• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Guardés accederá á loita polo título con seis puntos

As de Prades perden en Málaga 27-21 | As galegas encadearon numerosas perdas de balón mentres que o Rincón Fertilidad Málaga rompeu o partido incrementando a súa renda

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/03/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

21
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Atlético Guardés estará, a partir da semana do 22 de marzo, no grupo de equipos que pelexarán polo título de campión da liga Guerreras Iberdrola 2020-21. E farao cun botín de seis puntos coleitados en dúas vitorias contra a Aula Alimentos de Valladolid e unha contra o Rincón Fertilidad Málaga.

Esa renda de cara á seguinte fase competitiva podería ser maior de non ser pola desconexión que sufriu o Atlético Guardés esta xornada no polideportivo Rubén Ruzafa de Rincón de la Victoria. Ese foi o escenario no que finalmente claudicaron ante o Málaga (27-21, 12-10 ao descanso). E iso que as da Guarda tiñan comandado o marcador no primeiros quince minutos do partido.

 

1 de 6
- +
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés (Galicia) / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

A defensa desactivouse e aínda que Sempere e Carratú esforzáronse baixo paus e José Ignacio Prades tentou dar coa clave para parar ao Málaga, todo foi en balde e as locais mostraron a súa superioridade.

O Rincón Fertilidad Málaga abriu o marcador con fly para Arderíus. O Guardés desperdiciou os seus dous primeiros ataques. As galegas, xogando baixo a batuta de Rajnohová, que ao fin atopou a Valero en 6 m, quen forzou un 7m que transformou Paulina Buforn. O Rincón Fertilidad Málaga movía balón dun extremo a outro e, aínda que as andaluzas circulaban para o dobre pivote, a férrea defensa guardesa recuperaba o balón.

 

1 de 5
- +
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

O Rincón Fertilidad Málaga, sen as lesionadas Campigli e Paula García, buscaba alternativas para o ataque. Pola súa parte, o Atlético Guardés sumaba unha nova perda, pero o repregamento funcionaba e as malagueñas non podían pensar rápido. Á seguinte, tras a parada de Merche Castellanos a Buforn, López atopou o oco para o 2-2. Merche Castellanos facíalle outra parada a Arcos e iso motivaba outra perda de balón do conxunto local. E igual que no partido na Guarda o marcador movíase nuns rexistros moi baixos ao minuto 10 (2-3).

Rajnohová, moi destacada nos últimos partidos, anotaba e forzaba a primeira exclusión do partido. O Rincón Fertilidad Málaga acumulaba máis perdas – a quinta – e as de José Ignacio Prades regresaban ao 7m para seguir alimentando os seus rexistros (2-4, 3-4, 3-5). Rojas tamén anotaba desde 7m ante Carratú e na seguinte acción o Málaga lograba a igualdade a 5. Exclusión para Urban e López adiantou ao Málaga de novo (6-5) tras o gol inicial.

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

Sen titubear, Prades pediu o primeiro tempo morto do partido. Danela Moreno ou Sandra Santiago a pista. Carla Gómez e Fani Descalzo como un muro no centro da defensa e parada de Carratú a Doiro.

Parecía que os detalles ían decantar o partido, por iso cada acción cobraba especial relevancia. Ambos os conxuntos fuxían de présas e o Atlético Guardés, cun repregamento case de libro, cociñaba as súas accións a lume lento até atopar a Gómez (6-6).

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

Aconteceu outra exclusión para o Atlético Guardés (a Santiago) e o partido entraba nun intercambio de goles (7-6, 😎 e unha rosca de fantasía de Lima colocaba a que ía ser a última igualdade do partido. Exclusión a Lorena Pérez e o partido continuaba nunha toma e daca (10-9).

O Guardés desperdicia rendas

Tras as rendas desperdiciadas de dous goles polas galegas, estas empezaron a ir a rebufo, aínda que o Málaga tampouco era incapaz de despegarse máis aló do dous-tres goles (11-9, 12-9?). Doiro foi excluída e o Atlético Guardés aínda anotou outro antes de irse ao descanso (12-10).

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA

Sempere parou e Gallardo aínda quixo pedir tempo morto para tentar unha última xogada que acabou sen éxito, tamén parou Castellanos e nos últimos segundos Sempere, polo que o resultado ao descanso foi 12-10. A primeira parte, marcada polas alternancias, deixou sensacións agres para as de Prades, rendindo a bo nivel en defensa pero chocando contra Castellanos.

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga ante o Atlético Guardés / MALAGA

Arrincou a segunda parte con perda para o Málaga, cun fallo de Urban, unha falta en ataque de Doiro, nova perda para o Atlético Guardés e nese correcalles Sole López puxo o 13-10.

As perdas galegas eran compensadas polas paradas de Sempere, pero as de José I. Prades só anotaban desde 7m (13-11). Castellanos e Sempere asumiron o protagonismo do par-tido. 14-12, 15-12, 16-13? ata que Arderius puxo por primeira vez a renda de 4. E chegou o +5? e o tempo morto de José Ignacio Prades para dicirlle claro ás súas xogadoras: “Ímonos ao 5:1 e mordemos”.

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Rincón Fertilidad Málaga ante  o Atlético Guardés / MALAGA

E aínda que o Atlético Guardés asinou un parcial de 0-2, o Rincón Fertilidad Málaga xa estaba convencido da vitoria e seguiu correndo e sentenciando a un equipo obnubilado por completo. Nin a dobre mixta exposta polas visitantes foi suficiente para deter a sangría.

Ao final, 27-21 no marcador e dous puntos que as da Guarda perden na pelexa polo título que empezará o 22 de marzo.

Rincón Fertilidad Málaga vs Atlético Guardés / MALAGA
Saúdo entre Rincón Fertilidad Málaga e Atlético Guardés / MALAGA

FICHA TÉCNICA

27) RINCÓN FERTILIDAD MÁLAGA (12+15): Estela Doiro (4), Silvia Arderius (7), Sole López (2), Sara Bravo (2), María Pérez (3), Almudena Gutiérrez (1), Espe López (4), Laura Sánchez, Isabelle dos Santos (2), Merche Castellanos, Rocío Rojas (2), Paula Cosano, Virginia Fernández e Paula García.

21) CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS (10+11): África Sempere, Sandra Santiago (1), Martina Mazza,  Lorena Pérez, Estefanía Descalzo, Míriam Sempere, Paulina Buforn (8), Patrícia Lima (1), Rosario Urban, Paula Arcos (2), Sarah Valero (4), Carla Gómez (2), Marisol Carratú, Erika Rajnohová (3), Laura Morais e Daniela Moreno.

ÁRBITROS: Sebastián Fernández Molina e Alberto Murillo Castro (Andalucía). Excluíron por parte das locais a Doiro e Gutiérrez e das visitantes a Urban, Sandra Santiago, Pérez, Arcos e Sarah Valero.

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-1, 2-3, 4-5, 6-5, 10-9, 12-10 (descanso), 14-12, 19-15, 22-18, 25-20, 27-20, 27-21.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 14ª da Liga Guererras Iberdrola disputado no polideportivo Rubén Ruzafa de Rincón de la Victoria con público. O cruce foi emitido pola web de Teledeporte.

Etiquetas balonmánCB Atlético Guardésrincón fertilidad málaga
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Dani Angériz, adestrador do Balonmano Brigatium / ÍÑIGO ROLÁN

Dani Angériz: “O obxectivo principal do club era que as nenas tiveran un lugar onde xogar cando foran adultas”

por Carmen G. Mariñas
14/04/2021
0

  "Buscabamos ofrecer ese lugar para practicar deporte, desfrutar e exercer o balonmán" "O obxectivo é que compitan, aprendan, que...

Porriño vs Zuazo / PORRIÑO

O Porriño vence pola mínima ao líder (20-21)

por Redacción As Nosas
12/04/2021
0

  A expedición ata Barakaldo do Conservas Orbe Rubensa Porriño presentábase como un reto, ao visitar as galegas ao Zubileta Evolution BM Zuazo,...

Atlético Guardés - KH-7 Granollers / SPORTCOECO

O Guardés accede á terceira praza tras remontar ao Granollers (24-23)

por Redacción As Nosas
10/04/2021
0

  O Atlético Guardés segue medrando na Liga Guerreiras, aínda que desta vez o fixo con sudor e lágrimas. As do Baixo...

Imaxe de arquivo dun partido entre Atlético Guardés e BM Granollers / ©SPORTCOECO

O Guardés a pola terceira praza nun partido ante o KH-7 Granollers que Prades prevé “igualadísimo”

por Redacción As Nosas
09/04/2021
0

  O Guardés recibe ao KH-7 Granollers no Inferno da Sangriña para buscar o asalto a terceira praza nun partido...

O BM Porriño coa súa afección / BM PORRIÑO TW

O Porriño intentará seguir sumando ante o líder, o Zuazo

por Redacción As Nosas
09/04/2021
0

  O Conservas Orbe Rubensa Porriño é terceiro na loita por evitar o descenso e quere seguir sumando para afianzar o...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Praia de Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

‘Coruña en Forma’ transformará a cidade herculina nun gran escenario deportivo ao aire libre

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Praia de Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

‘Coruña en Forma’ transformará a cidade herculina nun gran escenario deportivo ao aire libre

16/04/2021
O Barco acolle ao 32º Campionato Galego de clubs Xunta de Galicia de atletismo / FGA

O Barco acolle o 32º Campionato Galego de clubs Xunta de Galicia de atletismo

15/04/2021
Selección Gallega de Loita Grappling e de Grappling-Gi / FEGALOITA

Prata para Paula Ouviña do Kempo no Campionato de España de Grappling

15/04/2021
Manu Sánchez, adestrador do Dépor ABANCA na rolda de prensa previa ao partido contra o Barcelona/ RCD

Manu Sánchez: “O Barcelona é o ‘peor rival’ que podes ter nesta competición”

15/04/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.