O Ourense Envialia continúa como colista do grupo polo título, e nesta xornada enfróntase a un rival con moito en xogo. As galegas visitarán no pavillón Los Cantos á AD Alcorcón este sábado, 22 de maio, ás 19:00 horas. As amarelas son un equipo que segue loitando por un posto no play-off.
Non o terán doado. As madrileñas, coa ourensá Vane Sotelo nas súas filas, son sextas sumando 39 puntos. Con seis máis en xogo, o Alcorcón está a tres puntos do Poio Pescamar, que actualmente marca a liña do play-off.
O equipo local leva un balance de 12 vitorias, tres empates e sete derrotas, sumando sete puntos máis que as xogadoras de Morenín. As ourensás son as últimas clasificadas, pero na última xornada disputada foron quen de impoñerse ante o FSF Móstoles.
Despois de sufrir dúas derrotas ante o Burela, en Liga e en Copa da Raíña, as xogadoras de Ourense reencontráronse coa vitoria na súa pista, o pavillón dos Remedios.
Un xute de enerxía que, se ben non servirá para meter ás galegas na pelexa polo título de campioas, pode poñer a nota doce á fin de tempada. Só quedan dous partidos por disputar, e o equipo de Morenín só ten en xogo rematar o curso con boas sensacións.
🎥 STREAMING // 🔥 PARTIDO
🎥 CANAL @live_vuvuzela
🥇1 DIVISIÓN
📍 OS CANTOS
📆 22/05
⏰ 19:00H
⚽️ @ADAlcorconFSF · #ourenseenvialia🚀 #ubuntu
🧡 #imosolio 💜 #libresParaSer#morraOconto #hastaelultimoaliento #fsf #futsal #futsalfemenino pic.twitter.com/Or2s1SoxfH— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) May 21, 2021