A escolta serbia Milica Ivanovic únese ao bloque de xogadoras do Durán Maquinaria Ensino. A deportista ponse ás ordes de Antonio Pernas.
Milica Ivanovic conta cunha “ampla experiencia na máxima categoría do baloncesto estatal e ligas europeas”, destacan desde o Durán Maquinaria Ensino ao presentala como reforzo do equipo que prepara Antonio Pernas.
Milica Ivanovic ten xogado no BAXI Ferrol
A deportista vén de xogar en EuroCup e suma o seu cuarto destino en territorio español logo as súas experiencias en terras de Logroño, Gernika e BAXI Ferrol.
Bienvenida, benvida, Добродошли Milica‼️‼️‼️ pic.twitter.com/nCpmB3Iycq
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) March 3, 2023