Despois dunha axustada victoria fronte ao Embutidos Pajariel Bembibre, o Durán Maquinaria Ensino viaxa este venres, 6 de novembro, a Cataluña para enfrontarse ao SPAR Girona, terceiras na clasificación. O encontro desta décima xornada da Liga Femenina Endesa disputarase ás 19:30 horas no Pabellón Municipal de Fontajau.
“Son xogadoras moi profesionais, que van seguir xogando e van saír á pista a gañar o próximo partido, sexa co adestrador que sexa, como se non teñen adestrador”. Así define Carlos Cantero, adestrador do Ensino, a un rival que ven de gañar cunha vitoria folgada o seu primeiro partido con Alfred Julbe como técnico tras a destitución de Eric Surís.
Carlos Cantero, adestrador do Ensino, fala sobre o rival o SPAR Girona que muda de adestrador: “Son xogadoras moi profesionais, que van seguir xogando e van saír á pista a gañar o próximo partido, sexa co adestrador que sexa, como se non teñen adestrador”
Así, este será o debut de Julbe ao fronte do banco das de Girona en casa, aínda que non poderá ser ante a súa afección, xa que o encontro disputarase a porta pechada debido ás actuais restricións por mor do coronavirus.
O SPAR Girona chega con boa sensacións despois de gañar por máis de 30 puntos ao seu anterior rival, nun encontro no que destacou Sonja Vasic, con 14 puntos, 11 rebotes e 20 de valoración. Pola súa banda, as de Lugo confían en Merritt Hempe, actual terceira máxima anotadora da competición e que foi elixida MVP polo público no partido fronte ao Bembibre.
Un encontro importante para o Ensino fronte a un dos grandes da categoría
Cantero recoñece a profesionalidade das xogadoras catalás e non cre que isto afecte ao seu rendemento xa que “son xogadoras con moito talento, moita calidade e non van cambiar nada a corto prazo”.
Unha confianza que tamén ten no seu propio equipo, xa que non lle preocupan as baixas rotacións: “Preocúpame máis de cara ao día a día nos adestramentos. É certo que cunha ou dúas xogadoras máis a calidade dos adestramentos mellora, e é o que precisamos. Pero á hora de competir e xogar, temos un break despois deste partido que axudará en todo o tema de recuperar ás xogadoras e de que veñan xogadoras novas” reflexiona.
Carlos Cantero, técnico do Ensino: “Á hora de competir e xogar, temos un break despois deste partido que axudará en todo o tema de recuperar ás xogadoras e de que veñan xogadoras novas”
En liñas xerais, o adestrador do Ensino móstrase contento e fai unha lectura positiva do que vai de tempada e asegura que encaran o próximo partido contra un dos grandes da categoría, que gañou oito dos nove partidos xogados, como un encontro importante, no que “temos que competir e dar a nosa mellor cara”.
Villegas segue de baixa e Hempe está entre algodóns
A recente lesión no xeonllo de Alicia Villegas, que a manterá lonxe da pista o que resta de tempada, limita os cambios que pode facer Cantero. A isto, se lle suman as molestias da máxima anotadora do anterior encontro, Merritt Hempe, que segue con certas sobrecargas no isquio, polo que previsiblemente contará con menos minutos.
O corpo arbitral para o encontro deste venres ás 19:30 horas en Fontajau, que poderá seguirse pola Televisió de Girona e o canal FEB, estará formado por Víctor Mas Cagide, Guillermo Ríos Marcos e Pablo Rodríguez Fernández.