• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

O PM Friol faise co liderado do grupo 1 da Primera Nacional

O Viajes Interrías sufriu a primeira derrota, cedendo a primeira posición da táboa | Victoria FC e SD Villestro pechan a clasificación

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
23/11/2021
en Fútbol, Primeira División Nacional Fútbol
O PM Friol lidera a Primera Nacional / PM FRIOL

O PM Friol / PM FRIOL

65
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Seis xornadas despois, o PM Friol regresa á primeira posición do grupo 1 da Primera Nacional, relegando ao Viajes Interrías á segunda praza. A vitoria das lucenses fronte a derrota das pontevedresas muda o liderado na táboa, que porén mantén ás galegas xunto co Sárdoma CF, no podio.

A cuarta e quinta posición tamén levan acento galego, co Umia CF e o Dépor ABANCA B respectivamente. As tamén coruñesas do Victoria CF ocupan porén a oitava posición, coa UD Mos na décima e Victoria FC e SD Villestro pechando a clasificación na 13ª e 14ª praza.

Vitoria do Friol ante o Mos que vale o primeiro posto

A décima xornada trouxo a terceira vitoria consecutiva para o PM Friol, que por un 2-0 soubo vencer en casa ante a UD Mos, arrebatándolle o liderado ao Interrías para colocarse de novo na primeira posición.

O partido xa comezou de cara para as de Covi Regueiro, que se adiantaron no marcador cun gol no minuto nove grazas a Nerea Lombardero. O Mos intentou recuperarse do golpe aumentando a presión, pero sen éxito.

O descanso chegaría co 1-0 no marcador, sen que ningún dos dous equipos gozara de mellores ocasións. Tras a reanudación, o dominiou continuou para as xogadoras da Reigosa, que culminarían a vitoria no minuto 77 cun gol de Yuki Nakata.

Primeira derrota do Viajes Interrías, que cae ante o Umia CF

Nove xornadas estivo o Viajes Interrías sen coñecer a derrota, sumando ademais de 3 en 3 salvo na primeira e na novena fin de semana de competición. Despois do empate da anterior xornada ante o Victoria CF, as xogadoras adestradas por Treviño víronse superadas polo Umia CF, o primeiro conxunto que logra vencelas esta tempada.

O derbi comarcal presentábase como un enfrontamento importante máis aló da rivalidade, cando só restan tres semanas para o ecuador da primeira parte da competición.

A igualdade entre dous dos mellores equipos da categoría mantivo o 0-0 durante a meirande parte do encontro, que se decidiu por un solitario gol de Miriam Domínguez xa no minuto 84. Cun 1-0, o Umia achégase ao podio e o Interrías cede o liderado.

O Sárdoma CF rasca un punto ante o Olímpico de León

Nesta fin de semana, o Sárdoma tiña a difícil tarefa de vencer no campo do Olímpico de León, quen aínda non coñece a derrota como local. As galegas tampouco foron quen de dobregar ás leonas, aínda que si lograron rascar un punto do empate cun 0-0 final.

A primeira metade tivo dominio local, cedéndolle o bando ás visitantes na segunda parte, nun duelo igualado que rematou nun reparto xusto de puntos.

O SD Villestro perde sen opcións ante o Real Oviedo B

A maior goleada da xornada sufriuna o SD Villestro que visitaba ao Real Oviedo B no seu campo  caería derrotado por un 4-2. Con esta derrota, as galegas seguen sen sumar puntos, sendo o farolillo vermello da táboa.

Desde o primeiro momento as asturianas deron un golpe na mesa, cun gol no minuto 2 de Rocío Muñiz. O conxunto galego quedou desestabilizado con este tanto en contra, feito que aproveitaron as locais para anotar o segundo no minuto 9, obra de Ana Menendez.

Antes do descanso, o Villestro recuperou o ritmo, logrando frear momentáneamente ás locais. Despois da pausa, o Oviedo atacou de novo anotando aos tres minutos da reanudación, cun gol de Paula Martínez.

Minutos despois chegaría a resposta galega, cun gol de Carla Couso que puxo o  3-1. Porén o conxunto asturiano seguiu mantendo o mando do partido, marcando o cuarto tanto no minuto 83, con Denise García. Cinco minutos despois, o Villestro anotaría o seu segundo gol ao filo do final, xa sen opcións de remontada.

As santiaguesas do Victoria FC suman un punto contra o Versalles A

En Santiago de Compostela, o Victoria FC recibía ao Versalles A, co obxectivo en mente de sumar a primeira vitoria do curso, pero o soño das compostelás non se cumpriu.

As galegas lograron adiantarse primeiro cun gol de Laura Lorenzo no minuto 23, e para o descanso a vitoria era local. Porén, na segunda metade o Versalles subiu o nivel, aumentando a presión e logrando o empate no minuto 64, cun gol obra de Alba Fernández.

O filial do Dépor ABANCA álzase coa vitoria ante o Gijón FF

No partido disputado en Gijón, o filial branquiazul viaxaba en busca dos tres puntos. A primeira metade foi un pulso entre Gijón FF e Dépor ABANCA B, que faría chegar o descanso co 0-0.

As locais adiantáronse no marcador na segunda parte, cun gol de Irene Martínez no 61, pero as deportivistas souberon repoñerse do golpe. Un cuarto de hora despois, Noela Sánchez abriría a lata coruñesa e a vitoria galega pecharíase xa no tempo de desconto, cun tanto de Trillo no 93.

Depor ABANCA B / RCD
Depor ABANCA B / RCD

As cebras do Victoria CF perden ante o Sporting de Gijón B

No outro duelo entre xixonesas e coruñesas, o Victoria CF recibía en casa ao Sporting de Gijón B, nun partido dominado polas visitantes.

As asturianas sufriron para asinar a que foi a súa primeira vitoria lonxe de casa. O primeiro gol produciuse no minuto 25 tras un lanzamento da visitante Natalia Madrazo. Antes do descanso, a presión das cebras provocou un erro na defensa xixonesa, que resultou nun gol en propia porta de Lucía Hernández, poñendo o 1-1.

Na segunda metade, as xogadoras do Sporting B fixéronse co control total do encontro, anotando o segundo gol no minuto 57 e o terceiro cun penalti xa no tempo engadido, deixando o electrónico no 1-3.

Etiquetas Dépor ABANCA BPM FriolSárdoma CFSD VillestroUD MosUmia CFViajes InterríasVictoria CFVictoria FC
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

As futbolistas das Celtas / RC CELTA DE VIGO

FÚTBOL | Pleno de derrotas para os equipos galegos na Segunda Federación

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

A xornada deixou un balance completamente negativo para o fútbol galego na Segunda Federación. O Atlético Villalonga caeu por 0-1...

Celebración do ascenso a Segunda Federación das Celtas / RC CELTA DE VIGO

Dépor Abanca B e As Celtas ascenden a Segunda e o Sárdoma CF xogará o ‘play-off’

por Redacción As Nosas
05/05/2025
0

  Ascenso para dous equipos galegos da Terceira á Segunda Federación. O filial do Depor ABANCA e As Celtas xogarán...

As futbolistas galegas Sara Couso, Lúa Arufe Lucía Rivas e Elena Vázquez, convocadas coa Selección Española Sub-16 e Sub17 respectivamente / FUTGAL

Póker de galegas na Selección Española Sub-16 e Sub-17

por Redacción As Nosas
26/09/2023
0

  Catro futbolistas galegas veñen de ser convocadas pola Selección Española en categorías inferiores. Tratase de Sara Couso e Lúa...

O Dépor ABANCA B militará na Tercera Federación Femenina da RFEF / RCD

Os nove equipos galegos da Tercera Federación Femenina xa coñecen o seu calendario

por Redacción As Nosas
01/09/2023
0

  Os nove equipos galegos que militan esta tempada na nova Tercera Federación Femenina (antes Primera Nacional) coñecen xa o...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.