• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGOPUBLICIDADE - DEPORTE GALEGO
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

O Ensino e o BAXI volven á senda da vitoria

Os dous equipos galegos venceron os seus respectivos partidos, sendo superiores nas segundas partes

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
17/03/2022
en Baloncesto, Liga Feminina Basket
O Ensino e o BAXI volven á senda da vitoria / ENSINO

O Ensino e o BAXI volven á senda da vitoria / ENSINO

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Xogar entre semana séntalle ben aos clubs galegos da LF Endesa. Tanto o Durán Maquinaria Ensino como o BAXI Ferrol venceron en casa, derrotando ao Movistar Estudiantes e ao Zaragoza respectivamente.

Ademais, nos dous casos, as galegas asinaron un gran duelo na segunda parte dos seus partidos, cunha traxectoria ascendente que lles permitiu vencer con tranquilidade.

O Pazo leva ao Ensino cara a vitoria

En Lugo, o Ensino recibía a un Movistar Estudiantes perigoso, nun bo momento deportivo despois de ter plantado cara a rivais da zona alta. En palabras do adestrador do plantel galego, Fernán Varela, o conxunto local afronta xa cada partido “coma unha final“, e coa necesidade apremiante de sumar vitorias.

O duelo comezou de cara para as locais, que facían fronte ao baixo o aro das visitantes respondendo desde o tiro exterior. Con todo, as madrileñas adiantáronse no marcador, para colocarse a tres puntos das galegas á fin do primeiro cuarto.

No segundo o Ensino apretou en defensa, para deixarlle menos ocasións de canastra fácil ao Estudiantes, e reducir distancias cara a segunda metade. O descanso chegou cun axustadísimo 28-32.

Tras o paso por vestiarios, as lucenses colleron forza para saltar ao parqué do Pazo dispostas a levarse a vitoria. Orsili lideraba os ataques das lucenses para poñer ao seu equipo por diante tras a reanudación, pero as visitantes respondían coas canastras de Angelique. O poder comezaba a cambiar de mans e o estadio preparábase para a remontada galega.

Co apoio da afección na bancada, e os folgos da Peña Ensino, as galegas iniciaron o camiño á vitoria. A falta de dez minutos as locais perdían de dous puntos, pero non tardaron en dar a volta ao marcador para inclinar a balanza ao seu favor.

A través dun xogo coral, con Van den Adel e Sofia Gomes como xogadoras destacadas, as de Lugo abríanse paso no luminoso á vez que freaban desde a defensa ás visitantes. Cun 70-60 final, o Ensino puido festexar co seu público un triunfo importantísimo para seguir en LF Endesa.

Ensino vs Movistar Estudiantes / ENSINO
Ensino vs Movistar Estudiantes / ENSINO

Fernán Varela: “Conseguimos manter o nivel de dureza atrás e xogar con mellor ritmo”

O adestrador das lucenses explicou na súa análise do partido que malia que “o inicio non foi o que desexábamos, conseguimos manter o nivel de dureza atrás e xogar con mellor ritmo no terceiro e último cuarto”.

Esa foi a clave da vitoria do Ensino, que foi quen de manter o ritmo e non virse abaixo malia os certeiro tiros das rivais. Aínda así, Varela xa pensa nos puntos a mellorar e admite que “os adestradores non sei se estamos satisfeitos nunca. Teño na cabeza algunhas posesións que me fan máis dano a min que o que di a estatística. Pero fixemos un esforzo importante e esta é a liña que queremos seguir”.

Varela: “Fixemos un esforzo importante e esta é a liña que queremos seguir”

Neste encontro o conxunto galego atopou a solidez que lle faltaba noutros duelos, e “ao ser constantes nos momentos difíciles, no momento no que collemos vantaxe puidemos dominar o partido e estar máis cómodas na pista”. Iso, e os tiros libres, deron como resultado unha vitoria lucense.

Respecto á boa asistencia de público, Fernán Varela destacou que “é un pracer ver tanta xente e ter unha actitude correcta, que é o que queremos transmitirlles”.

⏰ FINAL FINAL EN EL PAZO ‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️‼️

Jornada 25 #LFEndesa

GRACIAS PAZO, GRACIAS CEIP CASÁS, GRACIAS @Ensinopenha @EnsinoLugoCB 7️⃣0️⃣@MovistarEstu 6️⃣0️⃣@laura_aliaga12 💯
📸@rebeca_1826 Rebeca Fernández #ActitudRío#VamosEnsino pic.twitter.com/evcZWp5tjE

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) March 16, 2022

Dobre celebración en Ferrol

Na Malata, o BAXI Ferrol recibía ao Casademont Zaragoza, nun partido no que as ferrolás tiñan que facer fronte a un rival da zona media da táboa para dar un paso máis cara a salvación.

Cunha espectacular actuación, a vitoria quedou en casa, e as galegas sitúanse a un punto do 14º e 13º clasificado, e a dous do 12º, o Ensino, o que as mantén vivas na loita pola permanencia.

Ademais, o plantel universitario pode presumir de ter a unha das MVPs da xornada nas súas filas. Taylor Koenen foi, xunto a Dongue do Araski, a mellor valorada, con 28 créditos.

No partido, as forzas comezaron igualadas entre os dous conxuntos, sen que ningún deles dominara por completo. Entre as galegas, Koenen, Ivanovic e Allen repartíanse os puntos, mentres que Vega Gimeno lideraba ás visitantes.

Tras o empate 14-14 do primeiro cuarto, no segundo as ferrolás deron un golpe na mesa. Cun xogo coral, as locais tomaron a iniciativa para dominar tanto no triple como nos tiros de dous, marcando distancias co Zaragoza. O descanso chegou cun 33-24.

Despois da pausa, o dominio ferrolán non fixo máis que aumentar. O BAXI Ferrol xogaba cómodo na súa pista, marcando os tempos e deixando sen opcións claras de tiro ao conxunto visitante. De feito, o Zaragoza non se atoparía co aro ata pasado o ecuador do terceiro cuarto, mentres que a puntuación das galegas seguía aumentando.

No cuarto final, o cadro local deu o golpe final. Sen problemas en ataque e cunha defensa férrea, as ferrolás sentenciaron o encontro cun 74-49 final.

O BAXI Ferrol vence ante o Zaragoza / BAXI
O BAXI Ferrol vence ante o Zaragoza / BAXI

Lino López: “O equipo estivo de sobresaliente”

Ao remate do encontro, o adestrador Lino López recordaba como o equipo “necesitaba unha vitoria” e que a estas alturas de tempada “todos os partidos son finais e como tal hai que afrontalos, da igual o rival”.

No duelo, o BAXI estivo “de sobresaliente”, sobre todo no apartado defensivo, xogando cun “nivel alto de intensidade e concentración”. Incluso nos momentos duros, o conxunto foi quen de sacar o partido adiante, polo que o técnico asegura que “só se pode felicitar”.

Lino López: “Fumos capaces de que non se sentisen cómodas”

López destacou tamén que malia contar cunha “rotación tan cuarta e xogando tantos minutos contra un equipo como o Zaragoza, con xogadoras de nivel, fumos capaces de que non se sentisen cómodas”.

🎙Declaraciones de @linolopez04 tras el partido BAXI Ferrol @UniFerrol 74 – @CasademontZGZ 49#SienteelUni pic.twitter.com/234Q7OGZQ5

— Baxi Ferrol (@UniFerrol) March 16, 2022

Etiquetas baxiBaxi FerrolDurán Maquinaria EnsinoEnsinoEnsino LugoFerrolLF EndesaLugo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

BAXI Ferrol na Malata / FEB

Triunfos de Baxi Ferrol e Ensino Lugo na sexta xornada da Liga Femenina Endesa na que só tropeza o Celta

por Redacción As Nosas
03/11/2023
0

  Levamos xa seis xornadas de competición na Liga Femenina Endesa de baloncesto e os tres clubs galegos que militan...

Giomi durante un partido Kutxabank Araski vs Durán Maquinaria Ensino / DVIZPHOTO

A primeira vitoria do Durán Maquinaria Ensino foi a costa do Kutxabank Araski (68-71)

por Redacción As Nosas
29/10/2023
0

  Tardou en chegar pero aconteceu. O primeiro triunfo en liga do Durán Maquinaria Ensino nesta tempada 2023-24 foi a...

Presentación do VI Ciclocrós Concello de Betanzos incluído na Copa Galicia, o acto contou coa presenza da alcaldesa María Barral; Ricardo Cheda, concelleiro de Deportes; José Manuel Pérez e Juan Carlos Díaz, secretario e tesoureiro do Caimanes Betanzos; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego / FCG

A Copa Galicia de Ciclocrós arranca en Betanzos e Ferrol cunha meteoroloxía que promete dureza e lama

por Redacción As Nosas
19/10/2023
0

  O Ciclocrós autonómico dará inicio ao seu certame esta fin de semana cunhas condicións meteorolóxicas dignas do inverno. Haberá...

Lointek Gernika Bizkaia vs Durán Maquinaria Ensino / MARÍA MENTXAKA

Difícil cruce para o Durán Maquinaria Ensino que recibe o sábado ao líder, Valencia Básket

por Redacción As Nosas
13/10/2023
0

  Non está a ser doado o arranque de competición para os tres equipos galegos da Liga Feminina Endesa. Esta...

CV Arenal Emevé 2023 / CV EMEVÉ

O CV Arenal Emevé acada a súa primeira vitoria pola vía rápida (3-0) e festexa o San Froilán

por Redacción As Nosas
07/10/2023
0

  O CV Arenal Emevé estreou a súa marcadora de vitorias pola vía rápida cunha vitoria por 3-0 diante do...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
2º Premios do Deporte Concello de Miño / CONCELLO DE MIÑO 2023

O deporte de Miño vístese de gala nos ‘II Premios do Deporte’

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
2º Premios do Deporte Concello de Miño / CONCELLO DE MIÑO 2023

O deporte de Miño vístese de gala nos ‘II Premios do Deporte’

02/12/2023
Laurina, Dépor ABANCA, no XI Teresa Herrera en Riazor / @RAULFC_FILM

Laurina, do Dépor ABANCA, é baixa “por tempo indeterminado” para “coidar a súa saúde mental”

01/12/2023
Eva Dios e Millene Cabral na inauguración da peña deportivista Tralla Brava / SABELA MOSCOSO

Eva Dios na inauguración da peña deportivista Tralla Brava: “Para nós é un luxo poder estar tan preto da afección”

30/11/2023
San Silvestre Coruña / SAN SILVESTRE CORUÑA

A San Silvestre Coruña impulsa unha campaña de recollida de alimentos

29/11/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.