• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

A proba deixa o escenario que lle dá nome para transitar pola zona da Mariña coruñesa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/05/2026
en Atletismo, Máis Deporte
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

GP Cantóns de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

88
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A cidade da Coruña volverá situarse no epicentro mundial da marcha atlética coa celebración o vindeiro 23 de maio da 39ª edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantones da Coruña – Gran Premio Sergio Vázquez, unha cita histórica que se consolida, ano tras ano, como a proba de marcha en ruta máis importante do mundo e unha referencia absoluta dentro do calendario internacional desta especialidade, tal e como apuntan desde a Federación Galega de Atletismo.

Os mellores marchadores e marchadoras do panorama mundial volverán reunirse na cidade herculina para competir nun evento que congregará a campións olímpicos, medallistas mundiais e ás grandes figuras actuais da disciplina, reafirmando o prestixio dunha proba que converte A Coruña no principal escaparate internacional da marcha.

Nesta edición, o Gran Premio Cantones presenta unha importante novidade histórica: por primeira vez, o emblemático circuíto dos Cantóns deixará de ser o escenario da competición, trasladándose a proba ao circuíto da Mariña, un enclave singular situado nunha das zonas máis recoñecidas e fermosas da cidade. Este novo percorrido ofrecerá unha imaxe renovada da competición, mantendo a espectacularidade e a proximidade co público que sempre caracterizaron ao evento.

A programación oficial do Gran Premio Cantones adaptarase ademais ás novas distancias establecidas internacionalmente pola World Athletics, polo que as probas principais desta edición disputaranse sobre a distancia de media maratón, tanto en categoría masculina como feminina.

GP Cantóns marcha 2022 / CONCELLO DA CORUÑA
GP Cantóns marcha 2022 / CONCELLO DA CORUÑA

Xunto a estas carreiras de máximo nivel, o programa manterá tamén a tradicional proba internacional de 10K, así como o xa consolidado Trofeo Josefina Romero, destinado ás categorías base, que continuará promovendo a participación e o desenvolvemento da canteira nesta disciplina.

Ao longo da súa traxectoria, o Gran Premio Internacional Cantones acumulou múltiples premios e recoñecementos que avalan o seu prestixio organizativo e deportivo a nivel global. Entre todos eles destaca especialmente a distinción concedida por World Athletics, que no ano 2019 outorgou á proba a Placa de Patrimonio Mundial do Atletismo, un recoñecemento reservado a eventos e escenarios que forman parte da historia universal deste deporte.

Con case catro décadas de historia, o Gran Premio Internacional de Marcha Cantones – Gran Premio Sergio Vázquez afronta esta 39ª edición renovándose sen perder a súa esencia, combinando tradición, excelencia deportiva e proxección internacional para seguir facendo da Coruña a gran capital mundial da marcha atlética

Xornada de “portas abertas” no G.P. Cantones

Avanzando no que se será a programación de actividades paralelas a este Gran Premio Internacional Cantones, o venres previo a competición, organizarase unha xornada de “portas abertas” na que as máximas figuras da marcha mundial estarán compartindo unha xornada técnica e de achegamento con aqueles afeccioados, atletas e curiosos que desexen profundizar e coñocer máis a fondo esta modalidade e da que iremos dando máis información nas próximas datas.

  • Consulta aquí o Regulamento do Gran Premio Internacional Cantones

Etiquetas atletismoGP Cantonesmarcha
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

por Redacción As Nosas
11/06/2026
0

Máis de 600 participacións rexistraranse esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia Máster de atletismo, que finalmente se...

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

por Redacción As Nosas
11/06/2026
0

A Cidade Deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán da Coruña converteranse este domingo 14 de xuño...

A Coruña celebra o Campionato Galego de Atletismo Sub-10 e Sub-12 con nenos e nenas de toda Galicia / CONCELLO DA CORUÑA

A canteira do atletismo galego toma A Coruña

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

Esta fin de semana a actividade competitiva de base no atletismo estará centrada na competición que se celebrará o sábado...

Club Atletismo Sada no Campionato de España máster por equipos / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Pereiro de Aguiar acolle a IX Copa galega de clubs máster de atletismo

por Redacción As Nosas
28/05/2026
0

O vindeiro domingo, en Pereiro de Aguiar, celebrarase a IX Copa de clubs máster galega. A partir das 16:30 horas...

XXXIX edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns-Trofeo Sergio Vázquez / CONCELLO DA CORUÑA

Alegna González e Shengji Shi conquistan na Coruña o XXXIX Gran Premio Internacional de Marcha dos Cantóns

por Redacción As Nosas
23/05/2026
0

A Coruña volveu converterse este sábado no epicentro internacional da marcha atlética coa celebración da XXXIX edición do Gran Premio Internacional...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.