• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

O Ensino volve a gañar (76-73)

Cantero: "O baloncesto foi xusto con nós" | Un triplo no instante final de Alba Prieto dálle a vitoria ás lucenses

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/02/2021
en Liga Feminina Endesa, Baloncesto
O Ensino reencóntrase coa vitoria ante o Cadi La Seu / ENSINO FB

O Ensino reencóntrase coa vitoria ante o Cadi La Seu / ENSINO FB

88
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Durán Maquinaria Ensino precisaba reencontarse coa esencia que lle fixo merecedor dun posto na Copa da Raíña e de estar entre os primeiros na Liga Feminina Endesa. Esta recuperación do seu bo xogo produciuse nun partido con tintes de final, ante un Cadi La Seu moi competidor, e ao que tivo que vencer nunha xogada final (76-73).

“Creo que o baloncesto foi xusto con nós”, dicía Carlos Cantero, adestrador das galegas, tras recordar como o seu equipo foi por diante en todo momento pero cunha vantaxe mínima.

O Ensino adiantábase pero non afianzaba a vitoria

Por fin sobre a pista puidose ver a un Ensino superior ao seu rival, pero as lucenses tiñan problemas para afianzar a súa vantaxe sobre o Cadi La Seu.

Saltou forte á cancha o equipo local, cun tanto aos dez segundos do inicio do encontro, obra de Stanacev. O festival de tantos nada máis comezar o duelo seguiu da man de Hempe e un triplo de Gimeno, que tivo contestación nunha canastra de Yurena Díaz.

As galegas distanciábanse xa das visitantes, pero Laia Raventós encargábase de que non se foran demasiado no marcador. Catro puntos seguidos da baloncestista, seguidos dun tiro libre de Laure Resimont poñían o 12-7 no luminoso.

O alto ritmo de xogo beneficiaba ás xogadoras de Cantero, cómodas na súa propia pista. O seu acerto no xogo exterior permitíalles ter un colchón de cinco puntos, pero na metade do primeiro tempo as catalás deron coa fórmula para responder ás galegas. Tres puntos de Irati Etxarri facía que o Cadi La Seu pisáralle outra vez os talóns ás locais.

Porén, Hempe aproveitaba os erros defensivos na liña interior das visitantes, mantendo ao Ensinopor diante. Isto non amedrentaba ás catalás, que grazas a Dornstauder colocábanse por primeira vez por diante pola mínima, unha diferenza dun puntos que solucionaron as lucenses cun parcial 5-0.

No segundo cuarto a tónica foi moi similar, pero co Cadi La Seu iniciando o marcador. Un tanto de Bahí provocaba que Catero parase o cronómetro, que non impediu que as visitantes seguisen adiantándose (22-25). Minutos máis tarde, o Ensino reaccionou, e aproveitou as imprecisións e os problemas na fluidez do xogo rival. Cun contundente parcial 10-0 chegaba o 32-25 ao marcador.

O intercambio de canastras seguía sobre a pista do Pazo dos Deportes de Lugo, con especial acerto no bando local grazas a White e Gimeno, cun triple que poñía o 38-29. Antes de volver a vestiarios, o Cadi La Seu apretaba para recortar distancias, mentres que o Ensino loitaba por manterse por riba. Cantero solicitaba un tempo morto, pero o electrónico marcaba o 38-33 na metade do duelo.

Segunda metade

A dinámica tras o descanso foi moi similar, cun tramo inicial favorable ás catalás, e un conxunto local máis frío, que só puntuaba con Laura Aliaga desde o tiro libre. Con todo, reaccionaron a tempo cun tiro de Prieto, o terceiro triplo de Gimeno e dous tiros libres dentro de Helena Oma, que facía que as galegas se situasen a sete puntos por enriba.

O cadro catalán seguía apretando, pero un parcial duro  por parte das lucenses poñía 10 puntos de distancia entre locais e visitantes. Unha diferenza que se mantivo ata os instantes finais do terceiro parcial, chegadno ao último cuarto cun 59-53.

Carlos Cantero vía como as súas xogadoras, cando mellor estaban, baixaban o ritmo e, en lugar de aumentar a renda sobre as rivais estas recortaban distancias no marcador.

O último cuarto foi o único no que as visitantes lograron gañar, cun 17-20 final que non foi suficiente para a remontada. O encontro era un vaivén de ocasións convertidas, que impedía ver a un gañador claro do duelo.

Un partido decidido nun triplo

Chegados aos instantes finais, os esforzos e traballo previo de ambos equipos durante os 40 minutos de partido pouco pareceron importar. Unha das últimas xogadas deixaba o balón en Alba Prieto, que poñía o 76-73 no marcador cun triplo que entrou no aro tras tocar no taboleiro.

Menos sorte tivo segundos despois Yurena Díaz para as visitantes. A xogadora tamén o intentou desde a liña de tres, coa mala sorte de ser un tiro rechazaro polo aro.

Un duelo con categoría de final para dous conxuntos que loitan por formar parte do play off decidiuse en cuestión de segundos, con vitoria final para as galegas.

Laura Aliaga: “Foi un partido difícil onde elas puxeron un nivel moi alto e ao final a balanza venceu ao noso lado, cun gran triplo de Alba que todas celebramos”

A deportista Laura Aliaga comentaba tras o encontro que na súa opinión o cruce foi “un partido difícil onde elas puxeron un nivel moi alto e ao final a balanza venceu ao noso lado, cun gran triplo de Alba que todas celebramos”. A xogadora número 12 do Ensino incidía no sufrido do trunfo, pero salientaba o orgullo de todo o plantel por ter gañado a un rival directo. “Moi contentas, orgullosas do traballo e a seguir”, concluía.

O seu adestrador coincide na súa análise, e apunta que “merecíamos gañar e así foi porque fumos case todo o partido arriba no marcador. Dábame medo que cando collíamos puntos de vantaxe non conseguíamos irnos a 15, houbo varias situacións onde collíamos esa vantaxe pero non conseguíamos parar o arreón do rival e nos remontaban a cinco puntos”. Final feliz no pazo dos Deportes, co Ensino ocupando a sétima posición e co basketaverage gañado ao Cadi La Seu.

📹 #LFEndesa: Seis segundos, partido igualado y…

Aparece @Albprimar para dar la victoria al @EnsinoLugoCB

📺 Revive el partido en #CanalFEB ⬇ https://t.co/lNNZ6zpI7R pic.twitter.com/XEUrVjoeM8

— CompeticionesFEB (@CompeticionFEB) February 20, 2021

FICHA TÉCNICA

76) DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Aleksandra Stanacev (9), Laura Aliaga (7), Helena Oma (7), Vega Gimeno (15), Merritt Hempe (18) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Bea Sánchez (2), Alba Prieto (8), Chatrice White (10), Marta Blanco (-), Alicia Villegas (-).

73) CADI LA SEU: Laia Raventós (12), Yurena Díaz (14), Laure Resimont (14), Irati Etxarri (11), Quinn Dornstauder (6) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Laura Peña (5), Ariadna Pujol (-), Gala Mestres (5), Georgina Bahí (4), Serena-Lynn Geldof (2).

PARCIAIS: 22-20; 16-13; 21-20; 17-20.

ÁRBITROS: Olivares Bernabeu, Martínez Prada e Piñeiro Amondaray.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 26 da Liga Femenina Endesa disputado no Pazo dos Deportes de Lugo a porta pechada.

Etiquetas Alba PrietobaloncestobasketCadi La SeuCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLaura AliagaLiga Femenina EndesaLiga Feminina EndesaLugo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.