• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

O Ensino despídese da tempada loitando ante o Valencia (82-54)

Cantero: "Fixemos un partido digno" | O plantel lucense despídese da loita polo título tras caer en cuartos ante o Valencia Basket de Raquel Carrera

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/04/2021
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
Raquel Carrera no Valencia Basket vs Ensino / FEB

Raquel Carrera no Valencia Basket vs Ensino / FEB

94
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non puido ser. O Durán Maquinaria Ensino vése obrigado a despedir a tempada tras unha derrota ante as todopoderosas xogadoras do Valencia Basket. O partido, celebrado en terras valencianas, enmarcábase nos cuartos da loita polo título, e rematou cun 82-54 para as locais.

“Fixemos un partido digno”, analiza o adestrador do cadro galego, Carlos Cantero. As lucenses chegaban en inferioridade en moitos aspectos a esta eliminatoria, tras pasar un confinamento pola COVID-19 e cun plantel de menores rotacións. Enfronte, un Valencia Basket capaz de todo e recentemente coroado como campión da Euro Cup.

A primeira metade foi a dun Ensino loitador

Con todo en contra e nada por perder, o Ensino saltou á pista valenciana con enerxía. O obxectivo era, non tanto superar os 11 puntos de diferenza da ida, senón rematar o curso cun bo sabor de boca.

Contra todo pronóstico, os primeiros minutos deste duelo estiveron marcados case pola igualdade, cun cadro taronja que levaba a vantaxe, pero sen moita diferenza.

O duelo comezou cun parcial contundente dun 10-0 a favor das laranxas, pero o triplo de Stanacev inaugurou o pulso e abriu a esparanza para as galegas, que tiraban de ilusión para aguantar ante un xigante como o Valencia. Presionando en cada balón, o Ensino logrou manterse metido no partido malia a súa inferioridade, quedando o primeiro cuarto nun 18-13.

Para o segundo tempo, as lucenses estaban moi motivadas para ir a pola remontada. Tanto foi así, que lograron situarse a cinco puntos por riba do rival, tendo a un par de tiros a oportunidade de darlle a volta á eliminatoria. Prieto desde o exterior e Hempe baixo aro lideraban ás visitantes.

Porén, o ataque do Valencia foi superior, e as taronjas volveron decantar o partido ao seu favor. O descanso chegaba cun axustadísimo 35-32 e coa tranquilidade local do colchón do partido de ida.

Os erros en rebote nas visitantes e o poderío de Trahan-Davies condicionaron a actuación do Ensino. “Non nos deixaban irnos, porque en canto collíamos a vantaxe de 5 ou 6 puntos a metían rápido a pista e enseguida sacaba rebotes ou algunhas canastra fácil”, explica Cantero sobre a 11 taronja, que sería a MVP do duelo.

O corpo non aguantou máis na segunda parte

Despois do descanso, as forzas comezaron a fraquear nas filas galegas, cun Ensino visiblemente vido a menos. Con só dúas xogadoras no banco, quitando a Vega Gimeno, presente pero sen posibilidade de disputar minutos, Cantero facía as rotacións posibles para manter a frescura no campo.

O curto plantel galego foi o maior hándicap para as xogadoras do Ensino, que no terceiro cuarto vían escapar calquera ilusión pola remontada. O Valencia aproveitou este tempo para romper o partido ao seu favor definitivamente.

Os triplos, entre eles os da ourensá e recentemente drafteada pola WNBA Raquel Carrera, aumentaban a diferenza entre ambos equipos.

“Hai un momento no que tiñamos que usar a zona porque en individual non chegabamos e coincidiu que entraron os triplos nunha zona que tiñamos pechada para evitar que correran e colleran rebotes. Entre cansancio e esa frustración de que metan de tres, os tiros fáciles tampouco entraban”, indica o adestrador lucense.

Cristina Ouviña desde a dirección e unha Celeste Trahan-Davies imparable marcaban o tempo do encontro, botando por terra os soños galegos. O último cuarto chegaba xa cun 60-46.

Pouco podían facer xa as de Cantero no cuarto final, que foi un “quero e non podo”. Cun Ensino vido a menos, as lucenses non tiñan forma de frear ao rival, que se abría camiño con moita facilidade para pasar a semifinais.

En definitiva, nesta segunda metade “aguantamos o que o físico permitiu”, declaraba Carlos Cantero. O técnico rematou o partido e tempada orgulloso das súas xogadoras por todo o conseguido.

O balance desta gran tempada queda lixeiramente ensombrecido por esta derrota final. Porén, cabe recordar que este é o segundo curso consecutivo no que as lucenses se clasifican como sétimas na LF Endesa e no que compiten na Copa da Raíña. Todo un logro para un Ensino que aínda ten moito camiño que percorrer.

⛹️‍♀️🏀Playoff #LFEndesa

👉O @EnsinoLugoCB pecha unha gran temporada malia perder 82-54 co @valenciabasket de @raquelcarrera_ ‼️

👏👏A ourensá foi felicitada polo equipo lugués tras o remate do encontro👏👏

(Vídeo sen audio 🙏🙏) pic.twitter.com/yIOVSpbKEe

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 16, 2021

FICHA TÉCNICA

82) VALENCIA BASKET CLUB: Cristina Ouviña (16), R. Allen (9), L. Romero (11), C. Trahan Davies (21) e M. Gulich (11)  – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Gómez (-), Segura (2), Casas (-), Juskaite (7), Carrera (5), Gil (-) e Pina (-).

54) DURÁN MAQUINARIA ENSINO: Hempe (10), Stanacev (5), Aliaga (5), Oma (3) e Sánchez (6) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Natalie Van den Adel (8) e White (7).

PARCIAIS: 18-13, 17-19, 25-14 e 22-8.

ÁRBITROS: José María Terreros, Antonio Manuel Zamora e Alberto Lázaro.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á volta de cuartos de play-off disputada no pavillón municipal Fuente de San Luis.

Etiquetas baloncestobasketCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLF EndesaLiga Femenina EndesaLiga Feminina EndesaRaquel CarreraValencia Basket
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.