- Sandra Radovic: “Estou moi feliz de formar parte do Guardés”.
- A xogadora, internacional coas categorías inferiores do seu país, dispón dun enorme poderío defensivo, ao que agrega capacidade de lanzamento exterior en ataque.
- Posúe un físico espectacular e unha importante envergadura grazas á súa 1,78 de altura.
A novena fichaxe do Mecalia Atlético Guardés para a tempada 2023/24 xa é unha realidade. Sandra Radovic reforza a primeira liña do equipo de Cristina Cabeza, especialmente a defensa. Porque, sen chegar a ser unha especialista como tal (tamén pode ofrecer achega en ataque), a nova incorporación do equipo miñoto, procedente do Pontinia italiano, está chamada a converterse nun puntal do armazón de retagarda do equipo que dirixe a adestradora madrileña.
Sandra Radovic é natural de Belgrado, a capital serbia, e ten 25 anos. A pesar da súa mocidade, tivo vivencias profesionais en cinco países e España será o sexto. É dicir, que conta cunha bagaxe ampla e unha notable experiencia que poñer ao servizo do grupo. Sandra Radovic destaca polo seu impoñente físico. Mide 1,78 e exhibe un corpo moi traballado, capaz de despregar moita potencia.
O seu desempeño darase, maioritariamente, no centro do 6:0, aínda que tamén pode exercer no ‘2’. En ataque, actúa no lateral esquerdo (é destra) e a súa principal arma é o seu poderoso lanzamento exterior.
A nova xogadora do Mecalia Atlético Guardés foi internacional en todas as categorías inferiores de Serbia. A última tempada Radovic xogou no Pontinia, localidade italiana situada a 90 quilómetros de Roma. Co seu equipo, Sandra Radovic finalizou cuarta da liga regular transalpina e perdeu en semifinais do play-off polo título contra o conxunto italiano do Jomi Salerno, foi xustamente ese rival quen, ao cabo, resultaría campión da competición. Foi a súa segunda experiencia en terras de Italia.
Antes de xogar no conxunto do Pontinia, Radovic xa tiña xogado dous anos, en concreto entre os anos 2019 e 2021. Esa etapa pasouna a nova fichaxe do Mecalia Atlético Guardés no Nuoro.
Entremedias, a xogadora internacional serbia un paso pola segunda división francesa nas filas do Ajaccio. A súa traxectoria deportiva empezou no seu club de formación en Serbia, o Obrenovac, daquel conxunto a deportistas deu o salto ás filas do Kragujevac xa en idade sénior. De alí pasou ao Yenimahalle Ankara turco e logo ao Bekescsaba de Hungría.
Radovic é unha trotamundos do balonmán. En total, ten xogado en clubs de catro países ademais do seu propio, Serbai. Na liga Guerreras Iberdrola de España coñecerá o sexto.
Sandra Radovic: “Considero a cada equipo a miña familia e aquí será o mesmo”
Tras pasar uns días coñecendo a localidade galega da Guarda e as instalacións coas que conta o club Mecalia Atlético Guardés, Sandra Radovic comenta xa desde Serbia que sente “moi feliz de formar parte do equipo”, apunta que lle “gusta moito” o seu novo lugar de residencia e móstrase ansiosa por comezar a traballar.
“Non podo esperar a que comece a tempada. Agora só fáltame coñecer ás compañeiras e empezar a adestrar duro para sacar bos resultados”, destaca a xogadora de Belgrado, que demostra o seu espírito colectivo coas súas palabras.
Sandra Radovic, nova fichaxe do Mecalia Atlético Guaradés declaraba ao fío da súa presentación: “Sempre darei o mellor de min para conseguir os mellores resultados para o equipo”
“Considero a cada equipo a miña familia e na Guarda será o mesmo porque penso que só xuntas poderemos lograr todas as metas que teñamos”, explica Sandra Radovic.
A deportista internacional serbia, nova fichaxe do Mecalia Atlético Guardés, ten unha mensaxe de compromiso moi claro para terminar: “Sempre darei o mellor de min para conseguir os mellores resultados para o equipo”.