Todo indica que o ENCE Marín Futsal puxo fin a súa serie de resultados adversos. As xogadoras que adestra Raúl Jiménez encadean unha segunda vitoria consecutiva. Primeiro vencían ante o Ourense Envialia (1-0), e agora colleitan un triunfo ante a AE Penya Esplugues por 0-2. Non foi doado. O conxunto local empregouse a fondo e non tivo o gol de cara, ou máis ben, topou de fronte con Silvia Aguete que evitou que as súas ocasións se materializasen.
O máis importante é que, froito destes últimos resultados, as galegas están a once puntos dos postos e descenso no seu primeiro ano na elite. Recuperando as sensacións da primera parte da competición, onde foron un equipo que sorprendía, as de Marín suman outra vez de tres. Así o recoñececía ao final do partido o técnico das galegas, Raúl Jiménez: “Son tres puntos importantísimos, estamos a 11 do descenso, e un paso grandísimo para manternos”
Aos dous minutos de partido xa se puñan por diante as xogadoras do ENCE Marín Futsal cun tanto de Ceci que tiraba partido dun rexeitamento en curto de Clara Sitjas.
Era demasiado cedo como para que un único tanto condicionase o partido así que o encontro contou con ocasións para ambas as dúas escuadras. A Penya Esplugues chegou a mandar un balón ao travesaño. O ENCE Marín Futsal xogou dun xeito intelixente, sen perder a perspectiva, contendo as chegadas locais e controlando moi ben o partido en defensa.
Malia esa seriedade na zaga, non deixaron de intentar sacar partido das súas ocasións as futbolistas que prepara Raúl Jiménez pero o marcador non se movería ata o minuto 38. Lucía, roubaba o esférico e, desde cancha propia, enviaba dun certeiro disparo o balón directamente ás mallas coa porta vacía xa que o a Penya Esplugues tiña optado polo xogo de cinco e, polo tanto, non tiña a ningunh xogadora baixo paus. Foi o 0-2 e a puntilla para as locais.
Deste xeito o ENCE Marín Futsal levaba os tres puntos froito dun gran traballo defensivo, a garantía de contar con unha porteira da talla de Silvia Aguete baixo paus, e a oportunidade de ser quen de anotar as ocasións das que dispuxo.
#PrimeraRFEF #futsalfeminino@PenyaEsplugues 0️⃣@marin_futsal 2️⃣
Las chicas de @jivanr10 lo dieron todo y falto el gol que no quiso entrar .@ACFSFfutsal @live_vuvuzela @SomosFutsal @FutbolCatala2 @SoloFutSal_ pic.twitter.com/Ckp7MYxPgG
— AE Penya Esplugues (@PenyaEsplugues) March 12, 2022
Próximo reto do ENCE: vencer ao Sala Zaragoza
Na próxima xornada o ENCE Marín Futsal recibe ao Sala Zaragoza que vén de ser derrotado polo Burela na súa propia cancha por 2-5. Será unha bo test para as de Marín xa que as mañas está a un paso dos postos de descenso e son un rival diante do que non deben fallar e deberan esforzarse ao máximo para deixar atrás na táboa clasificatoria.
Agora mesmo o conxunto que adestra Raúl Jiménez conta con 26 puntos no seu haber froito de 8 vitorias, dous empates e 10 derrotas tras 20 partidos. Se hai equipos ante os que non pode fallar son aqueles que ten por debaixo, como é o caso do Sala Zaragoza. O obxectivo das galegas, a permanencia, está cada vez un pouco más preto.
FICHA TÉCNICA
0) AE PENYA ESPLUGUES: Clara Sitjas; Cèlia Catà, Berta Velasco, Pilar Ribes e Belén Entrena – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Ruth Aurín, Martita, Marta Collado, Alba, Laia Beltrán e Aína Torrents.
2) ENCE MARÍN FS: Silvia Aguete; Ceci, Jessy, María León e Pau – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Adriana, Gaby, Dani Fleitas, Mara e Lucía.
GOLES: 0-1, min. 2 Ceci. 0-2, min. 38 Lucía
ÁRBITROS: Iván López e Brian Torquemada. Recibiu cartón amarelo Pilar Ribes do conxunto da AE Penya Esplugues.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á vixésima xornada da Primeira División do fútbol sala feminino da RFEF, disputado no CEM Les Moreres.