• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Guardés cae na ida ante o Zuazo (27-24)

O conxunto galego perdeu o partido na segunda metade, ao encadear doce minutos sen anotar

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/03/2021
en Máis balonmán, Balonmán
Zuazo - Atlético Guardés na ida da 2ª fase de Copa / ATLÉTICO GUARDÉS

Zuazo - Atlético Guardés na ida da 2ª fase de Copa / ATLÉTICO GUARDÉS

72
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Para asegurar o seu pase á fase final da Copa da Raíña, o Atlético Guardés deberá remontar tres goles. No seu partido da ida da segunda fase, ante o Zubileta Evolution BM Zuazo, as galegas caeron por un 27-24.

Os esforzos da primeira metade, que deixaba o encontro nun empate ao descanso, foron insuficientes na segunda parte. O equipo dirixido por Prades sumou doce minutos sen anotar, o que lle valeu a derrota final.

Un pulso na primeira parte

O duelo comezou cun man a man entre vascas e galegas, cun ritmo frenético cheo de ataques rápidos e cos puntos subindo como a escuma para ambos conxuntos.

O avance de tantos só tivo unha interrupción nun lanzamento de sete metros marrado por bando, polo cal Buforn chocou contra o pao da portería local e Sempere saltou á pista para defender á visitante.

A activa dinámica do partido cambiou coa defensa do Atlético Guardés. O equipo de Prades subiu o nivel e Erika Rajnohova afinou no seu ataque. A central eslovaca demostra o seu talento co acerto na dirección e no lanzamento, e as galegas seguiron o seu ritmo.

As ofensivas visitantes aumentaron coa entrada de Sandra Santiago desde o banco, cun parcial 0-3 que lles daba a vantaxe momentánea. Pero co vaivén de ocasións e transformacións, o Zuazo devolveulle o ataque ás galegas cun parcial 6-0 tras un tempo morto. Finalmente, as vascas igualaban ao Guardés xusto antes do descanso (15-15).

Bloqueo do Guardés na segunda

Tras o paso por vestiarios Prades moveu ás súas xogadoras, cambiando a Sempere por Carratú baixo paos e con Patricia Lima para compartir a dirección ofensiva con Rajnohova.

Os primeiros minutos facían presaxiar un resultado favorable para o Guardés. Cun tanto de Buforn desde os sete metros e a exclusión de Alba Sánchez, as visitantes poñíanse no 16-18.

Víndose por  debaixo, o equipo vasco reaccionou con forza e cunha melloría defensiva con Aallà destacando na portería. Un parcial 5-0 ao seu favor tumbaba ás do Baixo Miño. Prades viuse obrigado a perdir un tempo morto, pero o seu plantel acumulou ata doce minutos sen anotar.

Arcos foi a responsable de romper esta mala racha, cun lanzamento que culminou unha boa circulación en superioridade pola exclusión de Bengoetxea.

Porén, xa era tarde. As galegas perderan o ritmo e xa non tiñan continuidade en ataque, sendo sempre freadas por unha Aallà incomensurable. A ausencia de Sarah Valero por un choque e o acerto do Zuazo en ataque poñía en perigo ás visitantes.

Grazas a Arcos, que foi a máxima anotadora do Guardés, as de Prades mantiñan as súas opcións, pero sen chegar a materializalas. Cun tanto de Urban as locais estaban a un gol de distancia a dous minutos do final. Con todo, este sería o último tanto das galegas, que perderon por tres tantos ante o Zuazo.

O partido de volta, que se celebrará en A Sangriña, aínda non ten data. A ida tivo que modificar a súa data orixinal debido a un brote de COVID-19 no conxunto vasco, e a posibilidade de xogalo na mesma fin de semana non se levou a cabo polas convocatorias internacionais en ambos bandos.

FICHA TÉCNICA

27) ZUBILETA EVOLUTION BM ZUAZO (15+12): Aallà; Erauskin (4), Magdalena Fernández-Agustí (4), Alba Sánchez (7), Loidi (3), Velasco (1) e Ainhoa Hernández (1) -sete inicial-. Tamén xogaron: Isabel Fernández-Agustí, Maider Barrios, Arozamena, Encina (1), Puigbò (3), Bengoetxea (3), Blázquez, Romero e Ariadna González (p.s.).

24) CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS (15+9): Carratú; Urban (3), Buforn (2), Descalzo, Sarah Valero (2), Paula Arcos (6) e Lore Pérez (2) -sete inicial-. Tamén xogaron: África Sempere, Sandra Santiago (4), Lima, Barbosa, Gómez, Rajnohova (5), Morais e Míriam Sempere (p.s.).

RESULTADO CADA 5 MINUTOS: 3-3, 4-6, 7-8, 11-11, 12-14, 15-15 –descanso- 16-17, 18-18, 21-18, 21-20, 23-21 e 27-24.

ÁRBITROS: Jorge Monjo e Óscar Gutiérrez (Madrid). Exclusións: Descalzo e Lore Pérez no Atlético Guardés e Alba Sánchez (2), Loidi e Bengoetxea no Zuazo.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á ida da segunda fase da Copa da Raíña disputada en Lasesarre (Barakaldo).

Etiquetas A GuardaAtlético GuardésbalonmánCopa da Raíña BalonmánguardésJosé I. PradeszuazoZubileta Evolution Bm. Zuazo
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Abegondo, campión benxamín da Copa 5x5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Abegondo e Abegondo superstar, campións da 1ª edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

  Rematou en Camariñas a primeira edición da Copa 5x5 Deputación da Coruña Balonmán na Rúa co Abegondo como gran...

Cecilia Cacheda ficha polo Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cecilia Cacheda ficha polo Mecalia Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

A xogadora galega procede do Motive.co Gijón, onde militou catro tempadas, pero Cecilia Cacheda é canteirá do Porriño. A súa...

Cristina Cabeza, nova adestradora do Atlético Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza substitúe a Ana Seabra á fronte do banco do Mecalia Atlético Guardés para o curso 2023-24

por Redacción As Nosas
18/05/2023
0

  A actual seleccionadora xuvenil, Cristina Cabeza, encabezará o novo proxecto do club miñoto. A preparadora madrileña, de 46 anos,...

Presentación do Open 5X5 Santa Comba de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Santa Comba acolle o Open 5×5 de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  Mañá e pasado (12 e 13 de maio) celebrarse o Open 5x5 Concello de Santa Comba de Balonmán na...

Rocasa Gran Canaria vs Mecalia Atletico Guardes, play-off polo título Liga Guerreras Iberdrola 2022-23 / ATLÉTICO GUARDÉS

O Guardés sucumbe en Gran Canaria ante o Rocasa e queda eliminado do ‘play-off’ cun resultado de 25-21 no último partido

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés acusou o esgotamento físico e mental da final da Copa Europea. O gran nivel de...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.