• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

O obxectivo final das galegas, subcampioas do torneo do KO, pasa a ser a loita pola EHF European Cup que comezará o vindeiro domingo en Eslovaquia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/05/2026
en Balonmán, Máis balonmán
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

40
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Mecalia Atlético Guardés non puido facerse co título copeiro este domingo, nunha final na que o vixente campión e anfitrión, o Super Amara Bera Bera, foi superior en todoso os ámbitos do xogo. As galegas son subcampioas do torneo do KO.

O resultado sabe a pouco pero non desmerece o extraordinario paso do equipo polo torneo do conxunto galego, acadando a súa segunda final histórica e facéndose subcampión grazas a dúas xornadas sobresaíntes.

O obxectivo final do Mecalia Atlético Guardés pasa a ser a loita pola EHF European Cup que comezará o vindeiro domingo en Eslovaquia.

Ao Guardés vólveselle escapar a Copa da Raíña, e céntrase agora en Europa (26-21). O equipo miñoto non puido co vixente campión e sucumbiu ao Super Amara Bera Bera na final da XLVII Copa da Raíña xogada este domingo en San Sebastián.

O equipo miñoto sufriu para marcar goles na primeira parte para mellorar na segunda, pero non foi capaz de recuperarse dos catro goles de renda cos que chegou ao descanso a pesar de quedarse a só dous en varias ocasións. No ataque golearon Téllez e Ramos (5 goles cada unha), pero con esforzos moi pouco repartidos esta vez.

O Mecalia Atlético Guardés céntrase agora na final europea que comezará a próxima fin de semana en Eslovaquia, en casa do MSK IUVENTA Michalovce.

O conxunto galego queda ás portas do título copeiro unha vez máis, pero é subcampión con todas as honras. As de Ana Seabra non puideron este domingo cun Super Amara Bera Bera , anfitrión e vixente campión, que foi superior tanto en defensa como en ataque e que amarrou o título a finais do primeiro tempo ao facerse cunha renda de catro goles que xa non volveu perder por completo.ç

Nin os cinco goles que sumaron Téllez e Ramos (cada unha) nin a portería de Balzinc puideron esta vez repetir a fazaña das dúas xornadas anteriores, e o equipo miñoto pensa xa en conquistar o terceiro campionato no que participaba esta tempada: a EHF European Cup, cuxa final empeza o vindeiro domingo 17 en Eslovaquia e terminará o 24 na Sangriña.

Seareiros galegos na final da Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO
Seareiros galegos na final da Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM – JL RECIO

O primeiro acerto desta inédita final copeira chegou da man de Lorena Téllez, pioneira despois da ocasión inicial perdida das anfitrioas. Pero Maitane Echeverria tiña outros plans e empatou a contenda pouco despois, deixando entrever equilibrar dun partido que prometía ser non apto para cardíacos (1-1, min. 3).

O encontro converteuse pronto nunha pelexa puramente defensiva. Senllas barreiras facían o imposible por evitar o movemento do balón entre rivais, forzando pases e lanzamentos desesperados que xa desembocaran en dúas perdas por cada bando e nunha ausencia de goles máis que notable (1-1, min. 8).

Sería un partido moi esixente fisicamente e sen respiros, polo que a clave podería tela o persoal que chegase en mellor forma aos minutos decisivos. Seis minutos despois do último, Ania Ramos encaixaba por fin o esférico na rede de Lucía Prades, quen bloqueara xa outros dous intentos guardeses nos instantes previos (1-2, min. 10).

Pareceu animarse un pouco entón a chegada de goles, co Super Amara Bera Bera comezando a responder e as dúas propostas ofensivas xa máis engraxadas. Empatou Elba Álvarez, extrémoa palentina quixo ter a última palabra e arrebatoulle de novo o liderado ás galegas Ogonovszky, anotando o 3-3 (min. 12).

Inmediatamente despois, a ocasión aproveitada da mesma Álvarez desde os sete metros puxo por primeira vez por diante ao conxunto donostiarra, que xa colleu carrerilla para transformar outros dous roubos e desarmar a un banco guardés ao cal só lle quedaba invocar ao primeiro tempo morto (6-3, min. 15).

A continuación, o ataque miñoto pareceu atopar o camiño con maior facilidade que antes das palabras de Ana Seabra ás xogadoras do Mecalia Atlético Guardés, pero o balón de María Sancha topouse cunha nova parada de Prades e frustrou as opcións de iniciar a remontada. Por sorte, Amandine Balzinc viña disposta a continuar o seu espectacular desempeño neste torneo copeiro, e ás 19 paradas da semifinal de onte quixo sumar a terceira deste domingo, dando ás a unha capitá que si logrou chegar á rede na xogada seguinte (6-4, min. 17).

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM – JL RECIO

Pero seguía acosando a liña defensiva local ao seis mecaliano, mesmo agora que se transformara nun sete. Mica Rodrigues non tardou en responder a ese último gol da primeira liña palentina e Carmen Arroyo aproveitouse entón da portería sen protección para levar a renda a niveis algo perigosos (8-4, min. 21).

E con todo, non quería irse o Mecalia Atlético Guardés sen dar a batalla. As xogadoras que adestra Ana Seabra evocaron as sensacións das dúas últimas xornadas para responder cun 0-2 que deixaba as súas opcións máis abertas, apertando cunha defensa máis aberta para buscar meter presión a un Bera Bera máis mermado en efectivos. Logrouno, chegando aos cinco minutos finais do primeiro asalto dous goles por baixo (9-7, min. 24).

Álvarez seguía de doce e decidida a frustrar calquera intento de recuperación galega, anotando un novo canón que facía máis difícil aínda escalar o marcador (10-7, min. 26). Minutos despois, Imanol Álvarez parou o tempo para planificar os trinta segundos finais, executados perfectamente por unha Giuliana Gavilán que poñía a guinda a esta primeira parte (11-7, min. 30), obrigando ao Mecalia Atlético Guardés a buscarse algún as baixo a manga na segunda metade para reverter a situación desta final copeira.

Iniciou con intensidade a segunda parte o equipo miñoto do Mecalia Atlético Guardés, da man dunha Lorena Téllez que anotaba o primeiro aos dous minutos do chifre para comezar a remar. Pero volveu crecerse o anfitrión vasco, máis solto en ataque e cun piar fundamental en Lucía Prades, que sumaba xa oito intervencións baixo paus. Pasaban xa os cinco primeiros minutos do período cando o Bera Bera levaba a vantaxe a máximos (15-9, min. 36).

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM – JL RECIO

O Guardés intentouno até o final

E foi entón cando cambiou o ritmo, o Mecalia Atlético Guardés sacou forzas de onde xa non as tiña e, a partir de tres exclusións case consecutivas, dúas delas simultáneas, entre as filas donostiarras, o equipo miñoto comezou a pelexar de verdade por levarse o partido.

Un impresionante 0-3 apertaba as cousas e mantiña vivo o soño da bancada do  Inferno, e o ambiente podía cortarse xa cun coitelo cando o técnico do Super Amara Bera Bera decidiu volver parar o partido preocupado polas intencións dun rival sen nada que perder (16-13, min. 41). Pero á continuación as xogadoras que adestra Ana Seabra seguiron loitando, mantivéronse na loita por baixar a renda aos dous goles e a adestradora guardesa foi agora quen sacou a lousa para encarar os quince minutos finais cun novo ataque a sete (18-15, min. 43).

Atopou o oco Ania Ramos para seguir navegando na mesma dirección e continuaba unha disputada segunda parte na que o Mecalia estaba a ser superior, pero non o suficiente como para salvar o colchón asegurado polas de San Sebastián antes do descanso. Non cedía o anfitrión e recuperaba de novo o oco de catro (21-17, min. 47).

E a partir de entón non lle quedou moito máis que dicir ao Mecalia Atlético Guardés ante un rival que se viu claramente superior sobre o 40×20, levantado ademais polos case 5.000 asistentes que vestían as súas cores.

Apabullou a ofensiva local ás deportistas que prepara Ana Seabra, que loitaron o que puideron pero se vían atadas xa de pés e mans por todas as frontes.

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM – JL RECIO

Tampouco o poñía nada sinxelo a defensa anfitrioa, cuxa gardameta non brillou tanto nesta segunda parte pero continuou estando presente nos momentos decisivos. Achegábase á súa décima Copa da Raíña pola mesma vantaxe o Super Amara Bera Bera cando quedaban cinco para o final (26-20, min. 20), e só a exclusión de Carmen Arroyo instantes despois deu ao equipo miñoto a oportunidade de ter a última palabra, da man dunha Blazka Hauptman que pechaba o encontro e daba ás súas un subcampeonato copeiro histórico (26-21, final).

Un resultado que sabe a pouco tendo en conta o gran desempeño das galegas nas últimas dúas xornadas e as dificultades que o campión afrontou nunhas semifinais nas que o Elda Prestigio case lle arrebata o billete finalista; pero que non desmerece o feito de chegar a loitar polo título con todo o que implica.

Agora, a completar a fazaña europea co apoio dunha A Sangriña que non quererá quedarse sen a segunda final da tempada.

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM – JL RECIO

FICHA TÉCNICA:

26 ) SUPER AMARA BERA BERA (11+15): Nicole Wiggins (p.), Elba Álvarez (7), Eszter Ogonovszky (3), Laura Hernández, Lisanne Kruijswijk, Maitane Echeverria (3), Elke Karsten (2), Elena Amores (1), Anne Erauskin (1), Micaela Rodrigues (1), Giuliana Gavilán (3), Lucía Prades (p.), Carmen Arroyo (3), Sora Ishikawa, Haizea Urretabizkaia e Elene Fresco.

21) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (7+14): Sabina Mínguez (p.), África Sempere, Jazmín Mendoza, Blazka Hauptman (4), Lorena Téllez (5), Cecilia Cacheda (1), María Palomo (1), Rosane Serrano, Elena Martínez, Cristina Cifuentes, Carme Castro, Nerea Gil, Ariana Portillo (1), María Sancha (4), Ania Ramos (5) e Amandine Balzinc (p.).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-1, 1-2, 5-3, 7-4, 9-7, 11-7, 14-9, 16-12, 18-16, 22-18, 25-20, 26-21.

EQUIPO ARBITRAL: Alejandro Hoz e Axel Riloba. Amonestaron con tarxeta amarela ás locais Eszter Ognovszky e Imanol Álvarez (adestrador), así como á xogadora visitante Ania Ramos. Excluíron con dous minutos ás deportistas do conxunto local Elena Amores (2), Giuliana Gavilán, Elene Fresco, Maitane Echeverria, Eszter Ogonovszky e Carmen Arroyo, así como á xogadora visitante María Sancha.

INCIDENCIAS: Partido de final da XLVII Copa da S.M. a Raíña, disputado na plaza de toros de Illunbe – Donostia Arena (San Sebastián).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de é é (@atleticoguardes)

Etiquetas Ana Seabrabera beraCopa da Raiñaguardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  O equipo miñoto volveu mostrar a súa mellor versión este sábado ao saír airoso dunha polémica semifinal da XLVII...

Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés quítase a espiña do Beti-Onak e avanza a semifinais da Copa (23-27)

por Redacción As Nosas
08/05/2026
0

  O  Mecalia Atlético Guardés superou a primeira proba desta XLVII Copa da Raíña e puido quitar a espiña para...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.