• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

O Ensino perde pola mínima cun 77-74 na súa viaxe a Cáceres

Un encontro igualado pero perdido contra o Al-Qázeres alonxa ás lucenses da Copa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/11/2020
en Baloncesto, Liga Feminina Basket
O Ensino alónxase da Copa tras perder co Al-Qázeres / ENSINO IG

Imaxe de arquivo de Ensino e Al-Qázeres / ENSINO IG

50
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O adestrador do Durán Maquinaria Ensino, Carlos Cantero, xa apuntaba na previa do encontro que a Copa da Raíña non é unha prioridade para o equipo lucense e que prefire centrarse nos partidos. Agora, tras a derrota 77-74 contra o Alter Enersun Al-Qázeres Extremadura, as posibilidades de disputar o campionato alónxase aínda máis.

Cinco puntos separaban ás lucenses das extremeñas, penúltimas na táboa, antes do duelo da décimo terceira xornada. Unha distancia que, tras a vitoria, acurta o Al-Qázeres, que mantivo o nivel moi alto durante todo o encontro.

Os dous partidos nun do Ensino

“Semella que volvemos especular co partido. Outra vez vivimos dous partidos diferentes, un na primeira parte e outro na segunda”, reflexionaba o adestrador do conxunto de Lugo, Carlos Cantero.

O Ensino caeu fronte ao Al-Qázeres / ENSINO TW
O Ensino caeu co Al-Qázeres / ENSINO

Os primeiros minutos foron dominados polo conxunto local, que se adiantaba con facilidade no marcador ata lograr un 28-21 á fin do primeiro parcial. A unidade e fortaleza do equipo extremeño complicoulle o encontro ao Ensino, que tardou en reaccionar.

A remontada non foi posible na primeira parte, aínda que as visitantes comezaron a achegarse ao Al-Qázeres no electrónico asinando un 45-41 ao tempo de descanso.

Cantero recoñece a súa insatisfacción co partido xogado polas súas baloncestistas no primeiro tempo, que o deixa “moi descontento co equipo, coa actitude e coa intensidade defensiva sobre todo das exteriores”. Porén, “os axustes tácticos funcionaron cara a segunda parte”, que tamén foi un vaivén de puntos.

As lucenses comezaron a recortar distancias e por primeira vez adiantáronse no marcador. O terceiro cuarto serviu para que as visitantes se puxeran por diante con cinco puntos de diferenza, que perderon nos últimos dez minutos. Un final de infarto, que decantou o último cuarto para as locais cun 22-14 no luminoso e tamén así o partido, deixando os dous puntos en Cáceres, por unha mínima diferenza de tres puntos.

Carlos Cantero: “Cando xogas a especular un partido, vinte minutos si, vinte non, o resultado pode caer dos dous lados, pero desta vez caeu do lado rival”

O acerto de Christinaki para o Al-Qázeres desde a liña de tiro libre impediu a vitoria lucense a dúas xornadas da fin da primeira volta. “O desastre da primeira parte”, como o califica o técnico lucense, castigou ás xogadoras do Ensino, que tras esta xornada quedan na novena posición, con 18 puntos.

“Cando xogas a especular un partido, vinte minutos si, vinte non, o resultado pode caer dos dous lados, pero desta vez caeu do lado rival”, resumiu o adestrador.

As dúas xogadoras mellor valoradas da cita foron Eleanna Christinaki para o conxunto local e Vega Gimeno para o visitante, ambas con 28 créditos de valoración. Christinaki foi ademais a máxima anotadora do encontro, con 25 puntos, seguida por Gimeno, con 23, quen sumou tamén seis rebotes.

Así mismo, Vega Gimeno foi elixida como a MVP da afección lucense do encontro, segundo informa a conta de Twitter do propio club.

Vosotras la habéis elegido, @vegagimeno es la MVP de la afición del partido de ayer.

🏹 23 Puntos, 6 Rebotes, 1 Tapón y 3 Faltas recibidas para 28 de VAL.#SomosEnsino pic.twitter.com/fP3js8vIA4

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) November 28, 2020

Para a próxima cita, o Ensino enfrontarase a un rival da súa Liga, o Kutxabank Araski, que sitúase, cun partido menos, a dous posicións por debaixo das xogadoras de Cantero. O encontro terá lugar en Lugo, o venres, 4 de decembro, ás 20:30 horas.

As lucenses do Ensino víronse derrotadas polo Al-Qázeres / ENSINO TW
As lucenses do Ensino víronse derrotadas polo Al-Qázeres / ENSINO TW

FICHA TÉCNICA

77) ALTER ENERSUN AL-QÁZERES EXTREMADURA: Christinaki (25), Hart (7), Aydin (13), Hittner (15), Fasoula (2) -quinteto inicial-. Tamén xogaron: Victoria Llorente (8), Hatchi (4) e Lahuerta (3).

74) DURÁN MAQUINARIA ENSINO:  Hempe (16), Stanacev (11), Gimeno (23), Aliaga (8), Prieto (5) -quinteto inicial-. Tamén xogaron: Van Den Adel (1), White (7) e Bogicevic (3).

PARCIAIS: 28-21, 17-20, 10-19 e 22-14

ÁRBITROS: Enrique Miguel López Herrada, María Ángeles García Crespo e Rodrigo Palanca Page. Eliminaron por cinco faltas persoales a Laura Aliaga, do Ensino.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo terceira xornada de Liga Femenina Endesa, disputado no pavillón Multiusos Ciudad de Cáceres.

Etiquetas Al-QázeresbaloncestobasketCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLiga Feminina EndesaLugoVega Gimeno
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lino López, un dos premiados na basketgal xunto Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

A Federación Galega de Baloncesto presenta aos premiados da Gala ‘Basketgal 2025’

por Redacción As Nosas
06/06/2025
0

  A Federación Galega de Baloncesto xa ten a lista de persoas galardoadas que recibirán a súa homenaxe o próximo 11 de xuño na...

O concelleiro Jorge Bustos no pavillón municipal / CONCELLO DE LUGO

Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello de Lugo utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

As entidades deportivas do Concello de Lugo poderán presentar as súas peticións para o uso de balde de instalacións municipais,...

Lugo acolle o Campionato de España Júnior feminino de voleibol / CV ARENAL EMEVÉ

Lugo convértese no epicentro do voleibol estatal co Campionato de España Júnior Feminino 

por Redacción As Nosas
13/05/2025
0

  O Campionato de España Júnior Feminino de voleibol celebrarase en Lugo xuntando ao 32 mellores equipos do país e...

Paula Ginzo e Menor na Deputación de Ourense | Imaxe: Deputación de Ourense

Paula Ginzo é recibida polo presidente da Deputación de Ourense tras os seus éxitos máis recentes

por Martín Pais
07/05/2025
0

A xogadora de baloncesto internacional Paula Ginzo, actualmente nas filas do C.B. Jairis, foi recibida esta mañá polo presidente da...

Plantilla do Baxi Ferrol 2024-25 que xoga a Eurocup / UNIVERSITARIO FERROL

EUROCUP 24-25 | O Baxi Ferrol, a pola historia con maiúsculas do baloncesto galego

por Martín Pais
02/04/2025
0

Hoxe é o día para facer historia, con maiúsculas. Unha xornada para escribir con letras douradas no libro do deporte...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.