere botaba o ferrollo á portaría con oito intervencións baixo paus.

O partido entre santanderinas e guardesas xa estaba decidido ao descanso no que o luminioso marcaba un resultado de 9-20 a favor das galegas.

Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / LIBERTYHUGO PHOTO
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / LIBERTYHUGO PHOTO

O segundo acto do encontro serviu a José Ignacio Prades para facer probas no seu equipo e tamén para dosificar esforzos de cara a serie de partidos que as galegas deberán afrontar nas vindeiras semanas. Por ese motivo, houbo reparto de minutos sobre a cancha para todas as xogadoras. Así, unicamente Buforn quedou sen xogar (saíu a lanzar un par de 7 metros) e a arxentina Martina Mazza que, se ben viaxou co equipo, finalmente non entrou na convocatoria para o choque de hoxe no pavillón La Albericia de Santander.

O partido comezou con moito ritmo e unha igualdade efémera. A boa defensa do Atlético Guardés unida aos erros das locais íase reflectindo no marcador.

Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / SPORT PUBLIC TV - YOUTUBE
Rosario Urban do Atlético Guardés dóese dunha caída tras marcar un gol / SPORT PUBLIC TV – YOUTUBE

 

Primeiro foi unha mínima brecha e os contragolpes foron aos poucos dando ás ás de Prades. 4-7, 4-8, 5-11, 7-13 e cando o Atlético Guardés case dobraba de novo no marcador, o técnico local, Santiago Abascal, pediu tempo morto para revolucionar o seu sete inicial.

Miriam Sempere e Sol Ceballos (gardameta local) protagonizaban un bonito duelo baixo paus, pero a boa serie era máis favorable para a porteira guardesa. Entre as paradas da alacantina (oito na primeira parte), dúas exclusións locais case consecutivas e os seus propios erros o Uneatlántico Pereda vía como se lle atragantaba o partido.

Mentres tanto, no Atlético Guardés, todas as xogadoras ían achegando no colchón goleador e a defensa tamén continuaba dando réditos.

Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / SPORT PUBLIC TV - YOUTUBE
Xesto de unión de equipo do Atlético Guardés no pavillón La Albericia de Santander / SPORT PUBLIC TV – YOUTUBE

A renda ao minuto 25 xa era de 10 tantos (8-18) para o equipo galego. Mentres o Uneatlántico Pereda de Santander xa acumulaba xa máis de seis minutos sen anotar.

José Ignacio Prades aproveitaba ese momento para pedir tempo morto a falta de minuto e medio e xestionar con éxito a inferioridade pola exclusión de Estefanía Descalzo (9-20 para o descanso) a pesar de que Belén Saez rompía a seca local.

Chegouse ao descanso cun marcador de 9-20 para o Guardés

A segunda parte estreouse cun novo duelo entre Sol Ceballos e Miriam Sempere. Antes de dar paso ás súas compañeiras, aínda fixeron paradas de mérito e a porteira local alcanzou a decena de balóns atallados. O Guardés saíu un pouco descolocado do paso por vestiarios e no 40 Prades decidíase a parar o partido para tentar que a defensa 5.1 local non asfixiase o ataque galego.

Carratú tamén se ía entoando baixo paus, aparecían Barbosa e África Sempere en pista e aínda que o rexistro anotador estaba a ser bastante máis discreto que no primeiro acto con 6 goles en 15 minutos, as de Prades non viron perigar a vitoria en ningún momento.

Só faltaron por anotar Estefanía Descalzo, Carla Gómez e as dúas porteiras – Sempere e Carratú – e por sorte cada unha puido achegar algo á vitoria deste fin de semana. Houbo uns minutos frouxos, si, pero o Guardés volveu subir unha marcha e ao final, e mesmo coa exclusión de Sempere nos últimos minutos e dun parcial sen anotar, sentenciou cun contundente 17-33 asinando o último gol a capitá Sempere.

 

1 de 8
- +
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / SPORT PUBLIC TV - YOUTUBE
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / LIBERTYHUGO PHOTO
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / SPORT PUBLIC TV - YOUTUBE
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / SPORT PUBLIC TV - YOUTUBE
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / SPORT PUBLIC TV - YOUTUBE
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / SPORT PUBLIC TV - YOUTUBE
La Albericia acolleu o cruce Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / PEREDA
Uneatlántico Pereda vs Atlético Guardés / LIBERTYHUGO PHOTO

As de José Ignacio Prades rematan o día ubicadas en terceira posición na táboa clasificatoria con 12 puntos no seu casilleiro por detrás do Rincón de la Fertilidad Málaga (segundas) e as líderes do Bera Bera, contra das que as galegas perdían na Sangriña hai dúas semanas por un marcador de 22 – 31.

O seguinte reto das da Guarda será a Xornada undécima do Grupo A da Liga Guerreras Iberdrola que medirá ao Club Balonmán Atlético Guardés contra do Zubileta Evolution – Bm. Zuazo. O partido está fixado para o mércores 10 de febreiro ás 20:00 horas na Sangriña. Os colexiados designados para dirixir o choque son os galegos: Sergio Estévez e Andrés Rosendo. Debido ás restrición santiarias que marcou a Xunta de Galicia hai unhas semanas, o partido terá que disputarse a porta pechada para buscar frear o contaxio da COVID-19.

📰 | J.10 @IberdrolaDHF 💚

👏 El Guardés se desquita a costa del @bmpereda (17-33, 8-20 al descanso)

🙅‍♀️@Miriaam11, diez paradas

🤾‍♀️Aportación coral de todo el EQUIPO

La crónica, ya en la web ➡️ https://t.co/zfdRr8oCCY 💙 pic.twitter.com/sv1QNNrHEK

— Club Bm. Atl. Guardés (@Atlguardes_ofic) February 6, 2021

FICHA TÉCNICA

17) UNEATLÁNTICO PEREDA (9+8): Marta Sainz, Danielle de Sousa (3), Sandra Rodríguez (1), Andrea Pellón (1), Lydia Blanco (1), Sheila Hiraldo (6), Verónica Berastain (1), Paula González, Sol Ceballos, Claudia Sáez, Aida Brull, Belén Sáez (3), Alba Fernández e Marina González.

33) CLUB BALONMANO ATLÉTICO GUARDÉS (20+13): África Sempere (1), Sandra Santiago (4), Lorena Pérez (3), Estefanía Descalzo, Miriam Sempere, Paulina Pérez (2), Patrícia Lima (2) , Cristina Barbosa (1), Rosario Urban (2), Paula Arcos (4), Sarah Valero (4), Carla Gómez, Marisol Carratú, Erika Rajnohová (3), Laura Morais (3) e Daniela Moreno (4).

RESULTADO CADA 5 MINUTOS:  2-3, 4-7, 5-10, 8-14, 8-17, 9-20 (descanso), 10-22, 13-24, 14-26, 14-28, 14-32, 17-33 (final).

ÁRBITROS: Luis Colmenero e Víctor Rollán (Castilla y León). Excluíron a  Danielle de Sousa, Andrea Pellón e Alba Fernández por parte das locais e a Estefenía Descalzo, Patrícia Lima e Sempere do Atlético Guardés.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á Xornada 10ª do Grupo A da Liga Guerreras Iberdrola disputado en La Albericia (Santander) a porta pechada.

Etiquetas A GuardabalonmánCB Atlético GuardésUneatlántico Pereda
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.