• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

O Emevé cae de novo no ‘tie-break’ ante o Menorca

José Valle: "Xogamos un partido moi irregular" | As lucenses perderon por un 2-3 na casa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/12/2021
en Voleibol, Liga Iberdrola Volei
O Emevé cae de novo no tie-break ante o Menorca / EMEVE

O Emevé cae de novo no tie-break ante o Menorca / EMEVE

123
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Na última xornada disputada na Liga Iberdrola de Voleibol, o CV Arenal Emevé caeu derrotado na casa por un 2-3 ante o Avarca Menorca. As galegas repetiron o guion visto no partido de ida que as enfrontaba ás baleares, caendo no tie break. “Xogamos un partido moi irregular”, analizaría o seu adestrador, José Valle, tras o encontro.

Esta é a segunda derrota consecutiva das loitadoras de Lugo, que ocupan polo de agora ocupan a sexta posición, cun total de 17 puntos tras doce partidos disputados.

O mal inicio de partido marcou ás loitadoras

As xogadoras do club lucense víronse sorprendidas no primeiro set por un Avarca Menorca liderado pola a súa capitá, Maira Westergaard. Os erros na recepción das locais custáronlle as primeiras desvantaxes (5-8) que obrigaron a José Valle a parar o encontro. Non conseguiron dar coa tecla en ningún momento as lucenses que viron como os seus rivais xestionaron a distancia en todo momento ata apuntarse o primeiro set.

A historia do segundo foi ben diferente: coas locais moito máis enchufadas, o marcador reflectiu pronto vantaxes ao seu favor. Marta Otero, Carolina Camiño e Jimena Fernández atoparon as  diagonais con facilidade e o electrónico regresou ás táboas despois dunha manga moito máis acertada por parte do Emevé en todas as facetas do xogo.

O vento seguiu soprando a favor das lucenses nos primeiros puntos do terceiro set, cando Inma Lavado selou catro puntos consecutivos ao saque. Pepe Llorens, moi intelixente, parou o refacho cun tempo morto e a partir dese momento as súas comezaron a crecer ata darlle a volta ao electrónico (7-8). A dinámica fíxose preocupante cando tras tres puntos consecutivos das baleares (7-11) José Valle viuse obrigado a parar o duelo.

O Emevé ante o Menorca / EMEVE
O Emevé ante o Menorca / EMEVE

O técnico de Abadín introduxo tamén unha variante táctica coa entrada de Sara Urrea e a partir dese momento comezou un intenso intercambio de golpes entre ambos os equipos. O pulso durou ata o tramo decisivo, cando un Menorca máis acertado fíxose co set con dous puntos consecutivos (23-25).

As visitantes aseguraban un punto e un xerro de auga fría caía sobre o Municipal que esperaba a remontada do Emevé. Non cabían máis erros para as loitadoras se querían puntuar e iso quedou claro nos primeiros compases do cuarto set. Sempre por diante, as lucenses parecían camiñar cara ao tie break con firmeza, pero os descoidos comezaron a aparecer para devolverlle a vantaxe a Menorca (13-15).

Con outra pausa de José Valle as súas volveron tomarlle o pulso ao choque (16-15). De novo  ambos os equipos enfrontáronse a un escenario como o do anterior set coas forzas moi parellas, pero foi nesta ocasión o Arenal Emevé o que soubo apertar o acelerador para levar a resolución
do partido ao Tie Break (25-20).

De novo, como no partido da primeira volta e como a semana pasada en Dos Hermanas, a sorte foi esquiva ás lucenses na morte súbita e viron como se escapaba unha nova oportunidade sumar unha vitoria.

A falta de experiencia pásalle factura ao Emevé

No postpartido, o adestrador José Valle declarou en rolda de prensa que os altibaixos que deixa ver o equipo na competición non teñen polo de agora explicación: “En calquera tempada anterior estariamos falando da xuventude do grupo, pero non atopo explicación. O certo é que o grupo segue a ser moi xove, as xogadoras que determinan e se xogan os puntos non sobrepasan os 20 anos ningunha e entendo que será iso, pero honestamente xa non o sei”.

O preparador sinala que “temos o nivel físico, pero falta o factor psicolóxico e a experiencia e é aí onde estamos sendo irregulares”

José Valle en rolda de prensa / EMEVE
José Valle en rolda de prensa / EMEVE

No relativo ao encontro ante o Avarca Menorca, Valle asegurou que as súas xogadoras iniciaron o partido mal, mentres que o rival “é un equipo que vén de xogar o play off e Copa os últimos 10 ou 12 anos seguidos. Obviamente vai buscar ese obxectivo. Nós somos un equipo que debería ir medrando pero estes partidos demostran que temos moitísimo por mellorar e traballar”.

Valle: “Temos moitísimo por mellorar e traballar”

O Emevé terá descanso ata o día 27, unha pausa “máis que merecida”. Á volta, o equipo traballará o apartado técnico “porque necesita unha evolución neste sentido”. Ademais, as loitadoras prepararán xa o partido ante o Haro, programado para o 8 de xaneiro.

Así mesmo, o Emevé agarda a chegada de Massiel da que Valle espera que aporte “ese puntito de experienica que nos falta”.

Etiquetas Arenal EmeveCV Arenal EmevéCV EmevéEmevéJosé ValleLiga Iberdrola VoleibolLugovoleiVoleibol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O concelleiro Jorge Bustos no pavillón municipal / CONCELLO DE LUGO

Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello de Lugo utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

As entidades deportivas do Concello de Lugo poderán presentar as súas peticións para o uso de balde de instalacións municipais,...

Lugo acolle o Campionato de España Júnior feminino de voleibol / CV ARENAL EMEVÉ

Lugo convértese no epicentro do voleibol estatal co Campionato de España Júnior Feminino 

por Redacción As Nosas
13/05/2025
0

  O Campionato de España Júnior Feminino de voleibol celebrarase en Lugo xuntando ao 32 mellores equipos do país e...

Alberto Chaparro, novo adestrador do CV Arenal Emevé na Liga Iberdrola para o curso 2025-26 / CV EMEVÉ

Alberto Chaparro, novo adestrador do CV Arenal Emevé na Liga Iberdrola para o curso 2025-26

por Redacción As Nosas
09/05/2025
0

 Alberto Chaparro dirixiu equipos na máxima categoría estatal e formou parte do corpo técnico da selección feminina de Suecia. “É...

O Aceites Abril Club Voleibol Ourense, campión da Primeira División Nacional / CV OURENSE

Aceites Abril Club Voleibol Ourense, campión da Primeira División Nacional

por Redacción As Nosas
27/04/2025
0

  O Aceites Abril Club Voleibol Ourense derrotou na gran final ao equipo catalán do Sant Quirze do Vallés por...

Presentación Campaña de abonados "SOMOS VOLEI" / CV ARENAL EMEVÉ

“SOMOS VOLEI” o CV Arenal Emevé lanza a súa campaña de abonados 24/25

por Redacción As Nosas
16/09/2024
0

  O CV Arenal Emevé presentou a súa campaña de abonados 24/25 que ten como lema SOMOS VOLEI O acto...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

15/05/2025
Liga Xunta de Galicia de Break Dance / XUNTA DE GALICIA

A Liga Xunta de Galicia de Break terá unha modalidade Open e outra federada na súa quinta edición

15/05/2025
O concelleiro Jorge Bustos no pavillón municipal / CONCELLO DE LUGO

Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello de Lugo utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

15/05/2025
Itziar Martínez / SPORTCOECO

Itziar Martínez abandona o Guardés despois de dous anos

13/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.