A Selección Galega formada pola Fegaloita é a campioa de España en Loita Praia. O combinado irmandiño asinou unha gran actuación tamén en Sambo Praia, quedando como a cuarta clasificada.
Entre os grandes referentes da competición destacaron Lydia Pérez, do Loita Pontevedra, e Noelia Lalín, do Keltoi, ambas campioas de España en Loita Praia.
Ver esta publicación en Instagram
As loitadoras galegas debutaban na competición e o fixeron con éxito. Entre o resto de participantes, tamén outro máis medallas como as pratas de Alina Gradinaru, do Ayude, e a de Nerea Pampín, do Keltoi. Vanessa Muíños, do San Ignacio, tamén competiu, rematando na cuarta posición.
A táboa por clubs, liderada por Fegaloita
Despois do equipo da Fegaloita, o Judo Club Senin foi o mellor clasificado en Sambo Praia, quedando quinto, mentres que o Independiente foi sétimo.
En Loita Praia, onde triunfaron as galegas, o Keltoi tamén rematou como líder da competición. Na quinta posición clasificouse o Club de Loita Pontevedra, e na undécima o Escuela Ayude. Finalmente, o San Ignacio posicionouse na 14ª praza e o Rábade na 15ª.