• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Vende o fútbol feminino as súas camisetas?

En As Nosas preguntámonos se se poden mercar as elásticas dos equipos da Liga Iberdrola nas tendas online dos diferentes clubs. Por certo, mercarías a da túa futbolista favorita?

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/03/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Camisetas de fútbol da Real Sociedad / REAL SOCIEDAD

Camisetas Real Sociedad / REAL SOCIEDAD

235
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  Que o fútbol feminino gaña seareiras acotío, é unha realidade. As cotas televisivas medran e as canchas ven como a afluencia de público se incrementa. Pero, rendabilizan os clubs este aumento de masa social? Varias son as canles de ingresos que os equipos deportivos teñen sexa da disciplina que sexa. A venda de entradas ou os dereitos de imaxe son as máis obvias. Dentro do capítulo de explotación da imaxe se incluirían non só as transmisións de partidos vía televisión, que actualmente son unha das grandes fontes de ingresos no fútbol, se non tamén toda a venda de equipacións e de merchandising. En As Nosas, preguntámonos precisamente nesta ocasión se os clubs da Liga Iberdrola comercializan as súas camisetas. A resposta é moi galega: depende. Hainos que si, e hainos que non. Hai conxuntos que tendo equipo masculino e feminino só venden a dos homes. E hai equipos que comercializan as dúas opcións. Tamén hai clubs nos que a camiseta do feminino e a do masculino son iguais e polo tanto véndese só unha por que non hai outra. A última pata da ecuación son os equipos que só teñen equipos femininos. Repasamos as súas webs para ver se teñen dispoñibles opcións de tenda online e se nela está á venda a camiseta do equipo da Liga Iberdrola.

RC Deportivo

Empecemos por Galicia. O RC Deportivo ABANCA non comercializa actualmente as camisetas do seu equipo feminino. Só se pode comprar a do masculino. No club explica que se trata dunha cuestión de respecto a acordos comerciais vixentes. Contámovolo con máis detalle na nova: O RC Deportivo non comercializa as camisetas do Dépor feminino.

Atlético de Madrid

O Atlético de Madrid si vende as camisetas do seu equipo feminino na súa tenda dixital.  
Camiseta Atlético de Madrid feminino / AT. DE MADRID
Camiseta Atlético de Madrid feminino / AT. DE MADRID

Athletic Club

O Atheltic Club de Bilbao vende as camisetas do seu equipo feminino a través da súa tenda online.
Camiseta do equipo feminino do Athletic Club / ATH. CLUB
Camiseta do equipo feminino do Athletic Club / ATH. CLUB
 

CD Tacón

No caso do CD Tacón o club non dispón dunha ligazón a unha tenda online na súa web. Ten unicamente equipo feminino, polo que de realizar venda en tendas físicas, sería da camiseta do equipo feminino.

EDF Logroño

Estamos nun caso similar ao anterior.  As Escolas Deportivas de Fútbol de Logroño se centran no fútbol feminino e non se atopa na súa web unha ligazón a un espazo de venda dixital.

FC Barcelona

Na casa blaugrana a tenda dixital de venda de camisetas está vencellada a Nike. Nese espazo pódense ver imaxes das camisetas do equipo feminino, que é diferente á do masculino. Pero na tenda online, non somos quen de atopar o espazo de compra desas elásticas.
FC Barcelona / NIKE
FC Barcelona / NIKE
O que si se pode facer, é persoalizar as camisetas cos nomes de xogadoras como Alexia Putellas ou Jenni Hermoso, pero segundo a imaxe ilustrativa que se ve reflectida na citada web, no peito consta o patrocinador do primeiro equipo masculino  
Personalización camiseta FC Barcelona / NIKE
Personalización camiseta FC Barcelona / NIKE

Levante UD

Os equipos feminino e masculino do Levante UD non comparten patrocinador. Na súa tenda online só aparece á venda a equipación do primeiro equipo masculino. Nas opcións de serigrafía, non se atopan nomes das xogadoras.

Madrid CFF

Estamos novamente no caso du club de fútbol feminino. Na súa páxina web non atopamos unha ligazón a un espazo de venda online de equipacións deportivas do Madrid Club de Fútbol Femenino.

Real Betis

Outro club que non parece recoller na súa tenda online a venda das camisetas do equipo feminino é o Real Betis.

Rayo Vallecano

As equipacións do equipo masculino e feminio do Rayo Vallecano de Madrid SAD son iguais e si se poden mercar na tenda dixital do club.

RCD Espanyol

No RCD Espanyol de Barcelona non comparte patrocinador co equipo masculino e non aparecen á venta na tenda online as equipacións do feminino.

Real Sociedad

Os primeiros equipos masculino e feminino da Real Sociedad tampouco comparten patrocinio e as súas camisetas son diferentes. Na sección da tenda adicada a camisetas da equipación 19/20 para muller inclúense as equipacións do masculino e do feminino ao mesmo prezo.
Camisetas Real Sociedad / REAL SOCIEDAD
Camisetas Real Sociedad / REAL SOCIEDAD

Sevilla FC

Os equipos masculino e feminino comparte patrocinadores. As camisetas, segundo explican na tenda física, diferéncianse no parche do hombreiro, nun caso La Liga e noutro Liga Iberdrola. Para mercalas na web hai que elexir camisetas muller. Tamén teñen a do Sevilla Atlético.

Sporting Huelva

O club onubense do Sporting Huelva só ten equipo feminino e venden as camisetas online na web.  
Sporting Club Huelva
Sporting Club Huelva

UD Granadilla Tenerife

Na páxina web das tinerfeñas non atopamos onde mercar as súa camisetas online, só se venden abonos.

Valencia CF

Os equipos masculino e feminino do Valencia CF non comparten patrocinadores. Na tenda online unicamente se atopa á venta a camiseta do equipo masculino. Consultando na tenda física de Mestalla a resposta que se traslada vía teléfono é que o pasado ano si estaba a venda, pero que este ano, xa non. Como deciamos ao comezo, non hai unha pauta nos equipos da Liga Iberdrola. Hai equipos que si venden as súas camisetas nas súas tendas online e outros que non. Hai outra pregunta que se desprende desta que hoxe tentamos responder e que trasladamos ás lectoras:

Mercarías a camiseta da túa futbolista favorita?

DeporTienda Riazor

O RC Deportivo non comercializa as camisetas do Dépor feminino

A elástica do equipo feminino non se pode adquirir nas Deportiendas físicas ou ‘online’ do club

Etiquetas camisetasfútbolLiga Iberdrola
Comparte20Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.