O Ourense Envialia afronta un reto de altura este mércores, 3 de febreiro. As galegas visitarán ao Futsi Atlético Navalcarnero para recuperar a 12ª xornada competitiva, que se celebrará na pista de La Estación. O duelo comezará ás 20:00 horas.
Este será o último encontro que teñan por recuperar as ourensás, que xa estarán ao día unha vez se dispute o partido. Este retransmitirase vía streaming a través de Football Planet.
Por outra parte, esta cita chega en medio da semana, días despois do empate ante o Leganés, e antes da celebración da 17ª xornada da Primeira División, na que competirán contra o Poio Pescamar.
Ante o Futsi Atlético, o Envialia intentará volver a gañar. Non o fai desde a undécima xornada, cando venceu por un 6-2 ao Teldeportivo. Desde entón, as ourensás suman unha derrota e dous empates.
Máximo rendemento para estar no cume
Tal e como declaran en redes desde o club, “as nosas pondrán o 120% unha vez máis para competir como sempre o fan, tratando de seguir sumando puntos e conseguir o ansiado posto na fase polo título”.
Vencer será difícil, pero de facelo, o Envialia afianzaría un pouco máis o seu posto entre os catro primeiros. Actualmente son cuartas con 23 puntos, e o quinto está máis preto que o terceiro. Porén, de sumar os tres puntos, as galegas poríanse a catro do Roldán, deixando a nove puntos de distancia ao Leganés.
Para esta cita, Morenín contará coas seguintes xogadoras convocadas:
- Moraima
- Chiky
- María
- Paula Pereiro
- María Arias
- Iria Saeta
- Marta
- Judith
- Carmen
- Vane
- Susana
- Jenny Lores
- Alexandra
As ourensás perderon na ida
O último enfrontamento entre galegas e madrileñas non da moitas razóns para o optimismo. As xogadoras de Morenín caeron derrotadas en casa por un 2-5.
Durante algúns minutos, o Envialia foi superior ao todopoderoso Futsi Atlético, ata a lesión de Sara Moreno. A resposta das madrileñas chegou de forma contundente pasado o ecuador, remontando o partido e levándose a vitoria.