• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

O Ensino sufre para gañar un partido no que tira de oficio para superar ao Bembibre

O Embutidos Pajariel foi por diante das galegas a meirande parte do partido, pero as de Carlos Cantero suberon ler mellor o partido nos momentos clave e remataron vencendo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/11/2020
en Liga Feminina Endesa, Baloncesto
O Durán Maquinaria Ensino sufre para vencer ao Embutidos Pajariel Bembibre / FEB

Durán Maquinaria Ensino vs Embutidos Pajariel Bembibre / FEB

75
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Sufrida e traballada vitoria do Ensino que tirou de oficio diante dun Embutidos Pajariel Bembibre que estivo a piques de dar a sorpresa no Pazo dos Deportes de Lugo. Ao final, as lucenses gañaron por 70-65. O marcador o redondeou case sobre a bucina Vega Gimeno cunha canastra tripla.

Vega Gimeno/ ENSINO LUGO TW
Vega Gimeno / ENSINO LUGO TW

Aínda que o Durán Maquinaria Ensino foi por detrás no electrónico boa parte do partido, soubo botar man da experiencia e rematou por superar ao Embutidos Pajariel Bembibre. As leonesas, colistas, deron más traballo do esperado ás lucenses, que sufriron para impórse. Sen embargo, unha mellor lectura do partido en momentos chave, como o último cuarto, foron determinantes para que o Ensino rematase por levarse o cruce cun tanteo de 70-65.

As visitantes se colocaron por diante no electrónico no primeiro cuarto cun 18-23 ao que o Ensino non sería quen de darlle a volta no segundo cuarto no que superou á súas rivais no tanteo parcial (19-16), pero non no global do partido 37-39. Seguía o sufrimento das galegas.

Durán Maquinaria Ensino vs Embutidos Pajariel Bembibre / FEB
Durán Maquinaria Ensino sufriu para vencer ao Embutidos Pajariel Bembibre / FEB

Á volta do descanso o Bembibre volvía a apretar e incrementaba a súa ventaxe no terceiro cuarto ata situarse cunha curta vantaxe de catro puntos arriba no marcador (53-57).

O último período foi crucial para decantar o partido do bando local. Cun tanteo de 17-8, as galegas déronlle a volta a o electrónico e remontaron un partido que custou máis do desexable pero dos que, como dixo na comparecencia diantes dos medios o adestrador das luceses, apréndese moito. Na súa reflexión final, Cantero admitía ter unha “sensación agridoce” ao respecto do partido, pero matizaba que “a longo prazo esas cousas fanche mellor equipo”.

Mucho. Está costando mucho. Pero ya estamos aquí! pic.twitter.com/Z8vY5UKHQI

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 31, 2020

Suman xa as galegas catro triunfos, pero precisaban este golpe de moral e, sobre todo, non perder na casa contra un rival, en teoría máis feble. Non gañar esta fin de semana logo das derrotas nos partidos contra as laguneras no Pazo (69-73) e diante do Valencia (77-46), podería ser un golpe ao ánimo das deportistas do club galego.

Logo desta xornada o Ensino está na oitava praza da táboa clasificatoria na Liga Endesa. Na zona morna. O seu próximo rival é o Spar Girona. As catalanas son cuartas. Polo que as galegas deberán poñer toda a carne no asador para poder puntuar na cancha dun equipo que ten disputados oito partidos e so perdeu un.

Cantero: “Melloramos no partido máis a nivel emocional, que no xogo”

Para Carlos Cantero o punto diferencial que fixo que as galegas gañasen estivo en que “melloramos durante o partido máis que no xogo, a nivel emocional”. Explica que foron “máis fortes que elas, soubemos xestionar mellor o partido, soubemos ler mellor as situacións, sobre todo no último cuarto, e soubemos manter esa agresividade que quizais elas non souberon manter sobre todo en defensa. Elas non tiñan tanto acerto no último cuarto. E nós, que noutros momentos non metiamos triplos, nesa fase de partido conseguimos facelo”.

Neste partido foi elixida a MVP na enquisa do público a mesma xogadora que obtivo a mellor valoración nas estatísticas do encontro: Merritt Hempe. A deportista sumou 17 de valoración e anotou 23 puntos.

⛹🏻IX Jornada #LFEndesa
🏀 Final final finaaaaaal. Un partido que nos ha costado MUCHÍSIMO, pero que suma igual un ✅

🚜 Ensino [70] – [65] Bembibre
↘️ Elige a la MVP del partido. #SomosEnsino | #VoltaráLoita@DuranMaquinaria @Cafescandelas @SomosABANCA

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 31, 2020

Para ver o partido completo podes acceder á transmisión realizada pola canle da Federación Española de Baloncesto. Esta é a ligazón ao partido entre Ensino e Bembibre. 

FICHA TÉCNICA

DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Merritt Hempe (23), Natalie Isabelle Van Den Adel (6), Aleksandra Stanacev (2), Vega Gimeno (7), Bea Sánchez (6) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Laura Aliaga (10), Chatrice Marie White (11) e Alba Prieto (5).

EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE PD: De´Andrea Lenae Givens (16), Concepción Mongomo (3), Marianne Fanny Kalin (4), Monika Aniela Naczk (4) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Sara Rokkanen (-), Ana María Palma (3), Laura Méndez (4) e Batouly Fatoumata Camara (-).

PARCIAIS: 18-23, 19-16, 16-18 e 17-8.

ÁRBITROS: Paula Lema Parga, José María Terreros San Miguel e Cristian Martín Vázquez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á novena xornada na Liga Endesa, disputado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Carlos Cantero: “Soubemos xestionar mellor as situacións”

 

Etiquetas baloncestobasketDurán Maquinaria EnsinoEmbutidos Pajariel BembibreEnsino CB
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

canasta baloncesto

A FEGABA reactiva “Se protestas, non encestas”

por Redacción As Nosas
16/01/2026
0

"Se protestas, non encestas" é un proxecto pioneiro, que avaliou máis de 5.000 partidos na súa primeira edición, arrincará esta...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.