• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

O Ensino recibe en casa a un rival directo

As lucenses enfrontaranse ao Kutxabank Araski o venres, no marco da 14ª xornada | O conxunto galego ten baixas pero Carlos Cantero preferíu mantelas en segredo para non dar pistas as rivais

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/12/2020
en Liga Feminina Basket, Baloncesto
Laura Aliaga e Fiona O'Dwyer, xogadoras do Ensino / PATRI CAMPOS

Laura Aliaga, do Ensino, quere centrarse no paritdo a partido para fuxir das derrotas / PATRI CAMPOS

64
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Durán Maquinaria Ensino busca escapar da terceira derrota consecutiva a piques de finalizar a primeira volta da Liga Femenina Endesa. Para logralo, as galegas deberán vencer ao Kutxabank Araski o venres ás 20:30 horas, un rival que, cun partido menos, atópase dúas posicións por debaixo a dous puntos.

As lucenses veñen de perder contra o Campus Promete e contra o penúltimo da táboa, o Al-Qázeres. Con todo, o cadro dirixido por Carlos Cantero non perde a ilusión de loitar por unha praza para a Copa.

🏀Jornada 14 #LFEndesa

El 4 de Diciembre a las 20:30 nos mediremos a @Araski en Lugo.

📺 @BaloncestoESP en directo.
🔥Objetivo la Copa.
🚷 Aforo reducido. #SomosEnsino #VoltaráLoita pic.twitter.com/bpF4ifqmBm

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) December 1, 2020

O próximo reto do Ensino

“É un rival cun plantel moi bo, un equipo que se fixo para estar arrriba e por determinadas causas que elas sabrán non lles están saíndo as vitorias, pero están compitiendo nos partidos”, declarou o adestrador lucense sobre o Araski. “Será un partido complicado”, resume.

Na súa contra segue a cuestión das baixas rotacións de xogadoras, malia a recente incorporación de Nina Bogicevic, quen se está adaptando moi ben ao grupo. Haberá baixas para a cita contra o Araski, pero o técnico non quixo desvelar cantas nin quenes para non dar pistas ao rival.

Este problema de falta de xogadoras vese agravado polas consecuencias do parón de seleccións, que deixou a algunhas baloncestistas tocadas. “O tema de lesións, falta de xogadoras e falta de adestramentos de calidade nótase nos partidos”, explica Cantero.

Durán Maquinaria Ensino vs Embutidos Pajariel Bembibre / FEB
Durán Maquinaria Ensino vs Embutidos Pajariel Bembibre / FEB

Neste sentido, a xogadora Bea Sánchez sinala que os clubs saen perdendo das ventás europeas, pero é unha cuestión que manexa a FIBA. Por iso, conclúe que “se nos gusta este deporte e o queremos seguir facendo, é o que toca por así dicilo”.

Bea volveu con molestias da súa participación coa selección española e varias xornadas despois comeza a estar recuperada. Durante o seu tempo fóra da pista a xogadora declara que sinte “parte de culpa por non poder ter estado aí axudando ao equipo en todo o que podía”.

De todas formas, o seu regreso está máis preto e “pouco a pouco voume atopando mellor e esperemos que poda xogar mañana”, declarou.

Carlos Cantero: “É como tirar unha moeda. Nos últimos tres partidos tivemos as dúas caras e quizais no último tivemos as dúas caras no mesmo partido. Non somos un equipo que se poida permitir eses altibaixos”

No relativo aos malos resultados, Sánchez declara que “un partido pódese gañar ou perder e nós tivemos esa mala sorte de encaixar dúas derrotas”.  “É como tirar unha moeda. Nos últimos tres partidos tivemos as dúas caras e quizais no último tivemos as dúas caras no mesmo partido. Non somos un equipo que se poida permitir eses altibaixos”, engade o adestrador.

A fin da primeira volta achégase pero o técnico rexeita facer contas para calcular se o Ensino poderá competir na Copa. Pola súa parte, Bea Sánchez sinala que os seguintes partidos serán coma “dúas finais, xa que o Araski é un partido con bo plantel e o Quesos El Pastor de Zamora, cos seus últimos reforzos, seguro que tamén da un paso cara diante”.

Partido a partido

E no lado do Ensino? A solución a esta mala racha téñena clara. “O máis importante é centrarnos en nós e dar o 100% e intentar conseguir como sexa esas dúas vitorias”, resume a xogadora.

Unha filosofía de partido a partido que comparte Cantero e tamén a extremo Laura Aliaga. “Sempre estamos pensando en positivo e en gañar partidos. Cando un equipo recibe dúas derrotas sabe o que ten que facer, que é gañar, pero como todos os partidos de Liga”.

A Copa é unha posibilidade coa que non queren obsesionarse. “Non creo que teñamos que nos poñer a presión de entrar na Copa ou non. Creo que é mellor saír a xogar, desfrutar e xogar en equipo facendo o que sabemos facer e logo xa pensar na Copa. Creo que se pensamos tanto nela sairemos moi nervosas”, reflexiona Aliaga.

Laura Aliaga: “Creo que é mellor saír a xogar, desfrutar e xogar en equipo facendo o que sabemos facer e logo xa pensar na Copa”

Sobre o estado físico e mental do equipo, a xogadora explica que “na pretempada, tanto o preparador físico como o adestrador, preparáronnos ben para en estas ocasións poder tirar un pouco máis do corpo. Aínda que esteamos máis cansadas, as ganas de gañar fan que o dolor desapareza. Intentas esforzarte para o seguinte partido, e o seguinte, porque sabes que fas falta no equipo”.

Unha mentalidade non stop que resume en que “para descansar xa haberá tempo”, sendo o máis importante coidarse para chegar ben aos encontros.

A confianza nas xogadoras

Para loitar pola vitoria, un dos erros a corrixir pasa pola defensa lucense. No anterior duelo a posición de extremo foi un coladero de puntos, chegando a anotar a extremo Eleanna Christinaki chegou a sumar 25 puntos. “Poderíamos ter feito unha defensa moitísimo mellor a ela e ter recortado puntos. Pero agora temos que pensar no seguinte partido e demostrarlle ao adestrador que as exteriores defendemos moi ben. Ningunha exterior vai meternos canastras”, asegurou con moita contundencia Aliaga.

O plantel non é moi extenso, pero Cantero declara que “con estas xogadoras se pode apostar perfectamente, pódese confiar. Simplemente pido que a súa actitude e nivel competitivo  sexan os que teñen que ser”

Así, entre as filas do Ensino estarán xogadoras que están a asinar unha moi boa tempada. É o caso de Vega Gimeno que, cunha media de 13,62 puntos valorativos, é a xogadora de nacionalidade española mellor valorada da competición. Gimeno foi ademais a MVP da última cita, empatada con Christinaki, ao asinar 23 puntos e seis rebotes.

Outra peza clave no xogo lucense é Merrit Hempe, a cuarta máxima anotadora da competición e a primeira do equipo galego. Con moita probabilidade, xunto a ela estará Aleksandra Stanacev, a terceira xogadora que máis asistencias aporta na Liga e a cuarta con máis minutos disputados.

O partido, que se disputará o venres ás 20:30 horas terá un aforo limitado. Algo que tamén xoga en contra do Ensino, xa que Cantero recoñece que se nota moito a falta do público e o botou moito en falta no encontro contra o Campus Promete.

📸 Durísima cita mañana 🆚 @Araski. Tiempo de creer y de EQUIPO. #SomosEnsino #LFEndesa #VoltsráLoita pic.twitter.com/1nrTraIGZP

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) December 3, 2020

Etiquetas baloncestobasketBea SánchezCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLiga Femenina Endesa
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lino López, un dos premiados na basketgal xunto Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

A Federación Galega de Baloncesto presenta aos premiados da Gala ‘Basketgal 2025’

por Redacción As Nosas
06/06/2025
0

  A Federación Galega de Baloncesto xa ten a lista de persoas galardoadas que recibirán a súa homenaxe o próximo 11 de xuño na...

Paula Ginzo e Menor na Deputación de Ourense | Imaxe: Deputación de Ourense

Paula Ginzo é recibida polo presidente da Deputación de Ourense tras os seus éxitos máis recentes

por Martín Pais
07/05/2025
0

A xogadora de baloncesto internacional Paula Ginzo, actualmente nas filas do C.B. Jairis, foi recibida esta mañá polo presidente da...

Plantilla do Baxi Ferrol 2024-25 que xoga a Eurocup / UNIVERSITARIO FERROL

EUROCUP 24-25 | O Baxi Ferrol, a pola historia con maiúsculas do baloncesto galego

por Martín Pais
02/04/2025
0

Hoxe é o día para facer historia, con maiúsculas. Unha xornada para escribir con letras douradas no libro do deporte...

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e outros membros da xunta directiva para estudar posibles vías de colaboración en materia de promoción da igualdade e de loita contra a violencia de xénero / FEGABA

A FEGABA presenta á consellería de Política Social e Igualdade o seu proxecto ‘Social Basket’

por Redacción As Nosas
23/10/2024
0

  A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), Julio...

Presentación do I Memorial Maite Méndez / XUNTA DE GALICIA

O I Memorial Maite Méndez terá lugar o 15 de setembro

por Redacción As Nosas
12/09/2024
0

  Presentouse o I Memorial Maite Méndez que organiza o Club Baloncesto Arxil e que terá lugar no Pavillón Municipal...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.