• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

O Ensino faise pequeno ante os rivais da parte inferior (78-72)

A garra de equipos que loitan por non descender, como o Campus Promete, supera ás lucenses sobre a pista | Cantero: "Mostran unha actitude e unha intensidade máis seria"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/03/2021
en Liga Feminina Endesa, Baloncesto
As xogadoras do Ensino caeron ante o Campus Promete / CB ENSINO IG

As xogadoras do Ensino caeron ante o Campus Promete / CB ENSINO IG

80
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A tempada aínda non rematou, pero o Durán Maquinaria Ensino acusa o cansancio e desconcentración que fai que non poida contra equipos a priori inferiores. Este foi o caso ante o Campus Promete, que se xoga a permanencia, e venceu ás lucenses 78-72.

Grazas ao traballo realizado en xornadas anteriores na Liga Feminina Endesa, as galegas afrontan este tramo final coa tranquilidade de ter a categoría salvada e coa posibilidade de rematar entre os de arriba. Pero este estado é un arma de dobre filo xa que, como xa sucedeu ante o Bembibre, “estes equipos mostran unha actitude e unha intensidade máis seria que os que estamos pelexando polo playoff“, sinala Carlos Cantero.

Catro puntos e seis posicións eran a distancia entre galegas e rioxanas antes de disputar o seu encontro da segunda volta. Coa vitoria para as segundas, a diferenza redúcese a tres puntos, pero ambos manteñen os seus postos: sétimo para o Ensino e 13ª para o Campus Promete.

O Ensino perseguiu ao Promete pero non o alcanzou

As locais nesta xornada xogábanse a vida, tendo que asinar unha vitoria en casa para seguir vivas na loita por non descender a LF2.

Así, o Promete liderou o partido nos dez primeiros minutos, nos que o Ensino apretaba pero non agarraba ás rivais. Nos tres primeiros minutos as rioxanas gañaban xa de tres puntos, unha renda que se mantivo ao longo dos dez minutos para rematar aumetnando ata os catro no final (18-14).

Coa tarefa de remontar o resultado e recuperarse dun mal inicio de partido, as de Cantero saíron á pista. Porén, de novo, as locais golpearon primeiro, índose aos cinco puntos de diferenza, e coas lucenses sen atopar o seu xogo.

Ao borde do descanso, cando faltaban vinte segundos para chegar ao ecuador do partido, o Ensino por fin recuperou sensacións e asinou un parcial 0-5, que non lle serviu para irse a vestiarios por diante (32-26).

As galegas necesitaban unha pausa para recompoñerse e así o demostraron sobre o parqué. O conxunto de Cantero saltou á cancha máis concentrado, o que se traduxo no seu xogo.

Segunda metade frenética

Con maior acerto que na primeira parte, as lucenses lograron colocarse por diante momentáneamente, no 42-43. O terceiro cuarto foi un pulso entre ambos equipos. A menos de medio minuto para o seu remate, as locais gañaban só dun punto, e o Ensino presionaba para chegar ao tempo final por diante.

Porén, o acerto de Paula Estebas foi moi determinante. Cun 2+1 situaba ao seu equipo nos segundos finais a catro de distancia das galegas, que sumaron dous puntos na xogada seguinte da man de Aliaga. Xa a contrareloxo, o Promete meteu de dous sobre a bocina, rematando no 52-49 a seu avor, pero que deixaba o resultado aberto para o tempo final.

♀ #LFEndesa | La MAGIA de la #LFEndesa

Paula Estebas, @laura_aliaga12 y @L_Littles, protagonistas de un final de 3⃣ cuarto ESPECTACULAR en el @CDPromete 🆚 @EnsinoLugoCB 🔥 pic.twitter.com/2sxMKn7YgM

— Baloncesto España (@BaloncestoESP) February 28, 2021

As esperanzas de remontada desvanecéronse xa no último cuarto. O Promete entrou neste tramo final aumentando a súa renda a costa das galegas, que non lograban reaccionar ante o xogo local.

Con todo, Vega Gimeno volveu enchufar ao seu equipo con sete puntos seguidos, que poñían o marcador nun 60-58 prometedor para o Ensino. As rioxanas íanse de novo no marcador e tras un triplo de Stanacev que mantiña as posibilidades galegas, o Promete asinaba catro puntos a pouco máis dun par de minutos para o final.

Cantero parou entón o reloxo, dando instruccións ás súas pupilas que estaban xa a sete puntos do rival. Tras o seu discurso entraron tres puntos do Ensino, que reducía distancias de novo con dous puntos de Aliaga.

De novo, como xa sucedera no terceiro cuarto, os segundos finais foron frenéticos. Quedaban vinte segundos para o remate do partido e as locais gañaban xa de cinco.

Nos instantes finais o partido foi un vaivén de canastras. Cando o Ensino se colocaba a tres, o Promete respondía cun tiro acertado. Porén, o marcador conxelouse para as visitantes nos 72 puntos, fronte aos 78 finais das rioxanas, que deixaron os puntos da vitoria en casa.

A valoración de Cantero

“Fumos a remolque practicamente todo o partido”, analizaba o adestrador lucense no post partido. Carlos Cantero sinalou a falta de acerto das súas xogadoras baixo o aro e desde a liña de tiro libre, unha área na que noutras ocasións son un conxunto constante.

Carlos Cantero: “Hai que faceles ver que a tempada non rematou, que sigue e que agora ao final é cando hai que apretar”

Ao final, a derrota explícase por “moitos detalles que nos deixan outra vez na liña de que hai que seguir traballando e de que no plano mental hai que faceles ver que a tempada non rematou, que sigue e que agora ao final é cando hai que apretar”.

FICHA TÉCNICA

78) CAMPUS PROMETE: Weaver (20), Estebas (10), Diarra (4), Nogic (7) e Flores (18) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Barneda (4), Knezevic (9), Alarcón (5) e Kovacevic (1).

72) DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Aleksandra Stanacev (14), Alba Prieto (-), Helena Oma (4), Vega Gimeno (11), Merritt Hempe (13) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Bea Sánchez (12), Laura Aliaga (16), Chatrice White (2) e Marta Blanco (-).

PARCIAIS: 18-14; 14-12; 20-23; 26-23.

ÁRBITROS: García León, Terreros San Miguel e Colomer Castello.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 27 da Liga Femenina Endesa disputado no Palacio de los Deportes de La Rioja.

Etiquetas baloncestobasketcampus prometeCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLugo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Presentación do Games Series Galicia en Lugo / XUNTA DE GALICIA

Lugo acolle o domingo o Circuíto Games Series Galicia

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

O circuíto Games Series Galicia desenvolverase nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera da capital lucense o vindeiro domingo, 12...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.