Por segunda semana consecutiva, o Ourense Envialia empata o seu partido. Desta vez foi ante o CD Leganés, nun duelo moi igualado e que rematou nun xusto reparto de puntos.
Se na xornada anterior ante o Penya Esplugues as ourensás eran as favoritas para levar a vitoria pero deixáronse dous puntos, nesta ocasión foron elas as que salvaron un punto ante unha posible derrota.
Despois de tres xornadas seguidas sen vencer, o Envialia mantense na cuarta posición, pero se descolga do podio, estando a sete puntos do Roldán, oito do Poio Pescamar e nove do Futsi Atlético.
Partidazo no Pazo entre Envialia e Leganés
Fixeron falta dez minutos para que se abrise o marcador, pero o primeiro tanto foi para as galegas, da man dun remate de cabeza Iria Saeta tras a asistencia de Jenny Lores.
Este terminaría sendo o único gol na primeira metade do partido, na que tanto Envialia como CD Leganés non acertaban fronte á meta rival.
A ordeada defensa ourensá e con Vane baixo paos permitiron que as locais chegaran ao descanso coa vantaxe dun gol a favor e controlando o partido. Porén, a renda non aumentou xa que as de Morenín xogaban á espera dun fallo rival e aproveitar unha boa contra.
Para a segunda parte o encontro foi moito máis movido, cun ritmo de xogo máis alto e máis ocasións e goles para ambos conxuntos. Os primeiros minutos desta metade mantiveron o guion da primeira: un Ourense Envialia forte en defensa e confiante en aproveitar os fallos do CD Leganés FS.
As visitantes ameazaban con empatar o partido e despois de tres avisos de Pipi e Guti, Puche foi a autora do primeiro tanto das madrileñas. Cinco minutos despois Yrezábal poñía o segundo no marcador, facendo saltar as alarmas no equipo galego.
Co duelo xa en contra, o Ourense Envialia reaccionou e cambiou o seu plantexamento. As xogadoras que adestra Morenín vían como o mando de poder cambiaba de bando e como a sombra do terceiro gol do CD Leganés FS as ameazaba.
Ante este panorama, o adestrador galego solicitou un tempo morto para reorganizar ás súas xogadoras e mudar o estado mental do seu plantel. O Envialia comezou a chegar á meta contraria con maior facilidade e perigo. Finalmente, o tanto do empate 2-2 chegaría grazas a unha recuperación en primeira liña de Judith.
Vendo perigar a vitoria, o CD Leganés FS reaccionou confiando nas súas posibilidades. De novo, as visitantes eran as donas da pista, xerando situacións de perigo, pero cometeron a quinta falta con cinco minutos de partido restantes.
Isto non freou ás branquiazuis, que marcarían o 2-3 nunha xogada de córner. Quedaban catro minutos de partido e o Ourense Envialia víase apurado pola ameaza de derrota. As locais arriscaron co xogo de cinco e a súa presión resultou nunha falta ao seu favor, cun tiro de dez metros de Marta Figueiredo que remataría en gol e suporía o empate definitivo (3-3).
A tivo nos instantes finais o conxunto galego para vencer e levarse os tres puntos, pero finalmente a sorte se agotou no empate. Así, as galegas traen de volta para Ourense un valioso punto.
FICHA TÉCNICA
3) OURENSE ENVIALIA: Vane; Marta, Iria Saeta, Chiky e Jenny Lores – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Susana, María, María Arias, Judith e Carmen.
3) CD LEGANÉS: Luci Sánchez, María Barcelona, Patri Montilla, Pipi e Esther Puche –quinteto inicial-. Tamén xogaron: Chuli, Guti, Stone, Yrezábal e Paula Molano.
GOLES: 1-0, min. 10 Iria Saeta; 1-1, min. 22 Puche; 1-2, min. 27 Yrezábal; 2-2, min. 33 Judith; 2-3, min. 36 Guti; 3-3, min. 37 Marta (diez metros).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 16ª xornada do Grupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala RFEF.