• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Superliga Feminina 2 Volei

O Emevé levase o partido ante o Dos Hermanas cunha espectacular remontada (2-3)

Lideradas por Lucía Prol, as lucenses reencontranse coa vitoria en Sevilla despois de dous meses sen gañar

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/01/2021
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
O Emevé venceu ao Cajasol, coa gran actuación de Prol, Lavado e Urrea / Inma Lavado IG

O Emevé venceu ao Cajasol, coa gran actuación de Prol, Lavado e Urrea / Inma Lavado IG

156
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As xogadoras do CV Arenal Emevé tiveron que viaxar ata Sevilla para reencontrarse coa vitoria e sumar dous puntos vitais para lograr o obxectivo da permanencia. Unha gran remontada do equipo dirixido por José Valle fixo que o Cajasol Voley Dos Hermanas caera derrotado cun 2-3 en casa, na 15ª xornada da Liga Ibedrola de Voleibol da RFEVB.

O retraso na volta á competición das andaluzas pasoulles factura. Ao non poder disputar o partido ante o Algar Surmenor, as locais levaban sen xogar a competición regular desde antes do parón de Nadal, e a falta de rodaxe castigounas coa derrota.

‘Plot twist’ na tempada de cinema do Emevé

Esta ‘tempada de cinema‘ non está deixando moitos galardóns ás lucenses, pero cando o fai, non é sen méritos. Desta vez, foi necesario un xiro de guión materializado nunha remontada que permitiu ás galegas reencontrarse coa vitoria.

O 14 novembro foi a data da última vez que o Emevé sumou unha vitoria. Entón tamén foi a morte súbita a que determinou o encontro favorable para as lucenses contra o Cartagena Algar Surmenor (2-3).

Nesta ocasión, os primeiros compases do partido situaban a balanza a favor das andaluzas. A intensidade ofensiva do xogo local permitiulles levarse o primeiro set.

Na metade desta manga o Cajasol xa vencía de cinco puntos, pero as loitadoras presionaban e empataron o encontro deixando o marcador nun 15-15. As andaluzas non baixaban os brazos e foron quen de defender a vantaxe inicial, rematando o primeiro tempo nun 25-20.

No seguinte set a dinámica foi similar, pero o Emevé logrou situarse desta vez por diante. As visitantes aguantaban a presión, mentres as andaluzas achegábanse perigosamente no marcador. No ecuador da manga as galegas vencían por tres puntos, e Magú pedía un tempo morto no banco local.

As directrices do adestrador xurdiron efecto nas xogadoras do Cajasol, e cun parcial 3-0 igualaban ás lucenses. Ambos equipos loitaban por levase o segundo tempo, chegando ao empate no 17-17. O pulso seguía a medida que avanzaban os minutos e case ao final, as andaluzas poñían o punto de set cun 24-23.

O Emevé salvou entón a bola aproveitando os erros en defensa das locais, pero estas sacaron proveito tamén dun fallo rival. Así, colocáronse por diante e pecharon o set cun 26-24, deixando o global en 2-0.

Inicio da remontada

O duelo poñíase costa arriba para as galegas, que non deixaron de loitar cada balón coa esperanza de sumar puntos para o seu casilleiro. O Cajasol confiouse co 2-0 e baixou a intensidade, feito que aproveitaron as loitadoras para presionar.

O Emevé ampliaba a vantaxe no electrónico sen que as andaluzas puideran facer nada para impedilo. Cun gran terceiro set (17-25), o partido aínda non estaba decidido.

A cuarta manga repetiu os acertos galegos e erros andaluces. O Cajasol acusou a falta de ritmo, perdido no anterior set, e o Emevé non perdoaba. Os tempos mortos solicitados polo adestrador rival non xurdiron efecto e a mediados do set as galegas levaban unha vantaxe de seis puntos.

As locais case logran o empate, achegándose perigosamente no marcador, logrando un 22-23 despois dun excelente parcial. Pero as loitadoras aínda tiñan moito que dicir e non se viron abaixo. Aproveitándose do contrincante, as de Valle atribuíronse o cuarto set, deixando o global en 2-2.

A base de esforzo e acerto, as lucenses levaron o encontro ata o tie break. Seguindo a incercia positiva, o Emevé deixaba sen opcións ao conxunto local. Desde o inicio deste quinto set, as galegas tomaron a iniciativa. Así, as visitantes non soltaron a vantaxe e lograron unha fazaña que lles mereceu os dous puntos da vitoria.

Lucía Prol, MVP da xornada

O bo xogo do Emevé tivo nomes propios. Lucía Prol, Sara Urrea e Inma Lavado foron as xogadoras máis destacadas do cadro lucense, pero tamén estiveron no Siete ideal Iberdrola.

Prol colocouse como a mellor xogadora da xornada, cunha gran actuación na que asinou 30 puntos, entre eles o da vitoria. A galega liderou ao seu equipo na remontada, e proclamouse máxima anotadora, sacadora e atacante, ademais de ser a terceira mellor receptora.

As súas compañeiras Urrea e Lavado tamén foron claves no xogo do Emevé. A primeira foi a segunda mellor sacadora da xornada, por detrás de Prol e terceira máxima anotadora. Pola súa banda, Lavado foi a segunda mellor bloqueadora.

Uns éxitos que teñen aínda máis valor tendo en conta o desenrolo do partido e o nivel das rivais. Winderlys Medina e Eliana González tamén se colaron entre as mellores xogadoras elixidas pola Federación Española.

Lucía Prol, do Emevé, MVP da xornada / RFEVB
Lucía Prol, do Emevé, MVP da xornada / RFEVB

FICHA TÉCNICA

CAJASOL VÓLEY DOS HERMANAS: Jimena Fernández, Judith Porras, Gisel Medina, Carla Moreira, Victoria Serrano e Andrea Silva. Tamén xogaron: Aylen González (líbero), María Rodríguez, Alba Ortiz e Victoria Van Eck.

CV ARENAL EMEVÉ: Carolina Camino, Marie Alford, Inma Lavado, Sara Urrea, Carla Jiménez e Lucía Prol. Tamén xogaron: Athanasia Liagki, Leann Bujan (líbero), Ainara Burgo e Marta Otero.

SETS: 25-20 / 26-24 / 17-25 / 23-25 / 12-15 (2-3).

ÁRBITROS: Carlos Portugal e Antonio Correa.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Iberdrola de voleibol no Pavillón Los Montecillos Dos Hermanas (Sevilla).

Etiquetas Cajasol Vóley Dos HermanasCV Arenal EmevéEmevéJosé ValleLiga Iberdrola VoleibolLucía ProlLugovoleiVoleibol
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.