• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A Federación Galega de Atletismo considera positivo o desenvolvemento do GP Cantóns

As dificultades en torno á COVID-19 non impediron a celebración do torneo, organizado en colaboración co Concello da Coruña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/06/2021
en Máis Deporte, Atletismo
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

84
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A edición do 2021 do GP Cantóns, organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña foi un éxito para o ente federativo. A organización destaca como, malia as dificultades propias dun evento deste tipo en tempos de pandemia, a proba desenvolveuse positivamente.

Na proba feminina a primeira atleta en chegar á meta foi Sandra Lorena Arenas, marchadora colombiana que se proclamou así campioa da prestixiosa proba coruñesa. A primeira galega en cruzar a liña de meta foi Carmen Escariz.

Sandra Lorena Arenas, vence no GP Internacional de Marcha Cantóns da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez

Éxito deportivo do GP Cantóns

Segundo informa a FGA, o GP Cantóns foi un éxito deportivo, xa que ata dezaseis atletas baixaron dos rexistros das marcas mínimas impostas pola World Athletics para formar parte dos Xogos Olímpicos de Toquio, sendo este 1:31 minutos nas probas femininas.

Ademais, dous campións olímpicos masculinos, o italiano Maurizio Damilano e o mexicano Raúl González, destacaron o alto nivel deportivo da proba e da organización. A competición tamén serviu para ver a novas figuras emerxentes na marcha internacional. A gañadora da categoría feminina do GP Cantóns, a colombiana Sandra Lorena, fixo un rexistro de 1.28:24, engadindo este éxito ao obtido nos Xogos Panamericanos do 2019, cando foi campioa, e os mundiais de Doha, cando foi quinta.

O podio completouse coa mexicana Alegna González, cunha marca de 1.28:40 e en terceiro lugar quedou a brasileira Erika Rocha, a só vinte segundos da gañadora da proba, no que foi o seu terceiro podio desde o 2015.

A colombiana Sandra Lorena Arenas, gaña o GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES
A colombiana Sandra Lorena Arenas, gaña o GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

Nos homes o campión foi o hispano Diego García, subcampión europeo, logrando un rexistro de 1.19:37. En segundo lugar quedou o sueco Perseus Karlstrom e en terceiro o tamén español Álvaro Martín.

No ámbito do atletismo galego, Carmen Escariz foi a mellor posicionada, logrando un rexistro de 1.39:36, a súa MMP. Pola súa parte, Antía Chamosa foi descualificada na metade da carreira polo que tivo que abandoar a competición. O seu irmán, Daniel Chamosa, acadou o posto 34º mellorando a súa MMP.

Durante a celebración da proba, Concello e Federación entregaron ao irmán de Jordi Llopar, Moisés, unha placa en recoñecemento e admiración a súa importantísima traxectoria atlética e divulgativa desta modalidade.

Éxito sanitario

No aspecto sanitario, a pandemia de COVID-19 non foi un impedimento para a celebración do GP Cantóns. Esta foi unha das primeiras competicións internacionais celebradas en Galicia desde o inicio da pandemia, e malia que a incerteza da chegada de atletas á Coruña mantívose ata os últimos momentos, non houbo que lamentar moitas faltas. Un colectivo de atletas brasileiros e o medallista do mundial de Doha, o ruso Vasily Mizinov, non puideron porén viaxar a Galicia.

Na cidade, a proba foi seguida por gran cantidade de público no mesmo circuíto dos Cantóns, pero en ningún momento houbo perigo de contaxio debido ao excelente comportamento do público presente. Ademais, a competición retransmitiuse vía streaming con preto de 2.000 seguidores no momento no que Diego García acadou o seu primeiro triunfo na Coruña. Ás poucas horas, a cifra ascendeu ás 17.000 visualizacións.

Sandra Arenas cruzou a meta do GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 en primeiro lugar / GP CANTONES
Sandra Arenas cruzou a meta do GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 en primeiro lugar / GP CANTONES

Segundo apunta a FGA, a presenza de máis de 30 países entre atletas e xuíces árbitros, obrigaron a extremar as medidas de seguridade. Na mesma mañá do sábado realizáronse tests de antíxenos a todos os participantes, sen que se localizara ningún resultado positivo.

Tanto o Concello da Coruña como a Federación Galega de Atletismo valoran positivamente esta nova edición do GP Cantóns, en especial polas difíciles condicións no entorno da COVID-19. Nos vindeiros días está prevista unha xuntanza para analizar todo o proceso organizativo e extraer conclusións para aportar melloras para o 2022.

Etiquetas A CoruñaatletismoFEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMOFGAGP CantonesGP Cantónsmarcha
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.